O 19 de outubro de 2009, escribiamos neste blogue:
O panorama de abundancia televisiva non tivo consecuencias no aumento da diversidade de contidos, e a oferta multicanal a través das diferentes plataformas é un bo exemplo.
Este fenómeno tamén se estendeu a algunhas canles obtidas polos concesionarios de TDT de alcance estatal [Disney Channel ou SET en Veo], feito que pon en evidencia a incapacidade dos operadores españois de TDT de encher con contidos orixinais as canles que lles foron outorgados e abre interrogantes sobre a legalidade destas opcións, posto que non respectan as condicións concesionais.
Tamén pon en dúbida a bondade do deseño do sistema de televisión froito do plan de TDT: se os operadores non son capaces de encher o espectro que lles foi concedido con canles de televisión con contiudos orixinais, e se os enchen con franquicias que xa están presentes nas plataformas de distribución multicanle, é evidente que non se contribúe á diversidade e o pluralismo.
Tirado do blog: guerrillatv.blogspot.com
Fonte orixinal: Informe de la Comunicació a Catalunya 2007 - 2008
Outras entradas de interese:
laguerradelosmedios.lacoctelera.net/post/2009/08/16/el-fracaso-la-tdt-espanola
chicadelatele.com/2007/10/16/el-timo-la-tdt-nos-viene
Hoxe, no mes de xuño de 2010, chéganos un informe da Asociación de Usuari@s da Comunicación [AUC], que podedes ler neste enlace, e que pón de manifesto que a moto que nos venderon [unha vez máis] co invento fantástico da "Tele Dixital", éche o timo da estampita: posibilidades técnicas e de contidos desaproveitados en troques dun intercambio de cromos de baixa cualidade entre as cadeas, cuxos donos son os mesmos [ou mesturados para disimular], para máis alegría de diversidade de opinións.
Outra cuestión é que tras o "apagón analóxico" ficaron sen licenza e sen posibilidades de emisión nas "plataformas dixitais" [máis grave esto último] canles de TV local, que non poderán emitir neses "cubículos dixitais", aínda que desexaren vulnerar a Lei en aras á libre discrepancia cos Administradores do dereito a libre expresión e da ordenación do espectro radioeléctrico, donde os Estados deberan limitarse e esforzarse a administralo con criterios verdadeiramente democráticos, mais que se vai agardar dos Estados o Capital e os seus monaguilhos.
Solución: apagade a tele e sintonizade unha radio libre, sen ir máis lonxe: Rádio FilispiM, 93,9 FM [Ferrol - Trasancos].
Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!