Tal e como prometimos enlazo nesta entrada o audio do himno da Comunidade Autónoma de Madrid na súa versión íntegra para orquesta e coro, ben direfente as enlazadas até agora noutros blogues e páxinas da internet [versións instrumentais coa recitación de Agustín García Calvo, gravazóns en video no Ateneo de Madrid, mesmo nas rúas de Madrid os 2 de maio, día da Comunidade, ou por mór das homenaxes a Tierno Galbán, nestes últimos casos interpretadas con entusiasmo a viva voz polo ferrolá Príncipe Galín].
A gravazón que vos oferecemos dende o blogue Divertimento para pequenos monstros é tal cual a emitían en Radio 3 RNE, cara o ano 1989, como sintonía de inicio e fin do espazo PENSAMIENTO 3 [ver enlaces a estes audios]. Esta versión que oferezo atopeina nunha gravación dese mesmo programa que agachaba unha vella cinta de casete no meu arquivo sonoro.
O certo é que as condicións non eran as mellores e tiven que fazer encaixe de boliños para que recuperar o seu son [xa na súa versión orixinal rexistrado con modestos resultados]. Se ninguén me contradí, esta versión está interpretada pola Coral de Cámara de la Comunidad de Madrid, dirixida por Miguel Groba, que mesmo se constitúe no ano 1984. É unha mágoa que este Coro non teña gravado unha versión actualizada e coa cualidade de son que merece. Ao tempo é significativo.
O Himno da Comunidade de Madrid [1984] é certamente un contra-himno, peza controvertida para uns, para outros unha alfaia, para a Administración á que simboliza [Comunidade Autónoma de Madrid] un estorbo ao que se lle deu a "xusta" difusión [Lei de quenda] e ponto. O único interes que semella suscitar a partitura é o desexo de que pase ao esquecemento o antes posíbel.
Xunto a esta entrada atoparedes algúns enlaces a outras web, blogues ou foros para que teñades máis datos do controvertido encargo de Joaquin Leguina, daquela Presidente da Comunidade Autónoma de Madrid, aos compositores Pablo Sorozábal Serrano [música] e Agustín García Calvo [letra].
Como anticipo a toda isa información que enlazamos ao pé: contan as crónicas que Agustín García Calvo [Zamora, 1926] cobrou a cantidade simbólica de 1 peseta pola letra do himno e que Pablo Sorozábal Serrano [Donostia, 1897-1988] nunha carta dirixida a Joaquín Leguina, comentaba: “El mejor medio de expresarle la gratitud por realizar el encargo de la música del himno de Madrid, consiste en renunciar al cobro de honorarios. Le ruego, acepte mi renuncia a dichos honorarios y la interprete como un acto de solidaridad hacia usted y sus colaboradores ante las, por desdicha, previsibles campañas contra esta empresa que han de desatar sin duda poderosos grupos portavoces de intereses e ideologías antipopulares".
Que ben anticipou a controversia o músico donostiarra!
Ademáis, contan que o compositor Pablo Sorozábal fixo a música logo de ter coñecemento da letra. Deste xeito compuso unha obra marabillosa e melodiosa [así se chega a reproducir nun encontro en homenaxe ao músico], mais por decisión expresa de Agustín García Calvo se lle fixo cambiar, para que soara a marcha militar [algo fúnebre], semella que unha chiscadela de burla aos Himnos comúns.
Aquí tedes a versión íntegra de la Orquesta y Coro de la Comunidad Autónoma de Madrid, del himno de la Comunidad Autónoma de Madrid. Podedes ouvilo, descargalo e difundilo polo mundo:
Descargar o audio
Fontes e enlaces de interés:
El Pais [hemeroteca histórica]: “El himno de la Comunidad de Madrid ha costado una peseta” [05/10/1983]
Blogue [interesantes comentarios e videos]: Conspiración de silencio [09/05/2010].
Blogue [controversias na rede]: Controversias.
Editorial de Agustín García Calvo: Lucina.Letra do himno da Comunidade Autónoma de Madrid: Wikipedia.
Foto : Agustín García Calvo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!