5 de novembro de 2008

Radio comunitaria arxentina clausurada por denunciar contaminación.

A Comisión Nacional de Comunicacións (CNC) e a Policía Federal Arxentina secuestraron os equipos de FM Punto Cero, da localidade de Alberti, provincia de Bos Aires. A radio comunitaria andaba a denunciar a contaminación ambiental no lugar.
A orde de violación da morada foi ditada por un Xuiz federal da localidade bonaerense de Mercés, e executada poucas horas despois pola CNC e a policía. Os responsábeis da emisora aseguraron que se trata dunha "xogada política" das autoridades do municipio e a provincia, que foron denunciadas en antena como responsábeis da contaminación na rexión.

FM Punto Cero tiña sido a única emisora que transmitía en directo as sesións do Consello Deliberante da localidade e desenvolvera investigacións sobre os negocios dos funcionarios públicos.

A radio denunciou a "desidia dos gobernantes locais en materia de medio ambiente" a través dun material xornalístico sobre o vertedoiro ao descuberto e a pranta depuradora de refugallos cloacales que desemboca sen tratamento sobre o río da zona, o Río Salgado.

Tamén a radio falou da contaminación provocada por derrámelos de fertilizante da firma Rifara e a complicidade dos funcionarios.

Os responsábeis da radio, apresentaron unha medida cautelar ante o xuíz con 121 sinaturas de veciños da pequena localidade bonaerense para denunciar a persecución á independencia e a liberdade de información e expresión desta radio comunitaria.





Reporte e audio publicado pola rede Más Voces (URCM) : www.masvoces.org
Traduzón: Pequeno Monstro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...