14 de marzo de 2023

Textículos by me (Divertimento para pequenos monstros). Radio Kaos, xullo 2000.

Sempre sintonizando

No verán del 2000 realizamos para Radio Kaos, mítica e desaparecida emisora universitaria do campus de Serantes-Ferrol, unha edición especial de Divertimento para pequenos monstros que titulamos Textículos by me, por aquelo dos textos. Nesta ocasión atopamos un programa realizado con poemas/narracións/bombas de Suso Suciedad (Manchita) e  André Pequeno Monstro

Alguns dos "textículos" e músicas que sonaron (sinaladas cun "?") non logrei identificalas, son benvidas pistas en comentarios. Por orde de aparición:

- Sintonia: Bernardo Bonezzi/St. Louis - Banderas.
- Fad Gadget - Collapsing new people.
- Texto: "A menudo el poema nace" (André) - fondo: Richard Souther - The long riders.
- The Cure - Other voices.
- Texto: "Desvanecimiento" (Suso) - fondo: Iury Lech (?)
- Música: Die Form (?)
- Texto: "Silencio en tu boca" (André) - fondo: David Lanz (?)
- The Cure - Standing on a beach.
- Texto: "No es malo el matar el amor de la amanita" (Suso) - fondo: Iury Lech.
- Baby Horror - Sangre y alcohol.
- Indicativo (mús: Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout).
- Ecodalia (?)
- Texto: "No hace mucho tiempo que te estoy mirando..." (André) - fondo: Iury Lech (?)
- Música: Roxy Music - More than this.
- Texto: "Amor de luna" (Suso) - fondo: Iury Lech (?)
- Estación Victoria - París.
- Indicativo (mús: Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout).
- Texto: "Puñal y verso" (André) - fondo: David Arkenston - Under the canopy.
- Roxy Music - The space between.
- Texto: "Poema puñal" (Suso) - fondo: Iury Lech (?)
- Fad Gadget - Collapsing new people.
- Indicativo/sintonía final (mús. Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout).

Disfrutade dos poema-puñal.

Data emisión: xullo/2000
Emisora: Radio Kaos (Serantes-Ferrol).
Guión, textos, mandos técnicos: André pequenomonstro.
Invitado, textos: Suso Suciedad-Manchita.
Voz indicativos sonoros: Ana Lucecú.

7 de marzo de 2023

Textículos by me (Divertimento para pequenos monstros) - Radio Kaos, 11/07/2000

Praias de Covas (Ferrol)
foto: André C. Pastor

No verán del 2000 realizamos para Radio Kaos, mítica e desaparecida emisora universitaria do campus de Serantes-Ferrol,  unha edición especial de Divertimento para pequenos monstros que titulamos Textículos by me, por aquelo dos textos. A radio transformábase nun posto de socorro nunha praia imaxinaria, desde onde viamos atardecer... Ao final do programa comentamos unha envexable axenda de concertos e festis, daquel xullo del 2000.

Na locución, mandos técnicos, guión e textos estaba André pequenomonstro. Na locución e axenda cultura, a imprescindible Ana Lucecú. Un programa rescatado dunha cinta casete e até hoxe inédito na rede. Haberá máis...

Algunhas músicas que identificamos entre os "textículos":
- Bernardo Bonezzi & St. Louis (Banderas).
- Salsoul Orchestra.
- Tav Falco (Love´s last warning).
- Chafino.
- Francis Lai (Bilitis).
- Sweet Box (Everything´s gonna be alright).
- Bartolomé Ferrando (Desde el principio).
- Pink Floyd (Dark side of the moon)
- Meteosat (Mis muñecas).
- Julio Bustamente.
- Steve Reich.
(...)

Disfrutade do "baño"...

Data emisión 11/07/2000
Emisora: Radio Kaos (Serantes-Ferrol).
Locución/guión/mandos técnicos: André pequenomonstro / Ana Lucecú.

11 de marzo de 2020

Divertimento - O Pp sanciona a Fundaçom Artábria na homenaxe a Carvalho Calero - Entrevista a OS CEMPÉS, Tentemozo - Represión en Mercadona Ferrol.

(Resubida, 31/05/2012)

Edición especial do xoves 31 de maio de 2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM]. 

Contidos:

  • Primeiras dificultades para a burocracia sindical no setor naval de Ferrol. Unidade de acción, SI. Unidade na traizón, NON.
  • O galego, unha lingua para máis de 200 millóns de persoas, entre as 30 linguas máis usadas na internet e no mundo. Supera os prexuizos.
  • Entrevista a Vitor Santalha e Joam Lopes, Fundaçom Artábria. Homeagear ao literato Carvalho Calero é infraçom grave e sancionábel, para o Partido Popular e a sua policia.
  •  Conexión coa concentración en apoio a Alberto e a súa compañeira, despedido e acosada, respeitivamente, polos responsábeis de Mercadona en Ferrol.
  • Entrevista con Óscar Fernández [zanfona] e Ramón Dopico [percusión], do grupo folc OS CEMPÉS, co gallo da presentazón do seu novo álbum: Tentemozo.
  • Axenda de concertos e loita.
Conducen: Ana Lucecú e o André Pequeno Monstro.

1 de xaneiro de 2020

Diego Antonio Barcia está vivo! (actualizado, 03/10/2022)

Diego A. Barcia nunha festa de Rádio Filispim
foto: pequenomonstro

En maio de 2016 este blog publicou dúas entradas en lembranza a Diego A. Barcia, compañeiro naquel tempo de Rádio Filsipim, de quen se sospeitaba fora morto en Siria en 2012: 

https://pequenosmonstros.blogspot.com/2016/02/in-memoriam-diego-barcia-divertimento.html 

https://pequenosmonstros.blogspot.com/2016/05/diego-barcia-en-discontinuidade-radio.html

Hoxe, tres de outubro de 2022, dez anos despois daquelas inquedantes novas, veño de atoparme con Diego persoalmente e, tras unha longa conversa, comprobar que está en perfecto estado. Diego aseguróume que durante estes dez anos estivo retido en diversas prisións sirias.

Benvido a casa, Diego!

24 de setembro de 2019

Divertimento - Quant e Xosé, de Rádio Clavi, secuestrados por un monstro.

Radio Clavi, emisora comuntaria de Lugo.


(Resubida, 23/04/2009)

Oscar, Miguel e Alberto Amigo, do supergrupo ferrolán Quant, protagonizaron esta edición de Divertimento para pequenos monstros. Ao través dos micros de Rádio Filispim de Ferrol (redifusión para Radio Piratona de Vigo), falaron do seu primeiro disco grande titulado: New adventures in full colour. Unha combinación de amateurismo e sabia estratexia de camello, da que poderás saber máis se procuras no "discurso" dos propios Quant. Pequenas xemas pop, destinadas a ser pinchadas en radios independentes e disfrutadas por pequenos monstros.

Ademáis, no programa contamos con Xosé, integrante da emisora libre de Lugo, Radio Clavi, Un outro elo da comunicación alternativa no país galego, que logo dun parón na súa xa longa andaina, procura a volta ás ondas.

Cara o final do programa recibimos unha chamada telefónica de Cholo.

Emisión: Rádio Filispim, estudio Ateneo Ferrolán.
Data: 23 de abril de 2009.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Bola extra. Video tirado do programa da TVG "Banda Curta", no que os Quant (e outros tipos sospeitosos como Roger de Flor) forman parte dun especial adicado ao Pop que se está a producir na comarca de Ferrol.

22 de setembro de 2019

Divertimento - Post VI Conspiratorio por unha radio libre (abril, 2009)

Troco Ferrol na Feira de Colectivos (VI Conspirando) 

(Resubida, 16/04/2009)

Post-conspirar:
Verbo intransitivo. Acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo e ferrolano unha vez ao ano (Diccionario de conceptos filispinianos).

Ben podería ser unha definición do que fixemos nesta edición do Divertimento para pequenos monstros. Amplificamos as reflexións e voces dalgunha das organizacións participantes na II Feira de Colectivos na Praza do Inferniño de Ferrol, dentro da VI edición do Conspirando por unha Rádio Libre, celebrado o 9 de abril de 2009:
  • Rafael Pillado (Comité de Emerxencia Ría Ferrol e Fuco Buxán).
  • Enrique Barrera (Fuco Buxán).
  • Xoan López (Comité de Emerxencia Ría Ferrol).
  • Alexandre Carrodeguas (Comité de Emerxencia Ría Ferrol).
  • Nes (ADEGA).
  • Juan Antonio Vázquez & Araceli Tzigane (Mapamundi e Tragasóns)*
  • Xabier Porto (Unión Libertaria).
  • Rebeca (Fundaçom Artábria).
  • Solidariedade Internacional Galiza.
  • Iago (BRIGA).
  • Cristina (Ateneo Ferrolán).
Ademáis, falamos da II Semana da Poesía Salvaxe e botamos unhas pezas.

(*) Grazas a Miguel Castro Serantes pola colaboración nas entrevistas a Mapamundi e Tragasóns.

Emisión: Rádio FilispiM (estudio "Metro Cadrado", Ateneo).
Data: 16/04/2009
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.

17 de setembro de 2019

Divertimento - Conversa con integrantes do CSO A Estación de Pontedeume e CSO As Atochas de Coruña (9/12/2010)


(Resubida, 9/12/2010)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros de 9 de decembro de 2010, achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do CSO Casa das Estación de Pontedeume. Chini e máis Jesús, faláronnos desta centro social, autoxestionado e ocupado, tan cercano a nós.

Ademáis, tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO Casa das Atochas en A Coruña. Iste centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" polas institucións e tinglados comerciais. Así, o CSO Casa das Atochas é un referente, canto a xestión de social autoxestionado e ocupado, en pleno centro especulativo da cidade herculina. Mais, alguén non o entende así (semella que hai demasiada organización fóra da "organización"). A  chamada Xustiza ten dictada unha orde de desaloxo do Centro Social das Atochas, para o xoves 9 de decembro de 2010.  Máis información nestrouto Divertimento.

Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Data: 9/12/2010
Emisión: Rádio Filispim, Ferrol.

Divertimento - Casa Encantada de Compostela. Conversa con Fran del Buey (2001)

Casa Encantada de Compostela (2003)

(Resubida, 04/2001)

Edición de Divertimento para pequenos monstros na que recuperamos unha conversa con Fran del Buey nas ondas de Radio Fene en 2001, verbo do proceso de desaloxo do Centro Social Autoxestionado Casa Encantada de Compostela, do que, naquela altura, fixemos seguimento en diversas edicións. Fran, falános entre outras cousas, de como a administración socialista de Sanchez Bugallo foi quen de modificar o Plano Especial de Proteción do Casco Histórico de Compostela co obxecto de especular no compostelán barrio do Sar, coa construción de vivendas de luxo a través dunha construtora. O centro social autoxestionado Casa Encantada, foi un exemplo de organización autónoma de coletivos de todo tipo na Galiza: PreSOS (dereitos), Ultreia (LGTBI), Negativo/Positivo (fotografía), Marcha Mundial das Mulleres (feminismo), Rádio Kalimera (medios libres)...

Emisión: Radio Fene, agosto 2002. Gravación conversa con Fran del Buey: abril 2001.
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.


Imaxe: mobilización contra o desaloxo (fonte: Novas da Galiza)
Máis info: Rebelion.org

16 de setembro de 2019

Divertimento - Un repaso ao movimento libertario en Ferrol, ás portas do 1º de Maio



(Resubida, 30/04/2009)

Recuperamos esta edición de Divertimento para pequenos monstros onde, ás portas do 1º de Maio, conversamos con Xabier Porto, integrante da CNT e do Espazo Libertario de Ferrol, nun repaso ao movimento libertario na nosa cidade, que vai desde a emisión do programa en 2009, pasando pola súa historia máis recente (Ateneo Libertario Francisco Iturralde, Unión Libertaria) até a Escola Racionalista Ferrolá, nos anos 30.

Emisión: Rádio FilispiM, Ferrol. Estudio: Caranza. Data: 30/04/2009
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...