O que fora até hai uns días Director Adxunto de Radio 3 [xunto a Lara López], así como condutor de estupendos programas de radio adicados a difusión de músicas [El ambigú, Sólo para ellas, La madriguera, mesmo copresentador nos oitenta do Diario Pop], foi botado pola Dirección de RNE, pola porta falsa do mes de xullo do ano 2010.
Valga dende este minúsculo blogue a nosa consideración e solidariedade co mestre da radio musical sen fronteiras e compromisos [estilos, intereses comerciais]: Diego Manrique, quen tantas cousas e músicas aprendeunos nas tres últimas décadas e do que agardamos seguir aprendendo, pois dende aquí reclamamos a súa readmisión, con todos os seus dereitos, a súa casa: Radio 3.
Atoparedes surtida información do acontecido nos seguintes enlaces, xa que [como concluiredes pola "variedade crómatica" dos enlaces], tod@s están con ele:
De coñecerdes algún outro artículo ou páxina de apoio ao mestre Diego Manrique, non dubidedes en comentalo ao pé desta entrada. Obrigad@s, pequenos monstros!
Como si cada programa fuera el último. [Último programa emitido en directo, tras colarse Diego Manrique en Radio 3 e interromper os Ambigús pregavados previstos para o vrao]:
Podcast, últimos El Ambigú emitidos en Radio 3: - Podcast
A xente de Radio Pimienta do Norte de Tenerife [Canarias], convocan as Xornadas "CONTRA EL SILENCIO, TODAS LAS VOCES", denunciando o Decreto que pretende impoñer o goberno Canario e que prexudicará as Radios Comunitarias de dita Comunidade Autónoma. O vindeiro sábado realizarán a pé de rúa: programas en vivo, talleres e coordianarán unha "Exposición de colectivos sociales y de comunicación".
Ademáis achégannos o seguinte comunicado, que traducimos:
"Unha vez máis se demostra que a LIBERDADE DE EXPRESIÓN non existe nesta mal chamada democracia. Os grandes medios de comunicación de masas responden ás ordes das grandes empresas e aos seus aliados nos grupos de goberno, os que ven o dereito ao lucro, a enriquecerse, por encima do dereito das persoas".
"O dereito á comunicación queda así só ao alcance dos poderosos, que o utilizan en beneficio dos seus intereses para manipularnos. O Goberno de Canarias, amparado polo Goberno Español, usa como ferramenta de represión o Decreto sobre Servizos de Comunicación Audiovisual, mediante o que pretende outorgar, nun proceso totalmente falto de transparencia e control democrático, as 156 concesións de emisión por FM entre as máis de 400 emisoras que emiten actualmente en Canarias".
"Regulan un dereito a través dun Decreto no canto de facelo mediante unha Lei emanada do Parlamento de Canarias, máis apropiado ao ordenamento xurídico; é o particular xeito do Goberno de Canarias de exercer o poder ao servizo dos seus amigos e esbirros. Teñen intereses e obxectivos claros na repartición das licenzas, e, conforme a estes intereses, vanas a repartir."
"As Radios Comunitarias en Canarias convertémonos nunha ameaza contra a manipulación da información e os intereses dos grupos de poder das clases altas nas Illas, e nunha garantía para a libre expresión e a comunicación horizontal, desde abaixo e a pé de rúa, onde o máis importante son as persoas que viven, soñan e resisten desde o noso barrios e pobos. Unha ameaza constante que as institucións e os grandes intereses capitalistas queren impedir custe o que custe, ata o punto de intentar desaparecernos con esta nova ferramenta de REPRESIÓN en forma de decretazo. POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN: DEFENDE Os teus DEREITOS, DEFENDE a túa RADIO."
Estes días de xullo, aproveitando que o tempo acompaña, aproveito para darlle feiras ao carro e ir até o chollo dando unha camiñada. Xa de volta, de Caranza até Porta Nova, veño ben acompañado por unha amiga miña chamada Radio. Sí, dende hai tempo xa [síntoo María, engáñoche con outra].
Na sintonía de Radio 3[RNE], descubro e paladeo un programa chamado Carne Cruda presentado por Javier Gallego "Crudo", que me retrotrae aos mellores e lexendarios programas matutinos da outrora Radio 3: Caravana de Hormigas [J. Francia, Beltrán, Tamargo], Tiempos Modernos [Manolo Ferreras], El Ciempiés [Jaime Romo]... Así que, anímovos a escoitalo pois é do máis fresco e interesante do dial [exceptuando os contidos de Rádio FilispiM, hoxe tambén de feiras]. Ademáis, polo que estou a comprobar en outros foros, semella que non son o único que alédase da existencia de Carne Cruda na cociña da Radio 3, vede este enlace.
Neste mesmo blog xa vos pasei hai meses o audio da edición de Carne Cruda adicada aos 30 anos das radios libres e comunitarias no Estado español. Aproveitando esta reseña volo enlazo de novo, e déixovos cos comentarios que Javier Gallego "Crudo" fai no seu blog sobre os contidos de Carne Cruda:
"Este é o blog do programa Carne Cruda de Radio 3, unha carnicería radiofónica na que facemos picado a realidade social, sacámoslle os higadillos á cultura e abrimos en canle aos personaxes máis "rarunos" para servirchos frescos, sanguentos e coas tripas fóra."
"O noso menú de degustación componse de información contracultural, axitación social, activismo político, historias inauditas e personaxes singulares, aderezados con humor, ficción, reportaxes e as propostas musicais máis audaces e heteroxéneas. Pon toda a orella no asador que lle imos a dar un bocao."
Radios comunitarias de todo o mundo ultiman xa a Asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, AMARC, que se celebrará o próximo mes de novembro de 2010 en Arxentina. As anfitrioas do evento serán 21 radios comunitarias, centros de produción e comunicadoras e comunicadores sociais arxentinos.
Gorka Andraka, de Tas-Tas Irratia, de Bilbao, achéganos as impresións de María Pía Matta, vicepresidenta da Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC] en América Latina e Caribe. Pía Matta fala sobre os desafíos desta asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, do dereito á comunicación e da supervivencia deste tipo de emisoras de radio.
Audio e texto tirado do portal informativo Más Voces : www.masvoces.org
O noso compa daReMC, Javi García, pásanos este interesante enlace á publicación editada por AMARC e ALER: El Bit de la Cuestión.
O Bit da Cuestión, é un libro sobre a radio popular e comunitaria en era dixital.
O Grupo de Investigación sobre Novas Tecnoloxías de Ritmo Sur, programa conxunto de AMARC ALC e ALER, editou este libro.
Nesta publicación, o equipo elaborou unha serie de principios que se propón como unha guía para encarar a dixitalización da radio. Como punto de partida, afirman que "a introdución da radiodifusión dixital debe facerse de forma que permita un sistema de radiodifusión máis diverso e democrático".
O Bit da Cuestión propón construír unha visión que entenda a tecnoloxía como unha construción social e permita unha análise que abranga toda a complexidade que supón a dixitalización e os intereses que están en xogo. Un mapa da radio popular e comunitaria na era dixital.
O libro está distribuído polas radios asociadas a ambas as redes e pode descargarse e utilizarse baixo licenza creative commons.
Javi García [ReMC], achéganos este interesante artículo, que tambén afecta aos nosos medios comunitários:
A radio resístese a un apagamento analóxico como o da TV: Industria e AERC ven moi complicada a transición. [Servimedia, 08 de xullo de 2010].
A implantación da radio dixital en España estase convertendo nunha misión case imposible, e tanto o Ministerio de Industria como as cadeas de emisoras non esconden nestes momentos o seu pesimismo respecto da posibilidade de que poida lograrse a curto prazo un "apagamento analóxico" como o que se conseguiu este ano en televisión coa TDT.
A Lei de Comunicación Audiovisual obriga ao Goberno a aprobar antes de finais de 2011 un "Plano de Dixitalización da Radiodifusión Sonora Terrestre", que agora mesmo non parece factible, porque non hai acordo no sector sobre os estándares de difusión do sinal, os receptores nin a repartición do espectro.
"Temos 18 meses para aprobar o plan, pero o tema está francamente complicado, e a radio dixital non acaba de despegar polos problemas que estamos atopando cos receptores, os estándares comúns e a cobertura", recoñecía días atrás o subdirector xeral de Medios Audiovisuais do Ministerio de Industria, Fernando Castelo, nunhas xornadas sobre a Lei Audiovisual organizadas polo bufete Garrigues.
O impulso á radio dixital remóntase neste país a máis dunha década, cando o Goberno do PP anunciou a convocatoria de concurso de licenzas durante a etapa de Rafael Arias Salgado como ministro de Fomento.
"Desde entón, os operadores fixemos investimentos importantes para ter o sinal dixital no aire, pero é certo que se presenta moi díficil a chegada desta nova tecnoloxía que todos queremos, porque o futuro da radio ten que ser dixital", recoñece o secretario xeral da Asociación Española de Radios Comerciais [AERC], Afonso Ruiz de Assín.
Para as radios privadas, o problema ten a súa orixe en gran medida en que non hai consenso na elección da tecnoloxía idónea, nin en España nin no resto de Europa, "os radiodifusores non fan por iso campañas de promoción e entre a poboación existe un descoñecemento absoluto sobre a radio dixital".
Neste escenario, a AERC cre que é "absolutamente imposible pensar agora nunha data para o 'apagamento analóxico' da radio", e presaxia "un longo período de coexistencia entre o dixital e o analóxico; mentres, ofrecemos toda a nosa colaboración ao Goberno para sacar isto adiante".
Así as cousas, terá que pasar un tempo para a popularización desta radio, agora no limbo das ondas, que promete "máis calidade de son, menos interferencias e novos servizos engadidos".
Os Pequenos Monstros ficamos desconcertadas ao recibilo. Nós, limitámonos a volo transcribir tal como chegou:
Estimad@s filispin@s, tod@s:
O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todas e todos coñecésemos as razóns de tal “apagón” logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas [cumpriríanse en agosto deste 2010].
En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.
Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.
Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita do blogue: www.opaii.blogspot.com. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé da noticia.
Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:
OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.
OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.
OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!
OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].
OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.
OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.
OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.
OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!
OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… So tes que clicar no reprodutor de abaixo.
OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.
OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.
En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando.
Dende a ReMC [Rede estatal de Medios Comunitarios], á que pertence Rádio FilispiM, achégannos este video en clave de humor sobre a actualidade das radios comunitarias no estado español. Está realizado por estudiantes de comunicación da Universidade RJC, entre os que está a compañeira Alba Lucio [Radio Ritmo]. A súa duración é de 10 minutos.
Esta tarde escoitando unha das últimas emisións de Rádio Filispim [antes de que esta quede sumerxida na súa propia sintonía], non puiden sustraerme da tentación de lle sablear ao estupendo programa da Rádio Kalimera, Comochoconto [que tamén emite a Filispim], dentro do seu especial adicado ao Futebol, unha canción: Espanha, Espanha, bandera, bandera... de Tony Lomba [GZ].
Á mañanciña, índo cara o choio, dando unha camiñada dende Caranza até o centro, vin na outra beirarúa ao Pichi [un dos personaxes míticos de Ferrol, xunto ao Pachara], levaba unha pequena Bandeira espanhola, cheo de ledicia coma sempre... subía ele e ondeaba a bandeira... zas, zas... seguro agardando atoparse con algúen [que levara o meu camiño a inversa pero co mesmo destino] para lle dicir: "Mira que tengo. Una banderita!". Pregúntome, porque non lle darán a este home algo máis que insignias e bandeiras?.
Mais, nestes momentos de exaltación nacional española, donde "La Roja", anda a desempolvar as Bandeiras que permanecían esquecidas aló nos "chinos", non poido deixar de tararear esta canción, todo o día ela dándome voltas no maxín unha e outra vez, estes versos: "Jiménez Losantos y Ansón, desde la COPE, una radio liberal […] el que no sea facha a la hoguera […] el que no esté en ese camino se va pa la mierda. España, España bandera bandera...".
Pois iso, Tony Lomba [GZ], interpreta: "Espanha, Espanha, bandera, bandera...". Menuda mierda?
Melhor descontroladas que institucionalizadas. Mani*festa*acçom - Orgullo Gay em A Corunha, este sábado 26 de junho de 2010 a partir das 20:00 no Campo de Marte. Convoca Colectivo MariBolheras Precárias.
Video campanha Colectivo Maribolheras [2008]: A Igreja mata, apostata.
Tal e como prometimos enlazo nesta entrada o audio do himno da Comunidade Autónoma de Madrid na súa versión íntegra para orquesta e coro, ben direfente as enlazadas até agora noutros blogues e páxinas da internet [versións instrumentais coa recitación de Agustín García Calvo, gravazóns en video no Ateneo de Madrid, mesmo nas rúas de Madrid os 2 de maio, día da Comunidade, ou por mór das homenaxes a Tierno Galbán, nestes últimos casos interpretadas con entusiasmo a viva voz polo ferrolá Príncipe Galín]. A gravazón que vos oferecemos dende o blogue Divertimento para pequenos monstros é tal cual a emitían en Radio 3 RNE, cara o ano1989, como sintonía de inicio e fin do espazo PENSAMIENTO 3 [ver enlaces a estes audios]. Esta versión que oferezo atopeina nunha gravación dese mesmo programa que agachaba unha vella cinta de casete no meu arquivo sonoro. O certo é que as condicións non eran as mellores e tiven que fazer encaixe de boliños para que recuperar o seu son [xa na súa versión orixinal rexistrado con modestos resultados]. Se ninguén me contradí, esta versión está interpretada pola Coral de Cámara de la Comunidad de Madrid, dirixida por Miguel Groba, que mesmo se constitúe no ano 1984. É unha mágoa que este Coro non teña gravado unha versión actualizada e coa cualidade de son que merece. Ao tempo é significativo. O Himno da Comunidade de Madrid [1984] é certamente un contra-himno, peza controvertida para uns, para outros unha alfaia, para a Administración á que simboliza [Comunidade Autónoma de Madrid] un estorbo ao que se lle deu a "xusta" difusión [Lei de quenda] e ponto. O único interes que semella suscitar a partitura é o desexo de que pase ao esquecemento o antes posíbel. Xunto a esta entrada atoparedes algúns enlaces a outras web, blogues ou foros para que teñades máis datos do controvertido encargo de Joaquin Leguina, daquela Presidente da Comunidade Autónoma de Madrid, aos compositores Pablo Sorozábal Serrano [música] e Agustín García Calvo [letra]. Como anticipo a toda isa información que enlazamos ao pé: contan as crónicas que Agustín García Calvo [Zamora, 1926] cobrou a cantidade simbólica de 1 peseta pola letra do himno e que Pablo Sorozábal Serrano [Donostia, 1897-1988] nunha carta dirixida a Joaquín Leguina, comentaba: “El mejor medio de expresarle la gratitud por realizar el encargo de la música del himno de Madrid, consiste en renunciar al cobro de honorarios. Le ruego, acepte mi renuncia a dichos honorarios y la interprete como un acto de solidaridad hacia usted y sus colaboradores ante las, por desdicha, previsibles campañas contra esta empresa que han de desatar sin duda poderosos grupos portavoces de intereses e ideologías antipopulares". Que ben anticipou a controversia o músico donostiarra! Ademáis, contan que o compositor Pablo Sorozábal fixo a música logo de ter coñecemento da letra. Deste xeito compuso unha obra marabillosa e melodiosa [así se chega a reproducir nun encontro en homenaxe ao músico], mais por decisión expresa de Agustín García Calvo se lle fixo cambiar, para que soara a marcha militar [algo fúnebre], semella que unha chiscadela de burla aos Himnos comúns. Aquí tedes a versión íntegra de la Orquesta y Coro de la Comunidad Autónoma de Madrid, del himno de la Comunidad Autónoma de Madrid. Podedes ouvilo, descargalo e difundilo polo mundo:
Novo episodio da serie Pensamento 3 emitido orixinalmente en Radio 3 [RNE] en novembro de 1989. Nesta ocasión analisando o último dos Pecados Capitais do "mítico" Catecismo do Pai Astete: A Preguiza. Durante estes meses recuperamos para vós, dende Divertimento para pequenos monstros, algunhas das gravazóns da serie Pensamento 3, que rondando todos eles os 45 minutos de durazón, foron emitidos orixinalmente dentro do programa de Radio 3 [RNE], Caravana de Hormigas. Toda vez que este programa foi fulminado da grella desa emisora [como xa vos contamos ao longo desta entradas], pasou a ter o seu propio espazo na grella de Radio 3 [mantendo día/hora de emisión e formato], até finalmente desaparecer do mapa radiofónico. Estes documentos sonoros [ou alfaias radiofónicas] están ao dispór de tod@s, grazas aos esforzos d@s seguidor@s do poeta e filólogo zaragozano, canto a redifundir as reflexóns do autor ao través da rede. Istas son todas as que están, mais non todas as que son. Agustín García Calvo cumprirá no mes de outubro de 2010: oitenta e catro anos. Con ista idade, segue a dar charlas nas Universidades e Ateneos que o convidan [mesmo no Ateneo de Madrid dende decembro de 2005, cada semana]. Tal é o fenómeno que causa a súa palabra que as transcripción das charlas, palabra a palabra, son transcritas e subidas a rede, como se pode ver neste enlace. A capacidade e lucidez deste ser humano nos deixa sen palabras. Quero dicer que sei, hai outras persoas humanas que teñen máis arquivos sonoros de Pensamento 3, mais estes aínda non son de acceso "popular", polo que tentarei localizalos e poñelos a disposición dos meus pequen@s monstros, para que poidan seguir a mamar de tan nutritivo manxar. Dende aquí fago un chamamento para que se algún de vós ten [ou sabe que alguén ten], algunha desas gravazóns [que aínda non están pero son] de Pensamiento 3, non deixe de pórse en contacto con nós en: radiomonstro [arroba] gmail.com Pola nosa banda, a vindeira semana ofecereivos a última edición desta serie, que como contributo a todo ese aquivo sonoro que circula pola rede libremente, vai ser da colleita propia do Pequeno Monstro, do noso arquivo sonoro. De xeito, que tod@s poderemos ter acceso a un novo episodio de Pensamento 3, até agora inédito na rede. Poremos, ademáis, fin a estadía de Divertimento na grella 2009/2010 da Rádio FilispiM e de Radio Roncudo de Corme. Volvendo ao episodio de hoxe, A Preguiza, o presentador do programa, Javier Bermúdez, introduce deste modo a participación de Agustín García Calvo e das ouvintes: "Imos xa coa Preguiza, o último dos Pecados Capitais nomeados no Catecismo do Pai Astete. Así, define Acidia ou Preguiza, coma un caimento do ánimo en ben obrar. Naturalmente, non é difícil fazerse á ideia de que pode entender o Pai Astete por "ben obrar", podémolo imaxinar: rezar, cumprir coas obrigas laborais, casar ou fazerse cura, aceitar con resignación [incluso con ilusión] o tempo. En definitiva, aceitar [con ese caimento que dixen] a condea a morte que temos cada un." "Fronte a esta aceitazón calquer eloxio da Preguiza, pola nosa banda, sempre ficaría curto. Agora ben, se por "ben obrar" entenderamos algo ditinto [precisamente dicir NON a todas isas cousas que o Pai Astete e os outros "Grandes Pais" din sentir], entón non poderiamos considerar a actitude preguizosa como mala, no senso de mortecina. Nesto, non caben máis que recomendar o que nos dicía o Pai García [ironicamente aludindo a A. García Calvo]: contra Preguiza, Ira...". Ficades co programa. Lembrade, a vindeira semana volvemos a vernos aquí, onde paran os monstros.
O xornal alternativo Diagonal [do que Rádio FilispiM emite os seus boletíns radiofónicos], viña estes días alertando nas súas páxinas a persecución á que se vén sometidos estes traballadores da prensa autoxestionada no día a día das súas reportaxes: "... a denuncia de Falanxe cando destapamos a relación dun dos seus líderes coa venda de drogas e o achado da placa roubada do antifascista Carlos Palomino nun coche en Toledo. A un dos nosos fotógrafos, que leva tempo documentando as redadas racistas contra migrantes en Madrid, a Policía xa lle deu un toque serio e multouno. Igual que a unha antiga coordinadora de Fotografía, que foi multada nunha concentración de apoio aos mapuches, acusándoa de ser a organizadora. A SGAE tamén nos fixo unha llamadita pedíndonos explicacións logo de publicar un especial sobre eles...".
Hoxe [martes, 22 de xunho de 2010] un dos fotógrafos habituais de Diagonal vén de ser detido por esta circunstancia, permanecendo privado de liberdade na Comisaría do Metro de Sol [Madrid].
O xornal Diagonal denucia hoxe esta detención na súa web: "Algo máis que habitual no suburbano de Madrid como ocorrería horas despois na estación de Lavapiés, nesta ocasión Eduardo tentaba recoller esas instantáneas e foi detido. O motivo da súa detención sería o feito de negarse a entregar a cámara de fotos coa que estaba traballando. En anteriores ocasións, mentres que traballaba, borroulle as fotografías dos controis de identidade masivos a inmigrantes. Logo de estar máis dunha hora detido na comisaría de Sol, quitáronlle o cartón dixital de fotos. A súa detención foi xustificada pola prohibición de realizar fotografías no interior do Metro, segundo contaba o propio León ao abandonar a comisaría. O garda de seguridade da estación de Lavapiés, incluso, participou na vixilancia deste xornalista cando se atopaba nas instalacións policiais de Sol. O seu labor, que non borrase as fotografías que denunciarían o control de identidade indiscriminado no interior do Metro."
O Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, vén de presentar ante o Consello de Dereitos Humáns das Nacións Unidas o seu II Informe sobre a situación da Liberdade de Expresión no mundo.
Aconteceu o pasado 3 de xuño de 2010 en Xenebra, Suíza, no marco do seu 14º período de sesións [ver enlaces ao pé desta entrada].
O devandito informe destaca no seu Capítulo III, apartado B, Inciso 4, a importancia que ten para o exercicio da liberdade de expresión a radiodifusión comunitaria polo que demanda dos Estados a creación dun marco legal de telecomunicacións baseado en principios democráticos e cuxo obxectivo sexa o acceso de todos os sectores sociais ás frecuencias radioeléctricas de xeito equitativo.
A Relatoría fai mención dunha serie de consultas rexionais que se realizaron xunto coa Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC],sobre os 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria, os cales foron presentados inicialmente ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, e iniciadas as consultas e traballadas coa súa Relatoría Especial de Liberdade de Expresión.
Para rematar no seu Capítulo de Conclusións e Recomendacións a Relatoría establece que "Os medios de comunicación comunitaria constitúen instrumentos efectivos para cumprir coa función do exercicio do dereito á liberdade de opinión e expresión de todos os sectores sociais, sen discriminación algunha conforme ao principio de pluralismo e diversidade que debe rexer o exercicio deste dereito", polo que se recomenda aos Estados establecer o marco legal que recoñeza e regule a comunicación comunitaria dentro do marco dos 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria propostos inicialmente por AMARC e establézase un balance equitativo entre os medios comunitarios, os comerciais e os públicos ou estatais.
A inclusión de devanditos principios no informe do Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, constitúe un precedente importante que marca a pauta no recoñecemento dos medios comunitarios como parte do cumprimento das obrigacións en materia de dereitos humanos por parte dos países. Xa que logo, AMARC saúda devandito informe e fai un chamado aos Estados a fin de que leven a cabo as accións necesarias para implementar devanditos principios.
De cando en vez, unha canción favorita no blogue dos pequenas monstros. Esta semella de radiante atualidade.
O tema é unha versión do extraordinario dúo Vainica Doble [Carmen Santonja e Gloria Van Aerssen], revisitado nesta ocasión polo non menos fenómeno Carlos Berlanga: La Funcionaria [Indicios, 1994]. Nos coros están as propias Vainica. Nestoutro enlace atoparás a versión orixinal [Taquicardia, 1984].
Que dicir de Carlos Bernalga e das Vanica!!! Botade unha ollada aos enlaces, tampouco imos largar aquí o rollo, no que ficariamos enmarañados entre opinións e sentimentos. Mais, cantas cancións de altura compuxeron as Vainica Doble dende os primeiros 70 [Un metro cuadrado, Déjame vivir con alegría, Cartas de amor, Habanera del primer amor...]
Menos mal que andaba por aí o meu irmán Pablopaulo, para me lembar a canción!!!:
O 19 de outubro de 2009, escribiamos neste blogue:
O panorama de abundancia televisiva non tivo consecuencias no aumento da diversidade de contidos, e a oferta multicanal a través das diferentes plataformas é un bo exemplo.
Este fenómeno tamén se estendeu a algunhas canles obtidas polos concesionarios de TDT de alcance estatal [Disney Channel ou SET en Veo], feito que pon en evidencia a incapacidade dos operadores españois de TDT de encher con contidos orixinais as canles que lles foron outorgados e abre interrogantes sobre a legalidade destas opcións, posto que non respectan as condicións concesionais.
Hoxe, no mes de xuño de 2010, chéganos un informe da Asociación de Usuari@s da Comunicación [AUC], que podedes ler neste enlace, e que pón de manifesto que a moto que nos venderon [unha vez máis] co invento fantástico da "Tele Dixital", éche o timo da estampita: posibilidades técnicas e de contidos desaproveitados en troques dun intercambio de cromos de baixa cualidade entre as cadeas, cuxos donos son os mesmos [ou mesturados para disimular], para máis alegría de diversidade de opinións.
Outra cuestión é que tras o "apagón analóxico" ficaron sen licenza e sen posibilidades de emisión nas "plataformas dixitais" [máis grave esto último] canles de TV local, que non poderán emitir neses "cubículos dixitais", aínda que desexaren vulnerar a Lei en aras á libre discrepancia cos Administradores do dereito a libre expresión e da ordenación do espectro radioeléctrico, donde os Estados deberan limitarse e esforzarse a administralo con criterios verdadeiramente democráticos, mais que se vai agardar dos Estados o Capital e os seus monaguilhos.
Solución: apagade a tele e sintonizade unha radio libre, sen ir máis lonxe: Rádio FilispiM, 93,9 FM [Ferrol - Trasancos].
Aquí estamos de volta cun novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros. Lembramos que esta serie foi emitida orixinalmente por Radio 3 [RNE] cara o ano 1989, sendo estes documentos recuperados polos propios ouvintes daquel espazo, que no seu momento tiveron a boa ideia de rexistralos en cintas de casete. Soporte moi recorrente naqueles anos, que hoxe nos ten sido moi acaido, aos pequenas e pequenos monstros, pois podemos ouvir as gravazóns [vinte un anos despois!!] na sintonía de Rádio Filispim, ou mesmo neste pod-cast, así como se nada. No programa de hoxe, Agustín Gacía Calvo, diserta cos ouvintes e coa axuda de Javier [o presentador] sobre un novo Pecado Capital: a Ira. Así, García Calvo introdúcenos na cuestión deste xeito: "Imos entrar por estoutra cuestión política. As nosas ouvintes, non se esquecen de que aínda partindo do Padre Astete [o seu Catecismo], como bon representante da conversión en pura moral [e personal] dos pecados, tratamos de entender sempre que non hai pecados que non sexan políticos e que a apariencia moral e personal dos pecados, é simplesmente iso: unha apariencia destinada ao engano coma tantas outras cousas, unha parte de ese engano, que é o arma principal do Poder como todas os días repetimos." "Imos ver que é o que alude, que é o que toca, que cousas removen, tambén no corazón e na razón das nosas ouvintes, esta alusión á Ira." "O feito de que se defina como un apetito desordenado u ordenado, quítalle á Ira o que a palabra [paréceme a min], suxire máis inmediatamente aos que a ouven. A Ira, montar en cólera, todas isas cousas, se presentan non coma algo que pode estar suxeita ao orde e ao desorde, senón como anterior en certo modo ou exterior ao orde e a desorde." "A Ira é a paixón por excelencia desenfrenada, poderíase dicir incluso máis que os asaltos dos impulsos amorosos. Os vellos moralistas [Séneca e compaña], xa se preocupaban de describir a Ira, relacionándoa coma unha loucura. Era unha locura breve, e que tal vez por ser breve é polo que non se inclúe nas formas de loucura que ván a parar nos Psiquiátricos...". Máis nada, ficades co audio. Lembrade que a serie completa podedela atopar neste enlace. A vindeira semana un novo capítulo de PENSAMENTO 3, aquí onde paran @s monstr@s.
Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos no e-mail de Radio FilispiM, unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel. Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis info en: www.pallasosenrebeldia.org. Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que pórlle voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre e comunitaria de Ferrol [GZ]. Ademáis editamolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para que o seu uso fór máis simples. Subliñar que o material elaborado non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol. Ficades xa coa ADAPTACIÓN RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS DE IVÁN PRADO que fixemos en Divertimento para pequenos monstros, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 1[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 2 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 3 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 4[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 5[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 6[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 7 [Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM]. Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 8[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM]. Pallasos en Rebeldia dende Palestina. Cap. 9[Adaptación radiofónica do Pequeno Monstro-Rádio FilispiM].
Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT namanifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]
O Sábado 5 de Xunho, Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do mediodía, con a retransmisión dum programa especial para despedir a tempada 2009-2010.
Haberá pinchos, vermú e música para tod@s da man de El hombre Flipante.
Novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, programa emitido orixinalmente por Radio 3 [RNE], un 29 de setembro de 1989 e que hoxe recuperamos en Divertimento para pequenos monstros para as ondas da libre e comunitaria Rádio Filispim [Ferrol-Trasancos 93.9 FM]. Nesta ocasión, un novo pecado capital: a avaricia. Na introdución ao tema Agustín García Calvo comenta: "Imos seguir con esta retahila que Javier [polo presentador do programa], tirou do Catecismo do pai Astetee tratar de atopar, como se ten dito, cal é a faciana política destas monsergas da relixión doutros tempos, porque unha e outra vez partimos de que a distinción entre moral e política é de por si unha mentira, por tanto non pode haber pecados privados, porque a vida privada é pública,como se sabe, e política, por tanto. De todas formas non esquezan os ´lectores´ que a pesar de que o pai Astete puña contra os sete vicios sete virtudes que o outro día [programa] estivemos a recitar aquí, pensamos que tal vez podiamos ser máis económicos... preferiamos que os pecados se combateran uns aos outros e así púñamos como lema o de: contra envexa soberbia, contra bula avaricia, contra ira pereza... que por suposto son dous a dous e pódense dicir do revés. De maneira que partindo deste posíbel combate dos pecados uns contra outros, imos entrar co que hoxe Javier nos ten anunciado: ese [pecado capital] chamado da avaricia...". Nada máis ficades con este novo episodio, non sen antes remitiros a esteENLACE, donde atoparedes a versión íntegra para orquesta e coro do himno da Comunidade Autónoma de Madrid[escoita ou descarga] tal e como a veño de "rescatar" dunha vella cinta de casete, agachada no meu arquivo sonoro. A vindeira semana, máis PENSAMENTO 3, aquí onde paran os monstros.
Colectivos sociais de Compostela organizaron durante este mes de maio de 2010 unhas festas populares como alternativa ás festas da Ascensión que se celebran na cidade. Varias organizacións consideran que os festexos non responden ás demandas do asociacionismo e considéranas "unha españolada" ou "un estrago de diñeiro".
Por iso, realizaron artellaron entre o 7 ao 23 de maio, unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".
Todas as actividades foron agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se sumaron as programacións que previstas por outros colectivos que acharon o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañou os carteis de actividades organizadas por cada asociación.
Entre as actividades que se desenvolveron: concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates. Cada colectivo participante efectuou unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Fixeron parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás. [Info tirada do portal www.vieiros.com]
Por terrás ferrolás, integrantes de diversos colectivos veñen de considerar nos últimos meses, artellar unhas festas populares ao marxe do espectáculo da auto-denominada "Semana Santa" ferrolá.
Tomando exemplo d@s nos@ compañeir@s compostelás, animamos dende este blog [pequenos monstros] a dar corpo a eses desexos populares e naturais, unindo as forzas das numerosas e variadas alternativas cidadás de Ferrol e comarca, para podermos disfrutar en vindeiros anos dunhas festas populares ben diversas ao marxe das procesións, demaís cultos da antiga relixión [a nova como ben di Agustín García Calvo é o Capital e o Estado], dos Concellos e animadores culturais de quenda.
O Colectivo Opaii-Rádio Filispim, xa ten dado conta de que outras festas son posíbeis ao ter feito coincidir durante sete anos consecutivos o seu festival Conspirando por unha radio libre coas "procesións e os capuchós" [curiosa mistura da antiga e nova relixión antes referidas]. Este mesmo colectivo, ademáis, argallou dentro do Conspirando unha Feira de Colectivos xuntando nun mesmo espazo a dúcias de iniciativas cidadás, polo que isto mesmo xa podería ser unha semente para argallar unhas festas laicas como Deus manda [valga o paradoxo].
Imaxes: Festa popular de Compostela -> neste enlace [Fonte: Gengalha do Pichel]
1ª Parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:
2ª parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:
Novo episodio da Serie: Pensamento 3, hoxe adicado a o primeiro dos Pecados Capitais:A Soberbia. En sucesivos programas poderanse escoitar reflexións ao respeito dos seis restantes. Relembrando que demos estamos a fazer nos últimos Divertimento para pequenos monstros: andamos a re-emitir en Rádio Filispim, 93.9 FM, edicións dos míticos programas de "pensamento", que cara o ano 1989 se emitiron dentro do programa Caravana de Hormigas [Radio 3, RNE]. Algúns das gravacións destes espazos teñen sido subidos a sitios na rede [Megaload ou mesmo estoutro], por xente anonima e moitas delas asinadas por un tal Jannico. O que fazemos logo dende Divertimento é redifundir estes programas, que previamente arranxamos canto a cualidade sonora. Ao documento en si [audio] tan só engadimos unha sintonía Divertimento ao comezo e deseguido algunhas das versións do Himno da Comunidade de Madrid que puidemos atopar na mesma rede, tambén ao final das charlas, tentando emular as emisións orixinais de Pensamento 3 [os audios das charlas que há colgados na rede omiten o citado himno, supoño que por unha cuestión práctica do momento]. Xa comentei haí atrás, que a letra deste himno é do propio Agustín García Calvo e que realmente vén sendo un anti-himno, dada a súa concepción orixinal. Sobre esta cuestión, centrareime en entrada posterior, donde colgarei un interesante documento [audio], pois finalmente teño atopado a versión do himno que orixinalmente acompañaba estas charlas: a famosa versión íntegra e cantada do himno da Comunidade de Madrid e que xa incluo neste episodio. A citada versión integra e cantada do himno da Comunidade de Madrid, atopeina finalmente no meu arquivo sonoro, agachada nunha vella cinta de casete dentro dunha gravación do referido programa. Toda ela vai ser un documento de interés, pois non está entre as difundidas na rede. Ista edición será colgada no blog de Divertimento unha vez findemos cos Pecados Capitais. Como anedotario da gravación que vos oferecemos hoxe, numerosos ouvintes preguntan sobre a desaparición da grella do programa Caravana de Hormigasdaquela Radio 3 [setembro 1989, ver enlace prensa do momento]. En Caravana viñan emitíndose as charlas de Agustín García Calvo, os venres cara as 13:00 h. Toda vez que Caravana, desaparece da grella de Radio 3 [con polémica incluida tal e como se aprecia na gravazón] as charlas de Agustín convírtense en programa baixo o nome de Pensamento 3. Máis nada, agardamosvos logo a vindiera semana, aquí onde paran os monstros, nun novo episodio da serie Pensamento 3. Ficades co audio do programa, non volo perdades!
O pasado luns 17 de maio de 2010, estivemos en Compostela sumándonos ao clamor popular contra o decreto "popular".
Así, centos de milleiros de persoas vindas de todos os recunchos da Galiza, foron quen de expresar a súa indignación ante tanto argumentario imbécil e escuro, verbo da a "administración" da lingua propia dun pobo polos de arriba, a golpe de ferro candente no lombo, en base a principios supostamente "democráticos".
Cheiraba tanto a podre Compostela, coma o referido argumentario-político de merda. Ogalla algún día toda esta xente desaparezan baixo toneladas da súa propia miseria, cosificados en bolsas de lixo, podres.
Asasinos da Lingua!! Antropófagos de si propio!!! Tropa do caralho!!!
Ficades coas fotos, que sos ben monstrosas, para iso tirámolas nós;-)