8 de julho de 2010

Radio Dixital Vs Radio Analóxica.

Javi García [ReMC], achéganos este interesante artículo, que tambén afecta aos nosos medios comunitários:

A radio resístese a un apagamento analóxico como o da TV: Industria e AERC ven moi complicada a transición. [Servimedia, 08 de xullo de 2010].

A implantación da radio dixital en España estase convertendo nunha misión case imposible, e tanto o Ministerio de Industria como as cadeas de emisoras non esconden nestes momentos o seu pesimismo respecto da posibilidade de que poida lograrse a curto prazo un "apagamento analóxico" como o que se conseguiu este ano en televisión coa TDT.

A Lei de Comunicación Audiovisual obriga ao Goberno a aprobar antes de finais de 2011 un "Plano de Dixitalización da Radiodifusión Sonora Terrestre", que agora mesmo non parece factible, porque non hai acordo no sector sobre os estándares de difusión do sinal, os receptores nin a repartición do espectro.

"Temos 18 meses para aprobar o plan, pero o tema está francamente complicado, e a radio dixital non acaba de despegar polos problemas que estamos atopando cos receptores, os estándares comúns e a cobertura", recoñecía días atrás o subdirector xeral de Medios Audiovisuais do Ministerio de Industria, Fernando Castelo, nunhas xornadas sobre a Lei Audiovisual organizadas polo bufete Garrigues.

O impulso á radio dixital remóntase neste país a máis dunha década, cando o Goberno do PP anunciou a convocatoria de concurso de licenzas durante a etapa de Rafael Arias Salgado como ministro de Fomento.

"Desde entón, os operadores fixemos investimentos importantes para ter o sinal dixital no aire, pero é certo que se presenta moi díficil a chegada desta nova tecnoloxía que todos queremos, porque o futuro da radio ten que ser dixital", recoñece o secretario xeral da Asociación Española de Radios Comerciais [AERC], Afonso Ruiz de Assín.

Para as radios privadas, o problema ten a súa orixe en gran medida en que non hai consenso na elección da tecnoloxía idónea, nin en España nin no resto de Europa, "os radiodifusores non fan por iso campañas de promoción e entre a poboación existe un descoñecemento absoluto sobre a radio dixital".

Neste escenario, a AERC cre que é "absolutamente imposible pensar agora nunha data para o 'apagamento analóxico' da radio", e presaxia "un longo período de coexistencia entre o dixital e o analóxico; mentres, ofrecemos toda a nosa colaboración ao Goberno para sacar isto adiante".

Así as cousas, terá que pasar un tempo para a popularización desta radio, agora no limbo das ondas, que promete "máis calidade de son, menos interferencias e novos servizos engadidos".

Tirado de: El periodista digital.com

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...