Por iso, realizaron artellaron entre o 7 ao 23 de maio, unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".
Todas as actividades foron agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se sumaron as programacións que previstas por outros colectivos que acharon o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañou os carteis de actividades organizadas por cada asociación.
Entre as actividades que se desenvolveron: concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates. Cada colectivo participante efectuou unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Fixeron parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás. [Info tirada do portal www.vieiros.com]
Por terrás ferrolás, integrantes de diversos colectivos veñen de considerar nos últimos meses, artellar unhas festas populares ao marxe do espectáculo da auto-denominada "Semana Santa" ferrolá.
Tomando exemplo d@s nos@ compañeir@s compostelás, animamos dende este blog [pequenos monstros] a dar corpo a eses desexos populares e naturais, unindo as forzas das numerosas e variadas alternativas cidadás de Ferrol e comarca, para podermos disfrutar en vindeiros anos dunhas festas populares ben diversas ao marxe das procesións, demaís cultos da antiga relixión [a nova como ben di Agustín García Calvo é o Capital e o Estado], dos Concellos e animadores culturais de quenda.
O Colectivo Opaii-Rádio Filispim, xa ten dado conta de que outras festas son posíbeis ao ter feito coincidir durante sete anos consecutivos o seu festival Conspirando por unha radio libre coas "procesións e os capuchós" [curiosa mistura da antiga e nova relixión antes referidas]. Este mesmo colectivo, ademáis, argallou dentro do Conspirando unha Feira de Colectivos xuntando nun mesmo espazo a dúcias de iniciativas cidadás, polo que isto mesmo xa podería ser unha semente para argallar unhas festas laicas como Deus manda [valga o paradoxo].
Imaxes: Festa popular de Compostela -> neste enlace [Fonte: Gengalha do Pichel]
Fontes: Vieiros e Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!