12 de marzo de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta_Vinilos [Cap.7] - Radio Fene_2005

Sétima entrega da serie Oitenta Vinilos, unha produzón Divertimento para Radio Fene realizada no ano 2005.

Neste capítulo escoitamos as músicas e os comentarios sobre: Dinarama, Paralisis Permanente, Cámara e Los Monaguilhos.
Xa no final de Divertimeto para pequenos monstros, damos unha volta de torca máis ao cenario ferrolterráqueo [tremenda torca!] e ouvimos as músicas de Pinone e amigos [dúas versións de "El Campo de Fresas" e o tema "Tras las cortinas", na voz de Noelia Santos], Kobe e Misquious.

A vindeira semana máis e mellor, aquí onde paran os monstros. Polo de agora, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:


- Ferrol e comarca, ao través de Rádio Filispim 93.9 FM:
- Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM:
- Vía web, neste blog e máis en:
- Podgalego.com
- Radio Filispim

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

9 de marzo de 2010

III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

Das compañeiras da MMM, nos chega este comunicado:

Entre o 8 de Marzo e o 17 de Outubro de 2010 desenvolverase en todo o mundo a III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

As Accións Internacionais son momentos de fortalecemento, de facer que as nosas voces sexan ouvidas aínda con máis forza en todo o mundo, desde distintas experiencias, culturas políticas e etnias, pero cunha identidade común: o desexo de superar a inxusta orde actual, que provoca a violencia e a pobreza.

Coas Accións Internacionais tamén expresamos a nosa solidariedade internacional, e o feito de que estamos alertas ao que pasa ás mulleres noutras partes do mundo.

Desde a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar no Lanzamento da III Acción Internacional na Galiza, que terá lugar o sábado 13 de Marzo en Santiago de Compostela:

* 16:30-17:45 hrs: Chegada en tren a Compostela desde todas as localidades
* 18:00 hrs: Marcha reivindicativa desde a Estación de Trens até a Praza de Cervantes
* 18:30 hrs: Festa na Praza de Cervantes, coa presentación das “Marchantas”, merenda e a actuación de CHURRA E MERINA SUPERVEDETTES.

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Máis información en www.feminismo.info / www.mmm2010.info

5 de marzo de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap.6] - Radio Fene_2005

Capítulo nº 6 da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos montros, unha produzón orixinal para Radio Fene do ano 2005, e por tanto das últimas edicións de Divertimento antes de abandonar o buque fenes pola chalana filispiniana.

Neste novo número da serie escoitamos os vinilos oitenteros pop de: Episodio, Los Modelos, Estación Victoria, Luna e aproveitamos para seguir a catar a colleita dos oitenta do pop estatal, trinta anos despois.

Xa no final do programa retomamos a audición das músicas dalgúns dos numerosos e grandes grupetes locais do momento: Kobe, Misquious e Quant [os dous últimos, cinco anos despois, en plena forma canto a calidades e cualidades].

No vindeiro programa máis madeira oitenteira, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

4 de marzo de 2010

Muller e inmigrante, para máis inri.

No apartado "Así somos", da web de Pluralia TV [Valencia], achamos este texto que pon luz as súas motivacións:

“Contrainformar é traballar por lexitimar os discursos insurxentes fronte ao pensamiento único neoliberal, destruir o mito da obxetividade, servir de voceiro dos movimentos sociais dar a palabra a quen callan por falta de oportunidades para falar, combater o ruido con apariencia de música que emana dos xigantes mediáticos. Contrainformar é tambén facerse con ferramientas que permitan a difusión horizontal da información, construir pontes que fagan circular contenidos co seu valor de uso, rachar o monopolio da produzón de discursos sobre o mundo social, desbaratar a ilusión dunha "opinión publica libre". [Texto tirado do 78 Colectivo Ekintza Zuzena Contrainformación. (2004) , ”Alguns plantexamentos sobre a contrainformación”.]

Ademáis podemos ver videos tan elocuentes coma este, sobre cuestións tan manipuladas coma a solitaria realidade da inmigración:

24 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 5º] - Radio Fene_2005

Quinto dos programas da serie Oitenta Vinilos, que Divertimento para pequenos monstros realizou para Radio Fene no ano 2005.

Nesta edición ouviredes musicas tiradas das referencias do selo MR, quen nos primeiros oitenta editou en vinilo as primeiras cancións de grupos emblemáticos do pop estatal: Episodio, Los Pistones, Los Modelos...

Xa no final do programa dámoslle unha nova volta a torca do cenario local do momento, lembrando as músicas de Fer Pinone [do que, por certo, hai moito tempo que non temos novas, co moito que gostamos das súas produzóns], Kobe [grupo paralelo aos memorábeis Window Pane] ou …[a ver se adivinades quen é o último grupo que soa no programa].

Por certo, que o nº 4 da serie non o damos atopado, polo que non poderemos rescatar a primeira parte adicada ao selo MR, no que tantos grupetes do momento gravaron as súas primeiras maquetas.

A vindeira semana máis madera oitentera, aquí onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

22 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 3º] - Radio Fene_2005

Terceira entrega da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento. Neste programa seguimos a pinchar a “cara b” do pop dos primeiros oitenta, ficando unha vez máis nas praias do levante estatal.

As conexións cos valencianos Glamour, sérvenos de excusa para entreter, aos nosos pequenos monstros, coas músicas de Última Emoción, Revolver, cos vinilos de Betty Troupe, as andanzas do cantautor pop Javier Bustamante con Remi Carreres ou as contiendas de Interterror.

Este programa foi producido para Radio Fene no ano 2005, ao igual que o resto da serie. Hoxe recuperámolo para Rádio Filispim [Ferrol], Radio Roncudo [Corme] e os amigos de Podgalego.

No vindeiro Divertimento para pequeños monstros, unha nova edición de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

15 de febreiro de 2010

Crónica da xornada de protesta ante a Nova Lei Audiovisual no Estado español.

A ReMC [na que está integrada Rádio Filispim, Ferrol 93.9 FM], vén de informarnos que este martes 9 de febreiro de 2010, levouse a cabo unha concentración de protesta ante as portas do Senado, de Madrid. O obxecto da mobilización ten que ver coa tramitación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Convocados por diferentes sindicatos, a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], a URCM e co apoio do diferentes organizacións coma a sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura [ULEPICC], a concentración pretendeu visibilizar o descontento social ante a Lei que regulará o sector audiovisual no Estado español.


Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

10 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 2º] - Radio Fene_2005

Segundo dos capítulos adicados a nova ola estatal, que estes días cumpre 30 anos, logo da emisión un 9 de febreiro de 1980 en TVE [Popgrama] do concerto colectivo homenaxe a Canito [Bateria de Tos].

Podedes ter acceso a unha parte dese documento, neste enlace, na que vos atoparedes coa presentazón de dous novos e intrépidos periodistas que co paso dos anos serían algo máis que dous nomes propios relacionados cos medios de comunicazón estatais: Carlos Tena [que hoxe vive en Cuba e colabora para Cuba Información] e Diego Manrique [hoxe Subdirector de Radio 3].

Neste novo episodio da serie Oitenta Vinilos de Divertimento para pequenos monstros, fazemos unha especial parada en Valencia, onde naqueles primeiros oitenta xurdían grupos coma mandarinas, que apuntaban cara un pop tinxido de tecnoloxía, sendo o levante berce do tecno-pop estatal, con grupos e discos que co paso dos anos teñen deixado unha fonda pegada en re-colectores e coleccionistas de plásticos.

No programa rescatamos algúns dos vinilos de Comité Cisne ou Última Emoción, grupos que non chegaron a trascender como aconteceu con outros do momento, por iso gostamos de lembralos aquí, entre monstros. A gravazón que ouviredes, ao igual que o resto da serie, foi producida para Radio Fene, no ano 2005.

Xa no final do programa volvemos á nosa realidade local escoitando a música maquetera dos ferrolás Quant, que trinta anos depois seguen a pensar en vinilo.

A vindeira semán un novo capítulo de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros [de plástico].

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

4 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 1º] - Radio Fene_2005

Edición de Divertimento do ano 2005, realizada orixinalmente para Radio Fene, e que hoxe recuperamos para Rádio Filispim.

Con este programa comezamos unha serie de especiais adicados aos vinilos máis monstrosos da década dos oitenta, según o Pequeno Monstro, polo que nas vindeiras semanas deixaremosvos máis capítulos desta serie, que demos en chamar "Oitenta Vinilos".

Nesta ocasión ouvimos (e pinchamos) os vinilos de:
  • Los Esqueletos (Radio 222, Intrusos en mi jardín, Un poco de diversión).
  • Las Ruedas (Haciendo casas).
  • Minuit Polonia (Radio Rockola).
  • Proyecto Bronwyn (De memoria, Al margen)
  • Fernando Márquez (Unidad de destino).
  • Kiki Daki (Unidad de destino).
Nos últimos quince minutos do programa volvemos ao pretérito perfeito da nosa realidade local e ficamos co Colectivo La Nevera e o grupo La Nev Diva [xérmolo de Misquius].

A vindeira semana un novo capítulo da serie "Oitenta Vinilos", dentro dos históricos de Divertimento, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...