9 de marzo de 2010

III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

Das compañeiras da MMM, nos chega este comunicado:

Entre o 8 de Marzo e o 17 de Outubro de 2010 desenvolverase en todo o mundo a III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

As Accións Internacionais son momentos de fortalecemento, de facer que as nosas voces sexan ouvidas aínda con máis forza en todo o mundo, desde distintas experiencias, culturas políticas e etnias, pero cunha identidade común: o desexo de superar a inxusta orde actual, que provoca a violencia e a pobreza.

Coas Accións Internacionais tamén expresamos a nosa solidariedade internacional, e o feito de que estamos alertas ao que pasa ás mulleres noutras partes do mundo.

Desde a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar no Lanzamento da III Acción Internacional na Galiza, que terá lugar o sábado 13 de Marzo en Santiago de Compostela:

* 16:30-17:45 hrs: Chegada en tren a Compostela desde todas as localidades
* 18:00 hrs: Marcha reivindicativa desde a Estación de Trens até a Praza de Cervantes
* 18:30 hrs: Festa na Praza de Cervantes, coa presentación das “Marchantas”, merenda e a actuación de CHURRA E MERINA SUPERVEDETTES.

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Máis información en www.feminismo.info / www.mmm2010.info

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...