4 de marzo de 2009
O Foro Arxentino de Radios Comunitarias, FARCO, demanda unha nova Lei de Radio e TV.
O Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) e un grupo de organizacións sociais conforman a Coalición por unha Radiodifusión Democrática.
Esta coalición esixe na Arxentina unha nova Lei de Radio e Televisión. O certo é que a lei vixente é da época da ditadura militar que favorece a idea de que a comunicación é unha cuestión comercial.
As radios comunitarias encadradas en FARCO, presionan ao goberno arxentino para que cambie a lei e promulgue unha nova que recolla as propostas dos proxectos de comunicación social e comunitaria.
A situación neste sentido no Estado español non é menos alagueña. En pleno século XXI, en plena "consolidación democrática", as frecuencias radiofónicas seguen a ser repartidas en concursos públicos aos que non poden concorrer radios que non sexan privadas (en mans de coorporacións) ou públicas (en mans das Administracións, e dicir do propio Estado).
O monopolio e o oligopolio das frecuencias radioeléctricas atentan contra a liberdade de expresión e empobrecen o indispensable pluralismo informativo. Calquer Estado que quixer adxudicarse a condición de "democrático", debera impulsar réximes transparentes e democráticos de adxudicación de frecuencias radioeléctricas que garantan o libre acceso de todos os sectores sociais ás mesmas.
A UNESCO, entre outros organismos internacionais, recoñeceron que as frecuencias radioeléctricas son patrimonio común da humanidade ao igual que o ár ou os océanos. Os estados teñen o deber de administralo en forma equitativa e punto.
Pequen@s monstros, podedes atopar máis info sobre o Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) neste enlace.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!