En Arxentina, a presidenta Cristina Fernández, presentou o ante-proxecto de Lei de Radiodifusión. Esta proposta chegará ao Congreso logo de dous meses de debate público.
O novo proxecto de Lei pretende substituír a normativa aprobada durante a última ditadura militar, aínda vixente (a Lei). A presidenta arxentina invitou á presentación da Lei a uns dous mil cincocentos representantes de medios e profesionais da comunicación.
En diálogo co programa Gato Encerrado de FM La Tribu, o responsable do Comité Federal de Radiodifusión, Gabriel Mariotto, sostivo que a nova Lei buscará "garantir a liberdade de expresión". O responsable gobernamental de radiodifusión asegurou que a nova Lei recolle os 21 puntos que se esixían desde a Coalición por unha Lei de Radiodifusión da Democracia.
As propostas da Coalición foron elaboradas por organizacións da sociedade civil, profesionais da comunicación e organizacións de radios comunitarias, entre outros espazos. Agora queda esperar os dous meses de discusión pública da proposta e o proceso de tratamento e aprobación da nova Lei de Radiodifusión no Congreso arxentino.
Texto e audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!