Hei aquí o modelo de lazo que, según as malas linguas, portarán as confrarías da Semana Insán. O certo é que o accesorio vai casarlles ben co resto do atuendo, así que dende Divertimento animamos a tod@s @s cofrades a elixir este modelo para o seu pescozo.
"Se tes un blog ou unha web coloca o logo, escribe unha nota de resposta á campaña da Igrexa xunto ao logo das Linces que atoparás nesta entrada. Se tes algún perfil dalgunha rede social, substitúe a túa foto polo logo das Linces. Eles poden pagar valos publicitarios, pero nós e nós temos a rede".
Con esta mensaxe naceu hai uns días o blog www.laslinces.blogspot.com promovido pola Red Feminista y Mujeres en Red que pretende "responder de forma contundente á última campaña da Igrexa contra o aborto e defender os dereitos da cidadanía". En poucas horas, esta iniciativa logrou centos de adhesións nas redes sociais de Facebook e Tuenti, e no mundo da blogosfera.
Repulsa
O obxectivo, segundo explícase no blog, é facer notar "a repulsa" cara á campaña contra o aborto iniciada o pasado luns pola Conferencia Episcopal, na que se acusa ao Goberno de protexer máis a vida dos linces que a dos nenos non nados. Por este motivo, o logotipo da nova bitácora é a pegada deste animal en perigo de extinción.
A campaña dos bispos, cuxo cartel publicitario contrapón a imaxe dun lince ibérico coa dun neno gateando, chegou apenas dúas semanas despois de que o Ministerio de Igualdade presentase o informe do comité de expertos que propón unha reforma da actual lei do aborto.
Os expertos plantexan que as mulleres poidan abortar de forma libre dentro das primeiras 14 semanas de embarazo. Ademais, apostan por ampliar ese prazo ás 22 semanas sempre que exista un grave risco para a saúde da nai ou graves malformacións fetales. No caso de que esas malformacións sexan incompatibles coa vida, non existiría límite de tempo para interromper o embarazo.
Ademais das adhesións en Facebook, o blog das Linces encheuse de multitude de comentarios contra a campaña da xerarquía católica, acusada de"demagóxica".
Nestoutro link podes elixir a túa contra-imaxe e engadila ao teu sitio na rede pra contra-informar a campaña dos Obispos: http://www.flickr.com/photos/laslinces/show/with/3372248557/
Info tirada do xornal Público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!