24 de setembro de 2008
De San Mateu ao ceu. Puxa Asturies!
As festas de San Mateu son moitas cousas, sobre todo moitas sensacións. Canto aos concertos musicais están repartidos entre as Pistas de San Lázaro e a Praza da Catedral. Estes últimos os máis interesantes e con entrada de balde. Ademáis, no Teatro Campoamor, comeza a temporada da Ópera, un dos acontecementos máis agardados polos amantes do bel canto no estado español.
Tentarei resumir na seguinte crónica, o que más nos fascinou das festas do San Mateo en Ovieu.
Chegamos o venres 19 de setembro a Pola de Siero, a 6 minutos en carro da capital astur, Ovieu. Hospedámonos no Hostal Jarana, un lugar recomendado pola cualidade prezo que ofrece: habitación para dous por 38 €/noite, en inmellorábeis condicións e situación (a seis quilómetros da capital, Ovieu).
Ese mesmo día celebrábase a o Día de América, festa declarada de interés turístico estatal. Canto aos concertos que nos interesan, nunha noite adicada ao Jazz e ao Blues, destacamos as actuacións de: Joaquin Cacón, Javier Vargas, Los Redentores, pero sobre todo ZEM.
Os asturianos ZEM, tocaron acompañados da interpretación do grupo de teatro Margen. Liderados polo vibrafonista Xuan ZEM e acompañamiento instrumental de Rubén Mol, Luis Rodríguez e nada máis e nada menos que Jorge Martínez e Juan Flores -Los Ilegales-.
A proposta de ZEM non deixou indiferente a ninguén: música instrumental inquietante -semellaba unha banda sonora imaxinaria dun thriller-, acompañada de imaxes non menos inquedas e da coidada presenza do experimentado grupo de teatro Margen. Un puntazo!
ZEM, apresentaban deste modo o seu segundo traballo. Xa estamos buscando @s pequen@s monstros o primeiro, segundo traballo, maquetas, maquetiñas e demáis sinais de vida deste grupazo extraterrestre contactado en Ovieu.
O sábado 20 de setembro, de novo na Praza da Catedral, aconteceu dende as cinco da tarde unha xornada adicada á música asturiana. Riba do cenario, resoarón: tonadas asturianas, coros, cuartetos, ochotes, gaiteiros, parellas de baile, grupos de baile, bandas de gaitas, cantautores de música asturiana, grupos de folk e como peche: Hevia e Nuberu.
Canto a Hevia, gaña máis tocando a súa gaita asturiana que o "electrodoméstico" -el mesmo chamouna así- que o levou a fama -e de Volta Ciclista-. Cecais faltoulle arroupo vocal. Mais, todas estas éivas -Hevias!?- foron compensadas coa participación creativa do que cecais for o mais interesante do seu concerto: a súa irmá.
E logo das "éivas", chegou o turno do melloriño da noite. Cualidade musical, experiencia, pero sobre todo emocións a esgalla: Nuberu.Tal e como eles mesmos din na súa páxina web: "Tres trenta años enriba los escenarios, Nuberu retírase en 2008".
Eles mesmos, pedazo de monstros, se encargar de realizar a crónica do acontecido no seu concerto e na súa propia fala, hala!: "Miles de persones s´agolparon el sábadu na plaza la catedral d´Uviéu pa escuchar a Nuberu nel que foi´l conciertu más concurríu de los organizaos esti añu nesi escenariu, según fontes de la propia organización. Una de les nueches más guapes de les fiestes y a una hora máxica, un ambiente nuberiegu a tope y un grupu en total estáu de gracia ficieron de la despedida de Nuberu a Uviéu un acontecimientu únicu pa tolos que tamos faciendo de 2008 un tributu merecíu a trenta años d´hestoria. Dos hores de cancios coreaos y sentimientu compartíu llenaron la nueche de Nuberu en San Mateo, pieslle d´oru pa una xornada dedicada a la música asturiana. Na memoria de toos los qu´ellí tuvimos quedarán pa siempre les imáxenes y los soníos d´un conciertu pa nun escaecer nunca. ¡Uviéu, allá foi la despedida!"
Isto é todo o que vos podemos contar @s monstr@s, cantos aos concertos que nos interesaban e puidemos acudir, na pasada e frénetica fin de semana na Asturies.
Pero monstros, non se vaian todavía, aínda hai máis!. As festas de Ovieu se caracterizan pola participación cidadá, non só canto a movida, senón canto ao activismo. Os colectivos e asociacións da comarca instalan durante case dez dias unha serie de Chiringos do máis interesantes. Dentre deles, destacamos: Topu Fartón, Pinón Folixa e Amigos de Cuba.
No capítulo de anedotarios, o sábado estrenábase unha ópera no Teatro Campoamor. Dando unha volta, atopámonos coa "ilustre" chegada de Rodríguez Zapatero, quen viña acompañado da súa dona Sonsoles Espinosa, unha das voces do reparto de Diálogo de Carmelitas, de Francis Poulenc. Como non podía ser menos, o equipo Pequen@s monstros, inmortalizou tan magna chegada, así como todo o que alí aconteceu. Non se perdan o impresionante depliegue policial.
Ficades cunha selección de fotos tiradas polos Monstros, nas que veredes imaxes de Luarca, Xixón, Ovieu, Zapatero, a súa dona Sonsoles e incluso esoutra ruina chamada El Molinón de Xixón, donde o domingo xogaban Sporting e o Barça (1-6). Ademáis, non vos perdades o ambientazo que había nas rúas e sobre todo nos chiringuitos: Topu Fartón -coa súa campaña en prol da oficialidade do asturiano-, Piñón Folixa -co apoio da xente da radio libre de Ovieu Radio QKracha- e o chiringo dos Amigos de Cuba.
Última hora: a web oficial de Nuberu incluiu no seu album de fotos, as tiradas polo Pequeno monstro -André- da súa actuación nas festas de Ovieu. No menú da súa web vai a "Tributos" e logo a "Semeyes" ou directo ao tavés deste enlaze.
Nota: todas as fotos que acompañan este artículo foron realizadas polo Pequeno Monstro. Úsense libremente, mais fágase referencia ao autor e ao blog. Obrigado.
15 de setembro de 2008
VI festival autoxestionado FERVESTEIRO.
Fervesteiro, según eles mesmos, son o seguinte tipo de monstro:
Fervesteiro xurde hai 5 anos aproximadamente coa idea inicial de movilizar un pouco o panorama cultural da cidade ante a inexistencia de espazos para que os e as artistas da comarca puidesen expor as suas creacións.
Ese é o xérmolo do colectivo, pero pouco a pouco e debido, por unha parte, as nosas inquedanzas políticas e sociais e, por outra, dos acontecementos que salpicaban dia a dia as nosas vidas (as duas folgas xerais, a catastrofe do prestige, a guerra de Irak, a lei de partidos) fomos enchendo de contido social as nosas actividades ata chegar ó que somos na actualidade.
1.- Qué somos? Somos un colectivo que persigue o cambio social: traballamos para -facer posible a participación social das persoas e as comunidades. Participando na construcción, construimos participación. Entendéndoa como a ferramenta imprescindible para construir o escenario social que queremos promover. Queremos ser participes dos cambios sociais non mer@s espectador@s resignad@s á espera de que a clase politica sexa quen defina o modelo social futuro.
2.-Qué escenario social que queremos promover? Un no que as relacions entre as persoas mais igualitarias, máis cooperativistas, máis xustas, que favorezcan a convivencia, a diversidade, nas que o capital e o tanto tes tanto vales deixe de ser o baremo predominante, queremos ser suxeitos activos critic@s.
3.- Como queremos traballar.
-De forma horizontal-asamblearia. porque isto significa ser cidadans activ@s, e dicir, ser dono@s conscientes e activ@s da toma de decisions, sendo suxeitos activ@s das nosas vidas e das nosas relación co noso entorno, e provocando en nos mesm@s unha maior implicación coa realidade que nos rodea.
-Sen xerarquías. Non cremos no liderazgo, como tal, sí na corresponsabilidade e no fluxo de relacions. O noso liderazgo será móbil, simultaneo e temporal e a responsabilidade será de tod@s, o que reforza a nosa autoxestión e independencia o consenso é o criterio que rixe a toma de decisions, non queremos caer na dictadura do voto, creemos que co debate e o intercambio de opinións podese acadar os obxetivos plantexados regulado polo diálogo e o debate autocrítico e constructivo como forma de traballo. Non temos medo a confrontación dialéctica xa que é unha das forma s mais útiles para descubrir as nosas debilidades, convertindo este debate nunha gran fortaleza.
-Dende a dinámica da diversidade das personas. Diversidade de sexos, idades, aspecto físico, capacidades, lugares, opcións sexuais ...
-En rede. Guíado polo principio da cooperación, colaboración, axuda mutua e traballo conxunto.
-Traballo con outros colectivos e organizacións. Con e para o barrio. Espacio base de interacción, como punto de partida para traballar ao grande dende o pequeno. O barrio nas cidades e aldea nos pobos son os lugares mais próximos de interrelacion persoal, nel atopamos a maior potencialidade e capacidade de promover os referentes que propicien o cambio social, e temos a posibilidade de visibilizar as nosas inquedanzas.
-De forma interxeneracional. Demostrando que a loita e o debate non teñen idade.
-Autoxestionado. Respeito á autofinanciación, xa que cremos q é unha forma de independencia á hora de traballar evitando asi que o proxecto teña unha data de caducidade.
-Respeito aos espacios colectivos. Como parte da cidadania temos dereito a utilizar os espacios sen exclusións e en contraposición ó modelo de convivencia que nos intentan impor.
-A través de espacios participativos. -Promovéndoos -Intercambiando información, coñecementos, recursos, etc.
-Como forma de empoderamento e distribución igualitaria.
-Aproveitamento das propias potencialidades.
-Como reforzo da nosa independencia.
Pola súa banda, o non menos intrépido Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, colabora na divulgación da sexta edición do Fervesteiro, coa produción e difusión da seguinte cuña radiofónica:
|
Agora, xa moi monstros tod@s, imaxinade un Fervesteiro en cada barrio de Ferrol.
10 de setembro de 2008
Diagonal, un xornal fóra do normal.
Pequenas e pequenos monstros, ao fazer "clic" na segunda das imaxes que acompañan esta entrada, atoparedes un estupendo especial sobre as radios libres e comunitarias, realizado por estes dinamitadores da prensa estatal. A diagonalizar pois!
1 de setembro de 2008
Aberto o prazo de presentación de propostas de programas, para a grella 2008/2009 de Rádio FilispiM, 93.9 FM
A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que emite dende Ferrol, quenta xa os seus motores dende o 93.9 da FM.
Como medio comunitario que somos, poñemos ao voso dispor os espazos da grella de Rádio FilispiM, especialmente aos diversos colectivos e asociacións do noso ámbito.
Se cadra, a vosa voz, as vosas inquedanzas, xa foron amplificadas polas “ondas filispinas” en pasadas programacións, polo que xa nos coñecedes. Mais, queremos achegarnos a aqueles colectivos de veciñanza, culturais, sociais, da mocidade… que aínda non formar parte do Colectivo Opaíí! e a propia Rádio FilispiM. A que esperades?
Animávosvos a respostar a este convite para concretar como podería, a vosa voz, estar presente na nosa grella. Existen diversas fórmulas:
- Realizando o programa dende os nosos estudios, en directo, con posibilidades de gravalo e redifundilo durante a semana.
- Editando dende a vosa casa, ou local, audios con novas verbo das actividades e reivindicacións do voso colectivo ou asociación, achegándonos eses audios para nós incluilas nos programas e mesmo nos informativos da radio.
Sabemos, que a primeira barreira con que se atopan algunhas persoas interesadas en incorporarse a Rádio FilsipiM, é o medo a non saber utilizar os equipos técnicos. Animámosvos a superar eses atrancos realizando pequenas prácticas con nós, no propio estudio da Rádio FilispiM. O funcionamento dos nosos equipos (mesas misturas...) é moi intuitivo. Gañarás confianza con certas prácticas e a nosa axuda.
Outra das éivas, é pensar que non tedes nada que dicir, ou que no primeiro programa o teredes dito todo. Isto non é certo. Un programa de radio non é un discurso, nen un feixe concentrado de información. @s filispinas e filispinos, axudarémosvos a canalizar e racionalizar radiofónicamente todo ilo, que sabemos tedes que dicir, con pequenas guías e suxerencias.
Como sabedes, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, teñen sé no Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202, Ferrol, quen nos acolle nas súas instalacións dende o noso berce como colectivo, no ano 2004.
A nosa radio está enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación: radios libres e comunitarias. Non emitimos ningún tipo de publicidade nen dependemos de ningún grupo de poder (económico ou político). As nosas actividades están, maiormente, financiadas por nós mesmos, ao través das pequenas cotas de soci@s. Podes saber máis de nós visitanto o apartado "Quen somos", que atoparás no sitio de Rádio FilispiM.
A nova programación de Rádio FilispiM, 93.9 FM, está a piques de comezar! Apóntate dende xa! O prazo para a recepción de solicitudes remata o 30 de setembro de 2008.
Escribídenos a: filispina@gmail.com, enviando a vosa proposta de programa radiofónico, ou solicitando máis info. Non deixesdes de ser curios@s, séde filispin@s!
Entrementres, moi boa onda!