Integrantes de Radio Kaos Foto: Diario de Ferrol (arquivo André C. Pastor) |
Un novo capítulo de Textículos By Me en Radio Fene, que, como explicamos na entrada anterior, na emisora pública de Fene se emitíu como Divertimento para pequenos monstros.
Neste programa, recollida a "caseta de socorro", continuamos adaptando textos propios para a radio, misturados con contidos alternativos. Así, fixemos unha crónica do concerto de Enrique Morente e Lagartija Nick no Auditorio da FIMO-Ferrol, dentro do ciclo Raíz, comandado polo, daquela, concelleiro de cultura Bonifacio Borreiros (bipartito PSOE/BNG con Xaime Bello como alcalde). Borreiros faleceu no 2006 aos 51 anos, sendo o impulsor dunha renovada política cultural ferrolá, referencia de outros concelleiros na historia recente da cidade. Ademáis, entrevistamos a Pepe Díaz coordinador de Radio Kaos, desaparecida emisora con sede na Escola Politecnica Universitaria de Serantes-Ferrol que, naquel outono de 2000, cumpría sete anos de emisión.
Como en tantas ocasións, acompaña a André pequenomonstro, Ana Lucecú, imprescindible na dramatización dos textos e creación de ambientes que requiría o guión do programa.
Escaleta: