(15/11/2007 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, dende o "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán.
Neste programa:
Comentamos as convocatorias do momento: VI Xornadas Libertarias no Espazo Libertario de Ferrol e as 1ª Xornadas de Sensiblización do VIH do Comité antisida Lazos de Ferrol, co lema "Non quedes nas nubes".
Manifestacións no Estado en repulsa do asasinato deCarlos Palomino, un xoven madrileño antifascista apuñalado no corazón o 11 de novembro de 2007 por un individuo fascista, militar de profesión, que ía participar nunha manifestación racista convocada polo partido nacionalista español "Democracia Nacional". Máis info aquí.
IV Encontro da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) en Bilbo, celebradas o 23, 24 e 25 de novembro de 2007. Máis info aquí. En Divertimento, conversamos vía telefónica con Íñigo Muñoz, un dos integrantes da radio organizadora daquel encontro, a xa desaparecida Tas-Tas Irrati librea.
Durante o programa escoitamos música de: Fermín Muguruza, Mr. Symarip, La Polla Records e Devo.
(17/04/2008 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.
Na primeira metade do programa falamos dos mal chamados C.I.E.S, cárceres para @s inmigrantes parias, non para os ricos. A través da convocatoria `No a los Centros de Internamiento de Extranjeros. Cerremos nuestros Guantánamos´ e da estupenda cobertura do centro de medios Rompamos el Silencio que agrupa a webs, xornais, radios e colectivos audiovisuais contrainformativos da Comunidade de Madrid. Unha acción informativa coordinada por Radio Vallekas á que se uniron Radio Contrabanda (BCN) e Radio Geneto (Tenerife), todas elas con CIES próximos.
A acción consistíu na coordinación entre as radios participantes e inmigrantes dentro e fóra dos CIES e contou cun veículo adaptado que amplificaba a transmisión das radios, coma "megafonía". Ademáis, nos días previos se repartiran receptores de radio e tarxetas de tfnos. móbiles entre os familiares intern@s do CIE de Aluche. Cos receptores estes podian sintonizar co que estaba a acontecer en Madrid, Barcelona e Tenerife, mentres que cos teléfonos participaban na transmisión dende o interior dos CIES cos seus valiosos testemuños. Máis información e audios daquela cobertura, aquí.
Na segunda metade do programa conversamos con Suso Bello, quen xunto a Alberto Millán e Fernando Pérez formaban os Chiquilicuatres de Riveira e viñan de editar o traballo "Delitos de Autor", en formato "USB". Un ano antes tiñan participado na IV edición do Conspirando por unha radio libre, o festival para a autoxestión de Rádio FilispiM.
Durante o programa ouvimos música de Dissidenten. Sintonizamos...
(08/06/2001 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, producido orixinalmente dende Radio Fene, 107.7 FM (EMUGA), con dous convidados especiais: Paco `Pestes´ García e Suso `Suciedad´, deconstrutores de poesía.
Un insólito cuestionario aos convidados abre este programa, preguntas que finalizan cunha hostia en directo ao Pequeno Monstro por parte de Ana Lucecú, feito insólito no panoráma radiofónico mundial. De fondo a música de La Orquesta de las Nubes.
Centrados no programa, Suso `Suciedad´(Manchita) lé ao vivo unha selección de textos/bomba da súa autoría: Amor de luna, Inmolación, Sexo o sé que no, Carta al secreto de la noche... Pola súa banda, Paco `Pestes´, lé textos do `Poemario de poética impura´ e do `Pequeño poemario bastardo´. As lecturas son ambientadas por unha selección musical acorde: La Orquesta de las Nubes, Diamanda Galas, Tom Waits ou Ciudad Jardín. Ademaís, ouvimos un tema Alberto `Truco´ Taboada, cuxa letra é autoría de Paco `Pestes´.
No último tramo do programa abrimos a axenda cultural de Ana Lucecú e para findar conectamos coa praza de Armas de Ferrol, donde Lupe Ces nos informou da concentración da Marcha Mundial das Mulleres contra da ocupación dos territorios do pobo palestiniano. A coordenadora da MMM de Ferrolterra súmabase así a unha convocatoria feminista mundial para visibilizar os, daquela, 34 anos de opresión do goberno sionista de Israel ao pobo palestiniano. Transcorridos 15 anos da emisión deste programa a ocupación dos seus territorios e a violencia contra deste pobo sen Estado, continúa. Conducen e apresentan: Ana Lucecú & Pequeno Monstro (08/06/2001). Control de son: Antonio (Rádio Fene).
(18/02 /2008 - arquivo)Divertimento para pequenos monstros, edición especial adicada ao colectivo Masa Crítica, coa presenza no estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, dun dos seus integrantes en Ferrol, Ernesto Lópes "Nes",
A Masa Crítica é un fenómeno ciclista que ten lugar todos os meses en moitos lugares do mundo. A súa finalidade é dar coñecer as grandes ventaxas que aportan á mobilidade, á sociedade e ao individuo, unha maior presenza de bicicletas nas cidades, para reducir as molestias que ocasiona o tráfico motorizado: ruido, contaminación, atascos, inseguirade...
O conceito Masa Crítica foi popularizado polo deseñador de vehículos de tracción humama George Bliss, para referirse a un fenómeno que observou na China: nos cruces sen semáforos, @s ciclistas se van acumulado até chegar un número total que lles permite cruzas sen risco, é a "masa crítica"...
En Ferrol as tamén chamadas "bicicletadas" tiñan lugar os últimos xoves de cada mes, cara as 20:15 h. na Praza do Inferniño. O seu lema era "pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Ao tempo, a nível de Galiza, unha vez ao ano se organiza a Masa Crítica Galega, da que é protagonista unha vila galega.
Para falar de todo esto contamos en Divertimento coa presenza de Nés, na altura compañeiro do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, conductor do programa "O Souto", integrante de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecoloxia de Galiza) e doutros colectivos, coma a Fundaçom Artábria.
No transcorrer do programa escoitamos música cubana e aproveitamos para promocionar a que sería a quinta edición do festival de Rádio FilispiM, o "Conspirando por unha radio libre" (xoves 20 de marzo de 2008), que por vez primeira se celebraría ao ár libre, baixo dunha carpa na praza do Inferniño de Ferrol, incorporando ao programa, unha feira de mostras de colectivos sociais da comarca.
(08/05/2007 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" da FilispiM no Ateneo Ferrolán, adicado á formación ferrolá Quant, que viñan de gravar un video-clip realizado por Rubén Coca en homenaxe a Andrés do Barro, emulando a famosa escena do filme "En la red de mi canción" (Mariano Ozores, 1971), donde Dobarro canta a mítica "Pois eu" acompañado por Los Sprinters, subidos nunha furgoneta que circula pola zona vella de Compostela.
Todo esto acontecía antes da publicación do primeiro disco grande de Quant "New Adventures in Full Colour" (2009), tempo no que Oscar Sabín, Rubén Coca, Fer Marta e Alberto Amigo (primeira formación de Quant) gravan algunhas maquetas, mesmo a que apresentaron neste Divertimento. Ademáís, no transcorrer do programa falamos de experiencias ferrolterráqueas daquel momento, coma as festas e vinilos de "La Fonográfica General" ou a inminente actuación de Quant, 22 e 23 de maio daquel 2007, no mítico The Cavern de Liverpool. En definitiva, a primeira e moi nutritiva entrevista que realizamos ao "universo quántico" na FilispiM, xa que no transcorrer dos anos habería moitas máis...
Volvendo a Andrés Do Barro, un mes despois da emisión deste espazo lévouse a cabo a gala "Saudade de ti" homenaxe ao intérprete ferrolán, producida pola TVG no Teatro Jofre de Ferrol, e na que foi apresentado o video-clip no que Quant rememoran a escea daquel filme dos 70.
A figura de Andrés do Barro vén sendo reivindicada nos últimos anos. No 2004, tras unha mesa redonda na Galería Sargadelos, se constitúe o Movimento Dobarrista do que xurdirían unha serie de iniciativas coma foi a gravación dun doble cedé (Falcatruada, 2007) coa participación de 30 grupos galegos.
"O tren que me leva" foi outras das iniciativas en forma de documentario dirixido por Anxo Fernández. Un filme cuxa produción comezou naquel 2004 pero que finalmente se apresenta o 27 de setembro de 2013, un ano antes do 25 cabodano de Do Barro.
Canto a obras escritas, "Saúdade" escrita por Fernando Fernández Rego (La Fonoteca, 2015), foi apresentada no Manchita Cosa (Ferrol) o 10 de xullo de 2015; daquela, tivemos en `Divertimento´ ao autor, podes ouvir aquela conversa neste enlace. A publicación, todo un éxito, conta xa con varias edicións, mais, hoxendía (2016) segue a botarse en falla a versión en lingua galega.
O principal logro do músico ferrolán foi ser quen de levar a lingua propia Galicia ao cume das listas de éxitos musicais dos 70. Todo un acerto naqueles anos é un moi loábel empeño do intérprete. Iniciativas cidadás coma demandar a Medalla de Galicia para Do Barro, a título póstumo, están máis que xustificadas.
(15/03/2012 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio de Caranza. Un programa que cadrou nunha xornada chea de mobilizacións na nosa comarca, das que, como non podír ser menos, falamos e tomamos o pulso no máis rigoroso dos directos...
Delegados da CIG péchanse no Concello de Ferrol contra da "reforma laboral", co fn de visibilizar a xornada de folga xeral do 29 de marzo daquel 2012. Conexión telefónica co salón de actos do Concello, falamos cun dos fechados.
Delegados da CIG Ferrol realizan unha camiñada Ferrol-Compostela reclamando carga de traballo para os Esteleiros da comarca. Conexión con Alfredo Maceiras, delegado sindical que participa na marcha.
No estudio André, Paki e Pablo do colectivo Acampada Ferrol, xurdido do 15M, en Ferrol, máis específicamente do 17M.
Conexión coa concentración en apoio ao Centro de Saúde de A Graña. A nosa compañeira María Teresa Vilariño coméntanos in situ como a concentración ten derivado finalmente nunha manifestación polo centro de Ferrol.
Edición de Divertimento para pequenos monstros dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán. Neste programa:
Axenda local. Xornadas Libertarias. Comentamos as mesas debate organizadas polo Espazo Libertario de Ferrol canto as posicións dos diversos colectivos integrados no Comité de Emerxencia respeito da pranta de gas de Reganosa, e da mesa sobre o colectivo "Masa Crítica" en Ferrol.
Conversa con Noelia da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, verbo do 25 de novembro, Día Internacional contra da violencia de xénero, cuxos actos comarcais se levaron ao cabo, naquel 2007, na praza do Concello de Narón.
No estudo José-Martinho Montero Santalha e Alexandre Banhos participantes na mesa debate que aquel día se levou a cabo no Ateneo Ferrolán verbo da figura e obra de Ricardo Carvalho Calero, na reinvindación do Día das Letras (2009) adicada á figura do primeiro Catedrática de literatura e lingua galega. No presente, ano 2016, continúan as reivindicacións, de colectivos e institucións, para que esa dia Día das Letras adicado ao literato ferrolán, sexa posíbel.
Durante o programa ouvimos música do recompilatorio de Sunset-Sunrise, da serie Blue Note Trip (2001).
(03/01/2008 - resubida) Divertimento para pequenos monstros dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, donde contamos coa presenza de Miguel Alonso, cantautor nado en Ferrol que actualmente vive en Compostela y que, naquel tempo, andaba a presentar Luz de Guía, o seu primeiro álbum, gravado en Pequeno Desastre Records,
Miguel Alonso comeza a súa carreira musical no ano 2000 coa maqueta "Aprendiz de poeta"; ao ano seguinte chega outra, "Está escrito en la calle". En 2004 publica o poemario "Mentiras y lunas" e unha outra maqueta, "Cartas al espejo". Xa en 2007 gaña o certame A Mocidade coa Lingua, na modalidad pop. Naqueles anos participa en festivais coma o mítico Fervesteiro, mesmo uns anos antes, o 8 de abril de 2004, na mitiquísima primeira edición do Conspirando por unha radio libre, festival do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, sendo o primeiro músico que tocou no festival.
Neste programa conversamos case unha hora con el, escoitamos música do álbum que andaba a presentar naquel momento, "Luz de Guía" (2007) e, como non, nos interpretou pezas ao vivo coa súa guitarra, ademáis falamos da Sesión Vermú do Colectivo Opaii! que ía protagonizar xunto a Oscar Fojo.
A produción artística (poemarios e discos) de Miguel Alonso continúa no ano 2008 co álbum "MusicARTE Cantautores", para a Asociación do mesmo nome. No 2009 publica "Once máis 15", un libro de poesía que acadou boas vendas a nível galego. En 2010 chega "A noite dos cans", disco íntegramente en galego. En 2014 grava "Como Dioses de alquiler". A súa última produción, até a data, é o EP "Manual de saudades" (2015).