17 de março de 2016

Cobertura contra dos CIES de `Rompamos el Silencio´, 12/04/2008 + Chiquilicuatres de Riveira - Divertimento (17/04/2008, Rádio FilispiM)

Mobilización contra dos CIES (12/04/2008)

(17/04/2008 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.

Na primeira metade do programa falamos dos mal chamados C.I.E.S, cárceres para @s inmigrantes parias, non para os ricos. A través da convocatoria `No a los Centros de Internamiento de Extranjeros. Cerremos nuestros Guantánamos´ e da estupenda cobertura do centro de medios Rompamos el Silencio que agrupa a webs, xornais, radios e colectivos audiovisuais contrainformativos da Comunidade de Madrid. Unha acción informativa coordinada por Radio Vallekas á que se uniron Radio Contrabanda (BCN) e Radio Geneto (Tenerife), todas elas con CIES próximos.

A acción consistíu na coordinación entre as radios participantes e inmigrantes dentro e fóra dos CIES e contou cun veículo adaptado que amplificaba a transmisión das radios, coma "megafonía". Ademáis, nos días previos se repartiran receptores de radio e tarxetas de tfnos. móbiles entre os familiares intern@s do CIE de Aluche. Cos receptores estes podian sintonizar co que estaba a acontecer en Madrid, Barcelona e Tenerife, mentres que cos teléfonos participaban na transmisión dende o interior dos CIES cos seus valiosos testemuños. Máis información e audios daquela cobertura, aquí.

Na segunda metade do programa conversamos con Suso Bello, quen xunto a Alberto Millán e Fernando Pérez formaban os Chiquilicuatres de Riveira e viñan de editar o traballo "Delitos de Autor", en formato "USB". Un ano antes tiñan participado na IV edición do Conspirando por unha radio libre, o festival para a autoxestión de Rádio FilispiM.

Durante o programa ouvimos música de Dissidenten. Sintonizamos...
Conduce: Pequeno Monstro (17/04/2008).

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...