29 de fevereiro de 2016

Xornadas Libertarias, Ferrol + Marcha Mundial das Mulleres, 25 de novembro + Charla sobre Carvalho Calero - Divertimento (22/11/2007, Rádio FilispiM)

Ricardo Carvalho Calero

(22/11/2007 - arquivo) Edición de Divertimento para pequenos monstros dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán. Neste programa:

  • Axenda local. Xornadas Libertarias. Comentamos as mesas debate organizadas polo Espazo Libertario de Ferrol canto as posicións dos diversos colectivos integrados no Comité de Emerxencia  respeito da pranta de gas de Reganosa, e da mesa sobre o colectivo "Masa Crítica" en Ferrol.
  • Conversa con Noelia da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, verbo do 25 de novembro, Día Internacional contra da violencia de xénero, cuxos actos comarcais se levaron ao cabo, naquel 2007, na praza do Concello de Narón.
  • No estudo José-Martinho Montero Santalha e Alexandre Banhos participantes na mesa debate que aquel día se levou a cabo no Ateneo Ferrolán verbo da figura e obra de Ricardo Carvalho Calero, na reinvindación do Día das Letras (2009) adicada á figura do primeiro Catedrática de literatura e lingua galega. No presente, ano 2016, continúan as reivindicacións, de colectivos e institucións, para que esa dia Día das Letras adicado ao literato ferrolán, sexa posíbel.
Durante o programa ouvimos música do recompilatorio de Sunset-Sunrise, da serie Blue Note Trip (2001).

Conduce: Pequeno Monstro (22/11/2007)

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...