Amosando publicacións coa etiqueta Rádio FilispiM 93.9 FM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rádio FilispiM 93.9 FM. Amosar todas as publicacións

14 de setembro de 2011

Rádio FilispiM retrasmitirá o Foro Social de Ferrolterra [23, 24 e 25 de setembro 2011]



Rádio FilispiM, intentará cubrir o Foro Social de Ferrol Terra ao vivo, do começo à fim, a través de internet poderedes seguir as charlas que se impartirám, se nom podedes assistir ao Foro, Rádio FilispiM achegara o Foro, a vos.

"PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL".
Foro Social de Ferrol Terra [Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011, Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC].

O VENRES 23 de Setembro, Manifestación ás 19:00 hs. e despois unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran as voces indignadas e comprometidas.


SÁBADO 24 de Setembro

09:30 hs.
O Movemento 15-M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.

Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres.
  • Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas.
  • Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.
  • Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.
11:00 hs.
Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?

Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
  • Lois Rodríguez, Cofundador da Asociación de Medios en Galego.
  • Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.
  • Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).
16:00 hs.
Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.

Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
  • Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
  • Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.
  • Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.
17:30 hs.
Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?

Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
  • Merchi Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista.
  • Silvia Bermúdez Pérez, licenciada en dereito, vinculada á FESGA.
  • Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.
  • Vitoria Iglesias, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

DOMINGO 25 de Setembro

09:30 hs.
Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?

Presenta a Mesa: Madalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
  • Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.
  • Martiño Noriega, alcalde de Teo.
  • Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.
11:00 hs.
Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?

Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
  • Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
  • Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
  • Juán Carlos Monedero, sociólogo, profesor, escritor e activista.

Descargar a cunha-promo do especial que realizará Rádio FilispiM

8 de setembro de 2011

Rádio FilispiM comeza a súa sétima grella radiofónica dende o 93.9 FM


Rádio FilispiM comeza a súa sétima grella radiofónica dende o 93.9 FM

O sétimo curso radiofónico, 2011/2012, de Rádio FilispiM, radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, está a piques de comezar.

Rádio FilispiM
é a principal actividade do Colectivo Opaíí! [Ondas Para Activación Información Independente], unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación: a cidadanía. Esta radio está integrada nas redes ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na estatal ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].

Como achegarse ao Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM
Consulta o apartado Quen Somos? no noso blogue [http://opaii.blogspot.com]. Se pensas
que podes aportar colaboración desinteresada á radio libre e comunitaria da nosa
comarca, non dubides en escribirnos ao noso correio electrónico [filispina@gmail.com].

Sesión Vermú.
O vindeiro sábado 1 de outubro realizaremos unha nova Sesión Vermú, presentando a nova grella de Rádio FilispiM, coa emisión dun programa en directo e coa actuación dun grupo ou solista da comarca, aínda por confirmar.

En Rede.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de variadas propostas radiofónicas [informativas, musicais...]. Verbo da emisión de programas doutras radios libres e comunitaras galegas [ReGARLIC], continúan a súa emisión en Rádio FilispiM:
  • PLÁSTICO ELÁSTICO [Rádio Kalimera - Compostela]
  • MOITO DE AKI [Rádio Piratona -Vigo]
  • FOLK IN TRÍO [Cuac FM - Coruña]
Produzón propia.
Moitas das persoas integrantes de Rádio FilispiM, darán continuidade as
súas propostas radiofónicas nesta nova grella:
    • CHOCOLATE POR LA NOTICIA
    • AQUILO QUE VIBRA
    • DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS
    • 80 VINILOS/H
    • LEÑA DURA
    • SIN FRONTERAS
    • ATENTA!
    • CALEIDOSCOPIO
    • O PROGRAMA DO COLECTIVO OPAíí!!
  • En canto a novas propostas radiofónicas de produzón propia, están confirmadas:
    • OFF MENTAL [músicas non habituais]
    • EN TRÁNSITO [culturas]
  • Ademáis, como rádio comunitaria que somos, anunciamos a continuidade na nosa onda das propostas producidas por diversas Asociacións e Colectivos de Ferrol e Comarca, coma:
    • O RECUNCHO [Fuco Buxán]
    • O SOUTO [ADEGA-Trasancos]
    • DIAGNÓSTICO POSITIVO [Comite Anti-SIDA LAZOS]
    • O PINCHACARNEIRO [ASFEDRO]
    • DÁLLE QUE DÁLLE NAS ONDAS [Colexio Rural de Lago-Valdoviño]

6 de setembro de 2011

Retro-evolución - programa de radio piloto.

Este é o audio dun programa piloto proposto polo responsábel do blogue musical chorbyradio.blogspot.com para a xa inminente nova grelha [sétima] de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de cuxos contidos informaremos en breve.

O programa leva o título de Retro-evolución e atópase en fase de escoita e aprobación pola Asemblea do Colectivo Opaii!-Rádio FilsipiM.

A súa periodicidade será semanal e a súa duración de 6o m. O seu padrinho radiofónico sería o Pequeno Monstro.

Chorbyradio tivo as súas primeiras incursións radiofónicas nas últimas edicións do programa 80 Vinilos/h [Rádio FilispiM], donde apresentaba a sección internacional "Sons do máis aló" e cuxos audios podes atopar neste mesmo blogue.

Segúndo o seu condutor, Retro-evolución vai ser "un progama de música de xeito global, onde poida caber todo. Pero sobor de todo, poñer grupos que non sexan moi coñecidos, ou temas pouco coñecidos de grupos famosos. Por exemplo, moitos coñecemos os singles de moitos grupos importantes, pero hai temas deles nos Lps o nas caras b de singles e maxi que pasaron desapercibidos e teñen moita calidade. Tamén grupos que xa casi que non se escoitan nas emisoras convencionais e que xon de escasa difusión. Grupos e artistas que dun xeito palpable ou non fixeron ca música dese un pasiño cara adiante".

"Todo esto facendo unha pequena exposición do grupo, así como do tema, facendo fincapé nas cualidades do tema, así como, si xurde, alguhna anécdota sobor do grupo. Álgunhas veces se podería facer temas sobor dun grupo, e logo, a partir dese mesmo grupo ramificalo, e dicer, si algún membro fixo algo en solitario, si fixo producción para outro grupo, si colaborou con outor grupo, si o grupo tivo varias foramacións. En definitiva, poñer música en en xeral de todos los tempos e todos los estilos pero que non sexa moi escoitada hoxe en día."

Descargar o audio

28 de maio de 2011

Audios ACAMPADA FERROL [Praza de Armas] - Radio FilispiM, Sábado 28-05-2011

Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Voluntari@s achegan alimentos @s acampad@s na Praza de Armas.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Coordenador@s explican o seu traballo, as últimas novas [posíbel desaloxo, concertos do sábado a noite...], nos ensinan o campamento por dentro. Ademáis falamos con tres rapazas que se atopan no seu interior.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Organización en Grupos de Traballos da Acampada Ferrol, protocolos de actuación.



Descargar o audio


Audio de Rádio Filispim, 93.9 FM [28/05/2011] - ACAMPADA FERROL: Moz@s achéganse a Praza de Armas carregados de mochilas e unha tenda, explican o porqué e animan a tod@s @s moz@s da comarca a achegarse acampar e participar.



Descargar o audio

22 de maio de 2011

Programa especial encontro ReGARLIC [Ferrol, 21-05-2011]

Programa especial gravado o 21 de maio de 2011 cara as 16:00 h, logo da asemblea da ReGARLIC [Rede Galega de Rádio Livres e Comunitárias] celebrada en Caranza-Ferrol, no local de Rádio FilispiM.

Na asemblea da ReGARLIC participaron as emisoras: Rádio Piratona [Vigo], Radio Roncudo [Corme], Cuac FM [Corunha] e Rádio FilispiM [Ferrol-Trasancos].

Logo do xantar os integrantes Rádio Roncudo [Juanito], Cuac FM [Manu e Lolo] e Rádio FilispiM [Iago, Miguel, Pablo, Cholo e o Pequeno Monstro], conversaron nas ondas de Rádio FilispiM, 93.9 FM, verbo dos acordos tomados e outras cuestións.

Este é o audio dese programa especial:



Descargar o audio

27 de xaneiro de 2011

Audios programa especial Rádio FilispiM Folga Xeral 27/01/2011




Este xoves 27 de xaneiro de 2011, Rádio FilsipiM emitiu un programa especial dende as 8:00 h. da manhá, seguimento da FOLGA XERAL na nosa comarca.

Todas as voces, as incidencias, minuto a minuto en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Moitas foron as que participaron chamando ao teléfono de directo: 981 371040.

Agora podes escoitalo en diferido na nosa onda e máis ao través do seguinte pod-cast. Faite oir!!!



Descargar a PRIMEIRA PARTE do programa especial



Descargar a SEGUNDA PARTE do programa especial

25 de xaneiro de 2011

Programa especial seguimento da FOLGA XERAL en Rádio FilispiM, este xoves.


Este xoves 27 de xaneiro de 2011, Rádio FilsipiM emite un programa especial dende as 8:00 h. da manhá, seguimento da FOLGA XERAL na nosa comarca.

Todas as voces, as incidencias, minuto a minuto en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Participa chamando ao teléfono de directo: 981 371040.

Lembra, este xoves 27 de xaneiro a partir das 8:00 da manhá, todo o que tes que saber da Folga Xeral, está en Rádio FilispiM, a radio na rúa. Faite oir!!!



Descargar e difunde a cunha

7 de xaneiro de 2011

Fotos e audio programa Especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30-12-2010]




Tal e como comentamos e prometimos en anterior entrada, estas son as fotos que tiramos no programa especial Fin de Ano no estudio de Rádio FilispiM.

O pasado día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.

Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM [Caranza], e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, bombóns, pastel de xamón e queixo, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!

Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...

No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Suso, Marta, Roli, María, Nes, Lupe...

Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... pasámolo ben.

Este é o audio do programa:


Descargar o audio

Estas son as fotos:

31 de decembro de 2010

Programa especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30/12/2010]



Ontes día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.

Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM, e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!

Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...

No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Marta...

Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... En defintiva, pasámolo moi, moi, ben.

A gravación do Programa Especial Fin de Ano Filispiniano, poderase escoitar en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM:
- Sábado 1 de xaneiro de 2011, a partir da 1:00 h. da madrugada.
- Domingo día 2, a partir das 18:00 h.
- Luns día 3, a partir das 15:00 h.

Ficades co audio. En breve colgaremos as fotos da programa Fin de Ano.

Descargar o audio

17 de decembro de 2010

A nova imaxe do estudio de Rádio FilispiM [93.9 FM, Ferrol]

O Colectivo Opaíí!, sempre en azón, vén de realizar melloras no novo estudio de Rádio FilispiM en Caranza [Ferrol].

Como saberás, Rádio FilispiM é a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol dende hai cinco anos. Proba a sintonizala no 93.9 FM, porque te sorprenderás dun outro xeito de fazer e ouvir radio.

Estas son algunhas das imaxes que se tomaron das melloras.

Ademáis vén de instalarse unha liña telefónica fixa e unha conexión a internet, para termos a información fresquinha sempre presente cada quen no seu programa.

Agora só falta que ti mesma te pases a disfrutalas, así que xa sabes...

1 de decembro de 2010

Orde de desaloxo do CSO Casa das Atochas [Coruña] + Audio entrevista 30-12-2008


Chéganos este comunicado ursente do CSO Casa das Atochas en A Corunha. O vindeiro xoves 9 de decembro de 2010 podería ter lugar un intento de desaloxo.

Ao final do comunicado déixovos cun audio de Divertimento [30/12/2008], donde tivemos ocasión de falar con un dos integrantes da asemblea deste centro social de A Coruña.

Nas vindeiras edicións de Divertimento ampliaremos información.

Comunicado:

ALARMA! orde de desaloxo.

Xa están aquí![espertando o pesadelo].

Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir.

Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo.

Tres anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián. Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social.

Tan só 3 anos…, como pasa o tempo…

Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos!

Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí.

Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen.

Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.

Hoxe é agora, e agora é o momento. Hoxe por todxs e mañá tamén.

AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.

Amosa o teu apoio ao C.S.O. Casa das Atochas entrando aqui:

Adhesión Colectivos: descarga
Adhesión Persoas humanas: descarga
Envía a túa adhesión a: contacto@asadasatochas.info
+ info en: http://www.casadasatochas.info

30 de setembro de 2010

Rádio FilispiM realizou un programa especial, seguimento da Folga Xeral do 29-S, en directo.


Rádio FilispiM realizou um programa especial de 2 horas e media cubrindo a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, o programa foi realizado na manhá do 29, de 11:30 a 14:00hs.

Podes escoitar diferentes intervençons de pessoas que assistirom aos piquetes, às diferentes manifestaçons e actos convocados na comarca assim como chamadas telefónicas e parte dos discursos finais das manis.

Descargar o audio

27 de setembro de 2010

Rádio FilispiM, realizará un programa especial Folga Xeral, 29S.


Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este xoves 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ou centros de traballo, ao través do noso telefone de directo 675.431.341, ao que ti mesmo poderás chamar para contarnos que [te] está a pasar.
Participa!!!

Escoita e redifunde a cunha que elaboraron:

24 de setembro de 2010

Rádio FilispiM, abre o prazo presentación de propostas radiofónicas para o curso 2010/2011.

Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM

Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” do blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.

O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.

Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.

Ferrol, 24 de setembro de 2010.
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.

22 de setembro de 2010

As probas de son de Rádio FilispiM á descoberta!!!

Chégannos máis detalles do acontecido durante as probas de Rádio FilispiM.

Ademáis dun intento de asasinato [como poder verse na foto que acompaña esta entrada;-], non se perdan o documento sonoro. Arrasa!

Documento sonoro histórico que ten que ver co acontecido durante as probas de emisión e son de Rádio FilispiM, logo do traslado ao novo local en Caranza [Ferrol].

O audio ten capítulos emocionantes, outros alucinantes, surreais e incluso delirantes. Sempre con bon humor e comezando por rirnos de nos mesm@s, como ten que ser.

Lembra que podes comentarnos neste blogue como se escoita a nosa sintonía dende o cambio que fixemos do noso "centro emisor" [Caranza]. Inda que todo indica que a nosa sintonía agora chega moito mellor aos diversos bairros trasanqueses, queremos completar ese mapa filispiniano.

Rádio FilispiM, 93.9 FM. Sen dúbida, non há cosa igual no dial.

Descargar o audio

19 de setembro de 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM.

Chéganos este comunicado do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM:

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes do traslado [a historia paso a paso]. O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM [2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!



Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.

3 de setembro de 2010

Que carallo está a pasar en Rádio FilispiM?

Son moitas xa as preguntas sen resposta, moitas xa as semanas "suspendidas no dial". Moit@s @s filispin@s vagando sen rumbo polos bairros do lugar, como zombies.

Todo aconteceu no mes de xunho do 2010, ou mellor sería dicir todo mudou...

Mais é hora xa de que o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, vaia soltando prenda e nos dea pistas do que realmente está a acontecer, do porque deste parón nas súas emisións, logo de cinco anos de transmisións finispinislándicas ininterrompidas [agosto de 2005].

En breve teredes a solución a este sudoku do caralho, mais de momento a seguir especulando.

Polo de agora deixámovos con estas fotos tiradas no momento e lugar dos feitos [xunho de 2010, estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán].

Mais, ti que pensas de todo isto?. Están de conha en Rádio FilispiM?. Tentan despistarnos unha vez máis?. Éche un experimento máis con obscuras intencións?. Unha outra Conspiranción?. Porque andan a desmontar as equipas técnicas?. Levan alta tensión eses cables que coroan a testa d@lgúns d@s filispin@s?


Continuará...

3 de xullo de 2010

Estrano comunicado do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM


Os Pequenos Monstros ficamos desconcertadas ao recibilo. Nós, limitámonos a volo transcribir tal como chegou:


Estimad@s filispin@s, tod@s:

O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todas e todos coñecésemos as razóns de tal “apagón” logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas [cumpriríanse en agosto deste 2010].

En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.

Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.

Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita do blogue: www.opaii.blogspot.com. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé da noticia.

Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:

OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.

OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.

OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!

OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].

OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de
Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.

OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.

OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.

OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!

OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… So tes que clicar no reprodutor de abaixo.

OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.

OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.

Agora xa podedes votar no panel que habilitamos na marxe superior dereita do blogue do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM de Ferrol e Trasancos.

En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando.

Escoita a Radio FilispiM suspendida no Dial


8 de xuño de 2010

Reportaxe CNT - [Manifestación Folga Xeral Empregadas Publicas - Ferrol 08/06/2010]

Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT na manifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]

Descargar o audio

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...