19 de setembro de 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM.

Chéganos este comunicado do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM:

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes do traslado [a historia paso a paso]. O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM [2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!



Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...