28 de dezembro de 2012

DIVERTIMENTO - Secuestro do neno Xesús - O PP usurpa a sede do Ateneo Ferrolán - Fernando Barroso & Luis Peixoto: Pop...

Pleno do Concello de Ferrol [27/12/2102] donde o PP local  consumou a usurpación 
do local do Ateneo Ferrolán  [imaxe: Diario de Ferrol]

Edición do xoves 27 de decembro de 2012, coma sempre DÚAS HORAS de Divertimento.


Neste programa:
  • Novas locais, convocatorias [m. 11]
  • No estudio da FilispiM,  José Luis Díaz, exCoordinator Radio Kaos desaparecida radio universitaria de Serantes-Ferrol, cunha sesión musical titulada: "da nenez ao Kaos". [min. 20]
  • Secuestro e liberación no Neno Xesús en Compostela. Comunicados do Colectivo FARTAS. [min 63].
  • Pleno do Concello de Ferrol do 27 de decembro de 2012, ante un outro secuestro: o do local do Ateneo Ferrolán por parte do grupo de Goberno do Partido Popular e a complicidade de Independentes por Ferrol que pasarán a historia por refrendar coas súas decisións maioritarias e absolutistas a súa infinita capacidade destructiva, liberticida e culturicida na cidade de Ferrol.
  • No estudio da FilispiM, Fernando Barroso, veciño e músico de Caranza,  que xunto a Luis Peixoto veñen de gravar un álbum de música de raiz, misturas e de cordas pulsadas, titulado "Pop" [min. 86] 
  • Axenda de concertos, convocatorias e sidra... por un tubo.
Ademáis, disfrutamos da música do último álbum de ZENZAR [Váise armar] das cantareiras de LEILÍA.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.




Se es unha radio libre que redifunde Divertimento descarga con maior cualidade de son neste enlace: [temporal]: Download episode

Sintoniza: 93.9 FM - Ferrolterra 

Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta "DIVERTIMENTO"].

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...