14 de dezembro de 2012

DIVERTIMENTO - Ateneo Ferrolán - VendesevendeFerrol - Parador de Turismo [13/12/2012]

Edificio do Ateneo Ferrolán.
R/ Madalena, 202 -Ferrol
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9FM [xoves 13/12/2012]. Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contiúdos:

- Conexión cos traballadores do ATENEO FERROLÁN, que na manhá deste xoves entraron na súa sede da R/Madalena, pese aos impedientos do Concello de Ferrol e depregraron unha grande faixa. Animan a todos a pasarse pola súa sede e comprobar que ben quedou todo [a partir do minuto10].

- Conexión coa Área da Muller da Asoc. FUCO BUXÁN, ante o DEBATE SINDICAL que tivo ugar este xoves na súa sede en Caranza [CCOO, UGT, CIG, USTG, CNT]. Ao telefone, Susana Alaniz [a partir do m. 39].

- VENDESEVENDEFERROL. 2ª edición deste mercadiño alternativo de segunda mao, artesanía local e actividades paralelas. Sábado 15 de decembro en Canido. No estudio Laura Cunha [a partir do m. 29].

- PARADOR DE TURISMO. Ante o anuncio do seu feche e despedimento do seu cadro de persoal. No estudio, Ana Rodríguez e Yolanda Galdo, traballadoras e representantes sindicais [a partir do m. 55].

- AXENDA DIVERTIMENTO, recomendacións de concertos na comarca [a partir do m. 90].



Todos os programas en: Etiqueta "Divertimento".

1 comentário:

  1. Un programa impresionante.
    VCE son un grande grupo e grazas por poñelo no teu programa así coma as súas influenzas, que sirven de orientación para moitos.
    Saúdos sintéticos.

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...