13 de outubro de 2011

OFF MENTAL [outras músicas ] programa 1

 Durutti Column [Vini Really]

Primeiro programa en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouviremos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Este programa que hoxe nace está inspirado no Bumerang, programa de radio apresentado por Agustín Galán a mediados dos 80s, na desaparecida Radio Cadena Española [RCE] reconvertida xa nos 90 en Radio 5 [RNE]. A súa forma de entender a música, de maneira ampla e sen fronteiras, tivo unha fonda influencia en min. Moitas daquelas músicas e artistas que descubrín no Bumerang, van soar tambén en OFF MENTAL, xunto con outras novas e sempre procurando o noso propio camiño.

Neste primeiro programa:
- DURUTTI COLUMN - Sintonía - Florence Sunset.
- DURUTTI COLUMN - Red Shoes.
- DURUTTI COLUMN - For Madeline [II].
- JOY DIVISION - Transmission.
- LOW [Tributo a Joy Division] - Transmission.
- SUBMARINE [Tributo a Joy Division] - Transmission.
- MASALA - Jart Jungle.
- HAROLD BUDD, DANIEL LENTZ, JESSICA KASSAKER - Kiss
- MILITIA - Su Santidad.
- HOWARD, HAYWARD, FRITH,LASWELL - Mingle.
- JAPAN - Gohsts.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - September.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - The boy with the gun.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)


Descargar programa


Descargar cuña promo OFF MENTAL



2 comentários:

  1. Na túa liña, un moi bo programa. Personal e interesante.
    Coñecía a maioría. Algúns máis polo nome que por suas obras.
    Por certo, parece ca música de Japan percorre os nosos programas. Ja,ja,ja.
    Tiña pensado poñer a Japan no seguinte programa, mais o facelo ti, no creo que teña moito senso poñelo de novo.
    E curios, é un grupo que no é dous meus favoritos, nembargantes ten algo que cada día que pasa engancha mais.
    Meus parabens por esta nova e interesante proposta.
    Me declaro Off-mentalista.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas! É o primeiro programa, dalgún xeito tiña que arrancar! A pretensión e fazer algo similiar ao que fazía Agustín Galan en Bumeráng de Radio Cadena, non sei se lembras. Para min é unha referencia canto a amplitude musical.

    Hai que poñer a Japan, da igual que o poñe eu!!! Gosto moito de Japan e de David Silvyan en solitario e das súas colaboracións con tipos realmente sospeitosos [Sakamoto, algún integrante de CAN...]

    Benvido ao clube dos off-mentalistas!!!

    Apertas!

    andré

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...