25 de outubro de 2011

Novo sitio de subidas de programas [Off Mental, Divertimento para pequenos monstros].

MOI IMPORTANTE!!!. ATENCIÓN!!!

O portal blip.tv non admitirá máis subidas en formato .mp3 a partir do mes de decembro de 2011.

Como consecuencia, este sito non admitirá máis audios de ningunha das produzóns que vimos de realizar dende P.I.D. [Produzóns Imaxinarias Divertimento]-> "Off Mental", "80 Vinilos/h" e "Divertimento para pequenos monstros"].

Así, emplazámosvos ao que será o noso novo sitio de subidas de programas: http://ivoox.com
Accedede a ese novo sitio e na barra de pesquisas búscadenos coma "Divertimento para pequenos monstros, "Off Mental" ou "Rádio Filispim".

Respeito aos centos de audios que vimos subindo ao blip.tv dende hai anos, agardamos que este servizo non anule os enlaces, de maneira que sigan a estar dispoñíbeis on-line. En calquer caso, os audios e contidos adicionais seguirán enlazados [na medida en que se solventen todos estes atrancos] neste mesmo blogue [http://pequenosmonstros.blogspot.com]

Moitas grazas por seguirnos e disculpade as molestias as que somos totalmente alleos e das que nos informou o portal blip.tv mediante correio electrónico hai unha semana.

Lembrade, o noso novo sitio para podcast é: http://ivoox.com [na barra de buscas, procurádenos coma "Off Mental", "Divertimento para pequenos monstros" ou mesmo "Rádio Filispim"].

Saúde.

Pequeno Monstro.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...