21 de dezembro de 2010

Divertimento - Unha tarde coas nenas do Colexio de Lago [Valdoviño] e o Apalpador.

Última hora!!!

O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM , donde seis nenas entre tres e cinco anos do Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele.

Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar algunhas panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.

O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.

Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!

Divertimento para pequenos monstros ben sendo un programa que emite Rádio FilispiM que tambén podes ouvir como podcast.

Descargar o audio


Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...