
- Guinga. O guitarrista brasileiro agredido no aeroporto de Barajas, do que ademáis ouvimos a súa música.
- Novidades na grella de Rádio FilispiM. Centramos hoxe a nosa atención no programa Marca Branca, producido por Rute Correia para Rádio Zero de Lisboa e que dende hai algunhas semáns tambén difunde a FilispiM.
- A Fundazón Vía Galego, para o fomento do intercambio cultural con outros territorios dentro do universo lingüístico galego-portugués.
- O sindicato libertario CNT obtén un veredito favorábel fronte á SGAE.
Todos estes contidos aderezados de boa música. Deixámovos co audio para aqueles aos que non vos chegan as ondas filispinianas. Agardamos que gostedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!