21 de xuño de 2009

Rádio Filispim despide a súa cuarta grella a todo tango.

Rádio Filispim vén de despedir a súa cuarta tempada radiofónica no ár ferrolterráqueo.

O pasado 30 de maio de 2009, o Ateneo Ferrolán acolleu a VI Sesión Vermú da Radio Filispim, para celebrar o fin do curso radiofónico. Hoxe vos oferecemos as fotos que testemuñan que todo o prometido nas cuñas e cartazes que anunciaron o evento foi certo: tango en acustico e directo, riquísimos pinchos, vermú de vicio e filispin@s en escabeche.

A Rádio Filispim tómase un relativo descanso até outubro, mais durante este tempo o dial "filispiniano" continuara carregado de boa música, estupendos programas de produzón allea e valiosos contrainformativos. Para máis información sintoniza o teu dial no 93.9 FM.

Por outra banda, o Colectivo Opaíí! convoca unha asembleia xeral extraordinaria para este domingo 28 de xuño de 2009, no que van tratar diversos temas de vital importanza para a vida filispiniana neste planeta.

Máis nada. Polo de agora, deixámosvos coas fotos que @s filispin@s tiraron na VI Sesión Vermú despedida da grella 2008/2009 de Rádio Filispim!!!

19 de xuño de 2009

En Uruguai o Estado ameaza con silenciar as radios Comunitarias.

En Uruguai, o Ministerio de Industria, Enerxía e Minaría vén de determinar que todas as radios Comunitarias que están a emitir no país (as non financiadas por organismos públicos ou empresas privadas) non cumpren cos requisitos para acceder a unha licenza de radiodifusión. Así, os equipos das 100 radios Comunitarias que emiten no Uruguai, van ser incautados. Ista medida baséase nunha lei imposta en 1977, durante a ditadura militar.

Informa Jorge Pereyra, de Radio É, en Uruguai.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

8 de xuño de 2009

Aberto por reformas pechado por Alberto.

"Pechado por Alberto", este podería ser o cartaz que colga no estudio da Radio Galega, onde o Xurxo Souto e o Vituco Neira viñan de realizar o espazo radiofónico que máis apostou, divulgou e asentou a música de base galega nos últimos anos, Aberto por Reformas.

Ise lado miserábel do subsconsciente colectivo dunha boa parte do pobo galego, donde a propia lingua e o propio acento convértese nun problema (severo) vén de aparecerse descarado nunha toma de decisión que exemplariza o auto-odio que nos temos e o que nos agarda...

De vén atrás é coñecida a capacidade comunicadora do Xurxo, un estupendo laretas coñecido pola súa contribuzón a cultura contemporánea galega (propia) ao través dos seus relatos, historias, músicas e activismo radiofónico ("A Tropa da Traia", Radio Coruña).

O Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, tivo ocasión de comprobar como ise cascarilleireo de Monte Alto, embarcado dende había uns anos na radio pública da Galiza, tiña tempo para achegarse a Vila Podre (Ferrol) e contribuir a consolidación do proxecto da radio libre e comunitaria que emite dende estas terras, xunto ao resto da súa banda, Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal. Foi un 13 de abril do ano 2006, no local social de San Carlos en Esteiro, no transcurso do III Conspirando por unha radio libre. Aínda nos acordamos os monstros.

Quero dicir, que Xurxo Souto estivo, estaba e estará sempre coa cultura de base galega (propia) e que a reacción que ten ocasionado o seu cese fulminante na Radio Galega e o silenciamento de todo ise traballo de consolidación antes comentado, semella o máis normal en todo este asunto ben cheo de absurdos.

Eu, agardaba que algo así acontecera pois forma parte da miseria dos medios controlados polos poderes públicos, mais no caso do Aberto por Reformas, ten sido certamente insultante que o programa continúe a emitirse co mesmo título e que o primeiro tema que teña soado na súa "nova andaina" sexa un de Bruce Springsteen... que queren que lles diga... que queres que che diga Xurxo... vente p'a FilispiM!!!

Pague a pena amplificar esta cuestión para fazérmonos a idea da miseria que nos agarda, cos Albertos e compaña. Así que ao pé vos van uns enlaces ben fermosos e algúns ben activos (cousa esta última importante) para que conspiredes, pequenos monstros.

En breves máis información pois semella que se está a argallar unha ben gorda, en apoio ao Xurxo e ao Vituco, cousa que é ben bonita e fermosa.

Pequeno Monstro.

- Ghastas Pista
- Agal-Gz
- Facebook de Xurxo
- Komunicando-1
- Komunicando-2
- Vieiros
- Abretedeorellas

4 de xuño de 2009

Manifestación-Roteiro contra Reganosa e os seus monaguillos. Venres 5 de xuño de 2009 en Ferrol.

O venres, 5 de Xuño, aconteceu umha nova Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría.

Perto de trescentas pessoas xuntaronse polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a nossa fermosa Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos.

Com motivo deste acto reivindicativo, Rádio FilispiM, 93.9 FM organizou um programa especial que cubriu em directo a manifestaçom, com micrófono aberto para os ouvintes, que chamaron ao teléfono do estudo [675 431 341] desde as 20 h. para dar a súa opiniom.

Agora, em diferido podes ouvir o programa especial íntegro neste reprodutor:
Descargar o arquivo


Nestoutro ouvirás a cunha que realizaron os da FilispiM:
Descargar a cunha

2 de xuño de 2009

Máis sobre a Rede estatal de Medios Comunitarios, a ReMC.

No Estado español, o pasado domingo a Rede de Medios Comunitarios constituír legalmente para defender o dereito a crear medios comunitarios e reivindicar un espazo público de comunicación que garanta a existencia e o desenvolvemento do Terceiro Sector da Comunicación.

O proceso de constitución legal da ReMC, como se coñece á Rede de Medios Comunitarios polas súas siglas, comezou no ano 2005, cando diversos medios comunitarios reuníronse para analizar a realidade do seu traballo diario, identificar dinámicas comúns e retos. Ao longo destes anos no proceso participaron máis de cen proxectos e colectivos de comunicación social de todo o Estado español, entre radios e televisións comunitarias, proxectos de prensa escrita e Internet.

Rubén Bermejo, de ECO Leganés, emisora comunitaria de Leganés, que forma parte da RemC, entrevista a Mirian Meda, de Radio Ritmo, de Xetafe, elixida presidenta da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

29 de maio de 2009

Entrevista a nai de Carlos Palomino.

Mavi Muñoz é a nai de Carlos Palomino, o mozo antifascista de 16 anos que foi asasinado no metro de Madrid por Josué Estébanez, un militar profesional español afín ao grupo e partido político ultradereitista Democracia Nacional en novembro de 2007.

Carlos foi apuñalado mentres asistía cos seus compañeiros a protestar pola manifestación contra os inmigrantes convocada polo partido ultradereitista no barrio madrileño de Usera.

O que segue é o vídeo no que Carlos é asasinado.



A seguir, podes ouvir a entrevista a súa nai, quen continúa a loita contra o fascismo. Para iso creou xunto a outras moitas persoas a Asociación de Vítimas do Racismo, o Fascismo e a Xenofobia. O programa A Rexión Perdida, da emisora comunitaria Radio Vallekas, entrevista a Mavi Muñoz.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

25 de maio de 2009

VI Sesión Vermú de Rádio FilispiM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8sIvAmHOb5_Am5I9TAF9oMXR6o6TaQmMSTWrV8BnsmU4ufWxoJMW9p456HAA1Xlo4m8DeawDAmR6LqNvPLY6YoohuNuuKeG-LURJgeFth9hyphenhyphenf6KdR8q29CzqbRTEp3s-pnxY4EYYMloE/

Rádio FilispiM, presenta a VI Sessiom Vermú.
Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, acontecerá una nova Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán.

A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs no Ateneo Ferrolán. A actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos.

Como novidade, haberá sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.

Nom faltedes!! ;)

24 de maio de 2009

Constiuda a Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC].

A Rede de Medios Comunitarios, REMC, do Estado español, culmina este fin de semana un proceso que durou varios anos para establecer un espazo de coordinación e traballo colectivo, que aínda que xa viña desenvolvendo, agora dá o paso de constituírse legalmente como unha unión de Asociacións con proxectos de comunicación social e comunitaria.

A Rede xa realizou catro encontros, en Madrid, Salamanca, Toledo e Bilbao, e este fin de semana vólvense a xuntar en Madrid para a aprobación de estatutos. A idea tamén é realizar, nos próximos meses, un encontro amplo en Barcelona, para continuar co proceso de adhesións e establecer as liñas de acción prioritarias.

Hai que recordar que a REMC critica duramente que no Estado español "non se reserven espazos no dial radiofónico" para radios alternativas nin haxa "fondos públicos para promover os medios de comunicación sen ánimo de lucro xestionados por cidadáns". Así mesmo, cre que "non se garante" que a cidadanía poida "crear medios en plataformas dixitais ou outros soportes".

Escoita a entrevista a Javier García, da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

22 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 2da parte.

Divertimento para pequenos monstros despídese desta grella da Rádio FilispiM, coa prometida segunda parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina.

Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.

No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."

Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimento reivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.

Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas procurando nestes mesmo blog.


Descargar o audio


Se vos cadra podemos rematar así:

Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

Nota: enlaces doutros blogs que falan desta entrada:
http://artabra21.blogspot.com/2009/06/convidamos-que-tomedes-un-pouco-de.html
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...