A Rede de Medios Comunitarios, REMC, do Estado español, culmina este fin de semana un proceso que durou varios anos para establecer un espazo de coordinación e traballo colectivo, que aínda que xa viña desenvolvendo, agora dá o paso de constituírse legalmente como unha unión de Asociacións con proxectos de comunicación social e comunitaria.
A Rede xa realizou catro encontros, en Madrid, Salamanca, Toledo e Bilbao, e este fin de semana vólvense a xuntar en Madrid para a aprobación de estatutos. A idea tamén é realizar, nos próximos meses, un encontro amplo en Barcelona, para continuar co proceso de adhesións e establecer as liñas de acción prioritarias.
Hai que recordar que a REMC critica duramente que no Estado español "non se reserven espazos no dial radiofónico" para radios alternativas nin haxa "fondos públicos para promover os medios de comunicación sen ánimo de lucro xestionados por cidadáns". Así mesmo, cre que "non se garante" que a cidadanía poida "crear medios en plataformas dixitais ou outros soportes".
Escoita a entrevista a Javier García, da Rede de Medios Comunitarios.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!