As asociacións abaixo asinantes
CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE . Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.
Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.
Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do
Día Internacional das Persoas Inmigrantes , un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.
Sábado 17 de decembro de 2011, a partir das 11:00 h:
Música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade
- Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto.
Programa en directo de Rádio FilispiM, 93.9 FM ->
http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n
ARGALLAN:
A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de FerrolTerra - Lazos Pro Solidariedade
[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar ]
comiteantisidaferrol@gmail.com http://comitelazos.blogspot.com/ Audio c unha elaborada por Rádio FilispiM:
Portada álbum Dolphin Smiles [Steve Kindler & Teja Bell]
Oitavo programa en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- MIND OVER MATTER – Changes Of Being (Fire) – [Music For Paradise, 1987] .
- MIND OVER MATTER – Being Home Again (Earth) - [Music for Paradise, 1987] .
- KATE BUSH – Moving [The Kick Inside, 1978] .
- KATE BUSH – The Saxophone Song [The Kick Inside, 1978] .
- NATALIE DESSAY – Aria Ich habe genug [Cantata Ich habe genug – BWV 82.a – J.S. Bach] – Le Concert d´astrée. Dirix. Ennmanuelle Haïm.
- NATALIE DESSAY – Recitativo Ich habe genug [Cantata Ich habe genug – BWV 82.a – J.S. Bach] – Le Concert d´astrée. Dirix. Ennmanuelle Haïm.
- STEVE KINDLER–TEJA BELL - Introduction (The Dolphin Suite) – [Dolphin Smile, 1987 ].
- STEVE KINDLER–TEJA BELL - Dolphin Smiles (The Dolphin Suite) -[Dolphin Smile, 1987].
- STEVE KINDLER–TEJA BELL - The Dolphin´s Dream (The Dolphin Suite) -[Dolphin Smile, 1987].
- STEVE KINDLER–TEJA BELL - The Dolphin´s Dream (The Dolphin Suite) -[Dolphin Smile, 1987].
- STEVE KINDLER-TEJA BELL - Dolphin Play (The Dolphin Suite) - [Dolphin Smile, 1987].
- STEVE KINDLER-TEJA BELL - Leeward Sail [Dolphin Smile, 1987].
- STEVE KINDLER-TEJA BELL - Sounding (extracto) - [Dolphin Smile, 1987] .
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Edición do xoves 01/12/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en
Rádio FilispiM, 93.9 FM. Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.CONTIDOS:
- ENTREVISTA a Marcos e Filipe do novo xornal dixit al PRAZA PÚBLICA , apresentado o pasado xoves en Ferrol [Galería Sargadelos].
- NOVAS: Audio Radio Kalimera "Conde Roa Mix", Centros Sociais Compostela, La Maruja e as "medallas de honra" do Alcalde de BCN.
- ENTREVISTA a Elvira Souto do Colectivo ESCULCA [Observatório para a defensa dos direitos e liberdades] . Fálannos de quen son e do seu interés polo caso dos nenos chineses esclavizados no buque Lafayette, que estivo no Porto de Ferrol e marchou.
- ENTREVISTA ao denunciante do caso Lafayette [meninhos chineses esclavizados nun barco atracado no Porto de Ferrol e que nestos momentos viaxa sen destino coñecido].
- AXENDA Divertimento.
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
Erik Leslie Satie, irrepetíbel.
Sétimo programa en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa: - ERIK SATIE – Gymnopèdie nº 1 [Piano: Pascal Rogè]. - ERIK SATIE – Gymnopèdie nº 3 [Piano: Pascal Rogè]. - CLAUDE DEBUSSY – Gymnopèdies nº 1 et nº 3 [E. Satie] para orquestra [I Cameristi. Orchestra da Camera di Trento Verona. Dirix. Diego Dini Ciacci]. - GABRIEL FAURÉ – Pavane Op. 50. - GABRIEL FAURÉ – Siciliana Op. 78 [Cello: Anssi Kartunnen, Piano: Tuija Hakkila]. - GABRIEL FAURÉ – Pie Jesu – Requiem [Hungarian Chamber Orchestra. Maja Roodveldt, soprano. Dirix. Pieter-Jan Leusink]. - GABRIEL FAURÉ – Sanctus – Requiem [Hungarian Chamber Orchestra. Holland Boys Choir. Dirix. Pieter-Jan Leusink]. - MIND OVER MATTER – Music for Paradise [extract] – [Klaus Hoffman Hoock, Innovative Communication , Lp 1986. CD 1991 ].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Offmentalizate!Facebook.
Edición do xoves 24/11/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en
Rádio FilispiM, 93.9 FM. Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.CONTIDOS:
- A policia okupa a Sala Iago , previo desaloxo da mocidade activa. Música e coros: Conde Drogas [PP]
- EMUGA [Radiofusión]: no punto de mira da DX de Medios
da
Xunta de GZ.
- Que se coce no "Porco" Exterior de Ferrol [Prioriño]? No estudio unha activista medioambiental da SGHN.
- Axenda Divertimento , para desintoxicarnos.
Portada triple álbum Andrew Poppy On Zang Tuum Tumb [ZTT Records]
Sexto programa en
Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- BSO "La Luz Prodigiosa" ENNIO MORRICONE - A Dulce Luminosa [Orchestra Nueva Roma Sinfonietta].
- BSO "La Luz Prodigiosa" ENNIO MORRICONE - La Luz Luminosa [Orchestra Nueva Roma Sinfonietta. Voz: Dulce Pontes. Letra: F.G. Lorca].
- ENRIQUE MORENTE - Adan [Omega, 1996 - Voz: Morente. Guitarra: Isidro Muñoz. Letra: F.G. Lorca].
- ENRIQUE MORENTE e LAGARTIJA NICK - Vuelta de paseo [Omega, 1996 - Voz: Morente. Guitarra flamenca: Cañizares. Coros: Antonio Arias. Grupo: Lagartija Nick Muñoz. Letra: F.G. Lorca].
- ANDREW POPPY - The Object is a hungry wolf [The Beating of Wings, ZTT Records, 1985].
- ANDREW POPPY - The Amusement, 12" version [The Amusement, ZTT Records, 1987].
- ANNE PIGALLE - Why does it have to be this way? [Everything could be so perfect, ZTT Records, 1985].
- PROPAGANDA - Frozen Faces, 12" version [Recop. Outside World, ZTT Records, 2002].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Offmentalizate! Facebook.
E dición do xoves 17/11/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en
Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
CONTIDOS:
X Xornadas Libertarias Ferrol . No estudio Xabi Porto [Unión Libertaria] e María del Prado Esteban Diezma [libertaria].
Novas: Acampada Ferrol volve á Praza este venres + sancións teleco a radio QK [Ovieu] + Sanción SGAE a Rádio Pica [BCN]
Enquisa a pé de rúa. D e cara ao 20-N, preguntamos: "azul, vermello, branco... ou negro?"
Radio Kaos [Ferrol]. Lembranza a radio universitaria "liquidada". No estudio Pepe Luis Díaz, "Koordinator".
Axenda cultural Divertimento.
Audio da enquisa a pé de rúa..
John Coolidge Adams, compositor minimalista.
Quinto programa en
Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- JOHN ADAMS - Tourist Song
[Hoodoo Zephyr, 1992].
- JOHN ADAMS - Violin Concerto - Toccare [Chloë Hanslip, violín. Royal Philharmonic Orchestra. Dir.: Leonard Slatking].
- ANDREW POPPY - 32 Frames for Orchestra [The Beating of Wings, ZTT 1985].
- ANDREW POPPY - Cadenza [The Beating of Wings, ZTT 1985].
- DARIUS MILHAUD - La Crèation du Monde, extracto [Orchestre National de France. Dir.: Leonard Bernstein, 1977].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Offmentalizate! Facebook.
Edición do xoves 10/11/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en
Rádio FilispiM, 93.9 FM. Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos: - AXENDA de concertos e suxestións [X Xornadas Libertarias, Unión Libertaria - 15 ao 19 de Nov., Ferrol + Xornada Solidariedade com a Palestina, Fundaçom Artábria - 14 ao 19 de Nov., Ferrol].
- ENTREVISTA a ROGER DE FLOR . O trovador-pop fenés apresentanos o seu álbum "El mundo está loco, loco, loco".
- DEBATE, diante do 20-N. No estudio de Rádio FilispiM: un VOTANTE militante, un outro que vai votar NULO e un ABSTENCIONISTA activo, frente a frente. Non ten perda, escoitádeo!
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
Suspended Memories: Jorge Reyes, Steve Roach & Suso Saiz.
Cuarto programa en
Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- CLAUDE DEBUSSY - La Cathèdrale engloutrè [A catedral somerxida] - Préludes, 1910. Interpretación ao piano: Peter Schmalfuss.
- CLAUDE DEBUSSY - Arabesco Nº 1 [1888]. Interpretación ao piano: Peter Schmalfuss.
- ISAO TOMITA - Arabesco Nº 1. Versión electrónica da peza orixinal de Claude Debussy.
- MICHAEL DANNA - Skys [Skays, 1992].
- STEVE ROACH & ROBERT RICH - Nightshade [Soma, 1992].
- ROBERT RICH - Lifeblood [Propagation, 1992].
- SUSPENDED MEMORIES [Steve Roach + Suso Saiz + Jorge Reyes] - Different Deserts [Forgotten Goods, 1993].
- JOHN ADAMS - Coast [Hoodoo Zephyr, 1993].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Facebook
Edición do xoves 27/10/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en
Rádio FilispiM, 93.9 FM. Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos: - Comeza o 1er Rockin´fest [27 ao 31 de outono, Sala Super 8, Ferrol]. No estudo Rubén Coca.
- Recortes "populares" na Sanidade Pública. Plataforma pola Sanidade Pública, concentracións en Galicia. Ao teléfono Susana Alaniz [área inmigración Colectivo Fuco Buxán - Ferrol].
- Enquisa a pé de rúa: "Cre razoables os recortes na Sanidade Pública nun contexto de crise como o actual?" [Barrio de Esteiro-Ferrol, xoves 27 de outono de 2011, 18:00 h.] Escoita ao pé o audio editado do programa.
- Abusos das entidades financieiras. Accións Rede Converxencia Social "Praza Pública", Ferrol.
- Axenda de concertos e outras suxestións na comarca.
D Descargar o programa completo
D Descargar a enquisa
Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook
Michael Nyman Band
Terceiro programa en Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- THE STRANGLERS - Waltzin´Black [1981].
- MICHAEL NYMAN - Delf Waltz [BSO "A Zed and Two Noughts", 1985].
- MICHAEL NYMAN - Up for Crabs [BSO "A Zed and Two Noughts", 1985].
- MICHAEL NYMAN - Vermeer´s Wife [BSO "A Zed and Two Noughts", 1985].
- MICHAEL NYMAN - Venus de Milo [BSO "A Zed and Two Noughts", 1985].
- MICHAEL NYMAN - Trysting Fields [BSO "Drowning by Numbers", 1987].
- WOLFGANG AMADEUS MOZART - Sinfonía Concertante en mi bemol mayor, para violín, viola e orquestra K-364 - Mov. nº 2 [1779] - Orquestra Sinfónica e Coro da RTVE, dirixe Enrique García Asensio.
- ISAO TOMITA - Snowfakes are Dancing [1974] - Orixinal de Claude Debussy.
- CLAUDE DEBUSSY - The Snow is Dancing [Children´s Corner, 1908] - Interpretación: Peter Schamlfuss, piano.
- CLAUDE DEBUSSY - Clair de Lune [Suite Bergamasque, 1890]- Interpretación: Peter Schamlfuss, piano.
- ISAO TOMITA - Clair de Lune [1974] - Orixinal de Claude Debussy.
Descargar o audio
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Facebook.
MOI IMPORTANTE!!!. ATENCIÓN!!! O portal
blip.tv non admitirá máis subidas en formato
.mp3 a partir do mes de decembro de 2011.
Como consecuencia, este sito non admitirá máis audios de ningunha das produzóns que vimos de realizar dende
P.I.D. [Produzóns Imaxinarias Divertimento]- > "
Off Mental ", "
80 Vinilos/h " e "
Divertimento para pequenos monstros "].
Así, emplazámosvos ao que será o noso novo sitio de subidas de programas:
http://ivoox.com Accedede a ese novo sitio
e na barra de pesquisas búscadenos coma "
Divertimento para pequenos monstros , "
Off Mental " ou "
Rádio Filispim ".
Respeito aos centos de audios que vimos subindo ao
blip.tv dende hai anos, agardamos que este servizo non anule os enlaces, de maneira que sigan a estar dispoñíbeis on-line. En calquer caso, os audios e contidos adicionais seguirán enlazados [na medida en que se solventen todos estes atrancos] neste mesmo blogue [http://pequenosmonstros.blogspot.com]
Moitas grazas por seguirnos e disculpade as molestias as que somos totalmente alleos e das que nos informou o portal
blip.tv mediante correio electrónico hai unha semana.
Lembrade, o
noso novo sitio para podcast é: http://ivoox.com [na barra de buscas, procurádenos coma "
Off Mental ", "
Divertimento para pequenos monstros " ou mesmo "
Rádio Filispim "].
Saúde.
Pequeno Monstro.
Edición do xoves 20/10/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos: - Comeza o III Túalmonteyoalmar [Sala Super 8, Ferrol].
- Enquisa a pé de rúa: "De cara ao 20N, cré vostede que cómpre un cambio de Governo ou pensa que é necesario algo máis?"
- No estudio, Ana e Juanma, da organización do VIII Grelo Folc [Sábado 22 de outono, Monfero].
- Rádio Pica [Barcelona] e Tele K [Vallekas], dos medios lexendarios, libres e comunitarios do terceiro sector da comunicación no Estado español, en serios apuros.
- Axenda de concertos, cinema... na comarca.
Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook
Natalie Dessay, Soprano. Cantatas de Bach [Dir. Enmanuelle Haïm]
Segundo programa en Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- SÉTIMA LEGIAO – Ascençao [1990]
- PHILIP GLASS – Company [Ulster Orchestra, dirixida por Takuo Yuasa, violín Adele Anthony] – [1983].
- JOHANN SABASTIAN BACH – Cantanta BWV 51, II. Recitativo: "Wir beten zu dem Tempel an” [Baritona: Natalie Dessay – Dirixe: Enmanuelle Haim – Orquesta: Le Concert D´astree].
- JOHANN SABASTIAN BACH – Cantanta BWV 51, IV. Choral: "Sei Lob und Preis mit Ehren" [Baritona: Natalie Dessay - Dirixe: Enmanuelle Haim – Orquesta: Le Concert D´astree].
- JOHN C OLTRANE – A Love Supreme [1964].
- JOHN DOAN – Visit to Heaven [Departures, 1988].
- ULTRAVOX – Waiting [1980].
- PINK FLOYD – Speak to me [Dark side of the moon, 1973].
- PINK FLOYD – Breathe [Dark side of the moon, 1973].
- PINK FLOYD – On the run [Dark side of the moon, 1973].
Descargar o audio
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Facebook
Edición do xoves 13/10/2011 de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos: - Mobilizazón Global 15-O. Conversa con Carlos e Omar [Democracia Real Xa e Acampada Ferrol].
- Enquisa a pé de rúa. Que sabes da mobilización global convocada para o 15-O? [escoita o audio editado ao pé]
- Acampada Mariscadores da Ría de Ferrol. Conversa con tres mariscadores da C.P. de Barallobre e Martinha, convidada especial.
- Entrevista a Amparo Sanchez [Amaparanoia].
- Axenda de concertos.
Descargar programa completo
Descargar enquisa
Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook.
Durutti Column [Vini Really]
Primeiro programa en Rádio FilispiM da serie
OFF MENTAL , apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL , é un programa da
Produtora Imaxinaria Divertimento [PID] , donde ouviremos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Este programa que hoxe nace está inspirado no
Bumerang , programa de radio apresentado por
Agustín Galán a mediados dos 80s, na desaparecida
Radio Cadena Española [RCE] reconvertida xa nos 90 en Radio 5 [RNE]. A súa forma de entender a música, de maneira ampla e sen fronteiras, tivo unha fonda influencia en min. Moitas daquelas músicas e artistas que descubrín no
Bumerang , van soar tambén en
OFF MENTAL, xunto con outras novas e sempre procurando o noso propio camiño.
Neste primeiro programa:
- DURUTTI COLUMN - Sintonía - Florence Sunset.
- DURUTTI COLUMN - Red Shoes.
- DURUTTI COLUMN - For Madeline [II].
- JOY DIVISION - Transmission.
- LOW [Tributo a Joy Division] - Transmission.
- SUBMARINE [Tributo a Joy Division] - Transmission.
- MASALA - Jart Jungle.
- HAROLD BUDD, DANIEL LENTZ, JESSICA KASSAKER - Kiss
- MILITIA - Su Santidad.
- HOWARD, HAYWARD, FRITH,LASWELL - Mingle.
- JAPAN - Gohsts.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - September.
- DAVID SYLVIAN [Album Secrets of the Beehive] - The boy with the gun.
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Descargar programa
Descargar cuña promo OFF MENTAL
Edición do xoves 6 de outubro de 2011 de
Divertimento para pequenos montros. Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.
Contiudos: - Entrevista a Tomás, responsábel do III Festi Túalmonteyoalmar [20, 21, 22 Outubro -> Sala Super8 Ferrol]. Todos os datos, todas as músicas [Sindrome Winona, Huepedes Felices, Bang 74, Los Inmediatos, Paul Collins Beat].
- Enquisa a pé de rúa: que festis de música coñeces na Comarca de Ferrol? [escoita audio editado do programa ao pé].
- Pablo Hasél Vs Audiencia Nacional.
- Do 15-M ao 15-O, e tiro porque me toca.
- Axenda de concertos.
Descargar o programa
Descargar a enquisa
Edición nº 2 da grella 2011/2012 da
FilispiM de
Divertimento para pequenos monstros , apresentada por Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos:
- Solidariedade co C.S.O. Kukutza 3 [Bilbo ].
- Acampada Ferrol plántase nun Pleno do Concello verbo das "reformas constitucionais": contacto telefónico cunha das integrantes do colectivo ferrolá.
- Análise do Foro Social de Ferrolterra: todo aquel que o desexou opinou libremente sobre o evento que veu de celebrarse en Ferrol.
- Rádio FilispiM por fóra e por dentro: todo aquel que quixo compartiu opinións sobre a actualidade da radio libre e comunitaria da nosa comarca. Ademáis ouvimos as opinións recollidas ao chou a pé de rúa, cunha gravadora.
- Axenda: recomendacións de lecer para os vindeiros días.
Descargar o programa (audio caído)
Descargar a enquisa [editada do programa] (audio caído)
O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12:00 h. do mediodía, o
Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM , argalla a súa
X [décima] Sesión Vermú . Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.
No transcurso da mesma apresentarase a
grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.
As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".
Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais:
Quant e
Die Tsunami. Haberá
petiscos, cervexa e, claro,
vermú . Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.
Un
programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo
ao través do streaming , activando o reprodutor que se atopa neste blogue na parte superior dereita.
Máis info en:
http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html Descargar a cunha de radio
Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en
Rádio FilispiM , comezou unha nova tempada de
DIVERTIMENTO para pequenos monstros .
Neste programa contamos coa presenza de
Suso un dos organizadores do
Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no
Campus Universitario de Esteiro [Ferrol] .
Ademáis achegouse ao estudio
Merce , integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da
Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Praza de España] en Ferrol e doutras moitas cidades do Estado.
Unha das novidades máis salientábeis de
Divertimento na grella 2011/2012
é a re-incorporación á equipa de
Blen Santiago [Ana Lucecú] , quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, de todo isto hai xa moitos, moitos anos... Como non podía ser menos, estamos encantados de ter a
Blen Santiago de novo con nós... e con vós.
Esté é o
podcast do Divertimento:
Descargar o audio
audio caído
Despois de algunhas semanas en probas, a radio libre e comunitaria de Ferrol [Terra de Trasancos], xa pode escoitarse en directo en todo o mundo ao través do enlace:
Também podes escoitala dende o enlace habilitado no blogue de Rádio FilispiM:
http://opaii.blogspot.com E como non, ao través deste mesmo blogue [reprodutor parte superior dereita].
Rádio FilispiM , intentará cubrir o
Foro Social de Ferrol Terra ao vivo, do começo à fim, a través de internet poderedes seguir as charlas que se impartirám, se nom podedes assistir ao
Foro ,
Rádio FilispiM achegara o
Foro , a vos.
"PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL". Foro Social de Ferrol Terra [Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011, Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC ]. O
VENRES 23 de Setembro ,
Manifestación ás 19:00 hs. e despois unha
Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran as voces indignadas e comprometidas
. SÁBADO 24 de Setembro
09:30 hs .
O Movemento 15-M , que hai de novo ?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.
Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo , activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres.
Sechu Sende , escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas. Martinha Suárez Martínez , activista da #acampadaferrol. Jordi Calvo Rufanges , economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.11:00 hs .
Son posíbeis outros medios de comunicación? Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?
Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez , activista sindical e do movimento veciñal.
Lois Rodríguez , Cofundador da Asociación de Medios en Galego.Belén Puñal Rama , xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.Mariano E. Fernández Cabarcos , Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).16:00 hs .
Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético .
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.
Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira , coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
Xoán Ramón Doldán García , profesor de economía aplicada e ecoloxista.Manuel Rivera , presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.Isabel Vilalba , activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.17:30 hs .
Como podemos frear a perda de dereitos ? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?
Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido , activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
Merchi Díaz López , da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista.Silvia Bermúdez Pérez , licenciada en dereito, vinculada á FESGA.Xesús Díaz Díaz , ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.Vitoria Iglesias , activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.DOMINGO 25 de Setembro
09:30 hs .
Outros concellos, outras realidades . Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?
Presenta a Mesa: Madalena González , presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
Secundino García Casal , alcalde de San Sadurniño.Martiño Noriega , alcalde de Teo.Juan Manuel Sánchez Gordillo , alcalde de Marinaleda, Sevilla. 11:00 hs .
Que cousa é vivir ben ? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?
Presenta a Mesa: Bárbara Primo , activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
Tareixa Ledo Regal , socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.Manuel Miragaia Doldán , activista social, escritor e filósofo. Juán Carlos Monedero , sociólogo, profesor, escritor e activista.Descargar a cunha-promo do especial que realizará Rádio FilispiM