A xente de Radio Pimienta do Norte de Tenerife [Canarias], convocan as Xornadas "CONTRA EL SILENCIO, TODAS LAS VOCES", denunciando o Decreto que pretende impoñer o goberno Canario e que prexudicará as Radios Comunitarias de dita Comunidade Autónoma. O vindeiro sábado realizarán a pé de rúa: programas en vivo, talleres e coordianarán unha "Exposición de colectivos sociales y de comunicación".
Ademáis achégannos o seguinte comunicado, que traducimos:
"Unha vez máis se demostra que a LIBERDADE DE EXPRESIÓN non existe nesta mal chamada democracia. Os grandes medios de comunicación de masas responden ás ordes das grandes empresas e aos seus aliados nos grupos de goberno, os que ven o dereito ao lucro, a enriquecerse, por encima do dereito das persoas".
"O dereito á comunicación queda así só ao alcance dos poderosos, que o utilizan en beneficio dos seus intereses para manipularnos. O Goberno de Canarias, amparado polo Goberno Español, usa como ferramenta de represión o Decreto sobre Servizos de Comunicación Audiovisual, mediante o que pretende outorgar, nun proceso totalmente falto de transparencia e control democrático, as 156 concesións de emisión por FM entre as máis de 400 emisoras que emiten actualmente en Canarias".
"Regulan un dereito a través dun Decreto no canto de facelo mediante unha Lei emanada do Parlamento de Canarias, máis apropiado ao ordenamento xurídico; é o particular xeito do Goberno de Canarias de exercer o poder ao servizo dos seus amigos e esbirros. Teñen intereses e obxectivos claros na repartición das licenzas, e, conforme a estes intereses, vanas a repartir."
"As Radios Comunitarias en Canarias convertémonos nunha ameaza contra a manipulación da información e os intereses dos grupos de poder das clases altas nas Illas, e nunha garantía para a libre expresión e a comunicación horizontal, desde abaixo e a pé de rúa, onde o máis importante son as persoas que viven, soñan e resisten desde o noso barrios e pobos. Unha ameaza constante que as institucións e os grandes intereses capitalistas queren impedir custe o que custe, ata o punto de intentar desaparecernos con esta nova ferramenta de REPRESIÓN en forma de decretazo. POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN: DEFENDE Os teus DEREITOS, DEFENDE a túa RADIO."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!