14 de xullo de 2010

Carne Cruda, o mellor de Radio 3 [RNE].

Estes días de xullo, aproveitando que o tempo acompaña, aproveito para darlle feiras ao carro e ir até o chollo dando unha camiñada. Xa de volta, de Caranza até Porta Nova, veño ben acompañado por unha amiga miña chamada Radio. Sí, dende hai tempo xa [síntoo María, engáñoche con outra].

Na sintonía de Radio 3 [RNE], descubro e paladeo un programa chamado Carne Cruda presentado por Javier Gallego "Crudo", que me retrotrae aos mellores e lexendarios programas matutinos da outrora Radio 3: Caravana de Hormigas [J. Francia, Beltrán, Tamargo], Tiempos Modernos [Manolo Ferreras], El Ciempiés [Jaime Romo]... Así que, anímovos a escoitalo pois é do máis fresco e interesante do dial [exceptuando os contidos de Rádio FilispiM, hoxe tambén de feiras]. Ademáis, polo que estou a comprobar en outros foros, semella que non son o único que alédase da existencia de Carne Cruda na cociña da Radio 3, vede este enlace.

Neste mesmo blog xa vos pasei hai meses o audio da edición de Carne Cruda adicada aos 30 anos das radios libres e comunitarias no Estado español. Aproveitando esta reseña volo enlazo de novo, e déixovos cos comentarios que Javier Gallego "Crudo" fai no seu blog sobre os contidos de Carne Cruda:

"Este é o blog do programa Carne Cruda de Radio 3, unha carnicería radiofónica na que facemos picado a realidade social, sacámoslle os higadillos á cultura e abrimos en canle aos personaxes máis "rarunos" para servirchos frescos, sanguentos e coas tripas fóra."

"O noso menú de degustación componse de información contracultural, axitación social, activismo político, historias inauditas e personaxes singulares, aderezados con humor, ficción, reportaxes e as propostas musicais máis audaces e heteroxéneas. Pon toda a orella no asador que lle imos a dar un bocao."

Descargar o arquivo





Pequen@s monstros de Dios, saberedes cando se emite Carne Cruda en Radio 3, aquí: http://www.rtve.es/radio/20090914/carne-cruda/292356.shtml.
Atoparedes outras edicións adicadas a outros interesantes temas en: http://www.rtve.es/podcast/radio-3/carne-cruda/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...