
O que fora até hai uns días Director Adxunto de
Radio 3 [xunto a Lara López], así como condutor de estupendos programas de radio adicados a difusión de músicas [
El ambigú,
Sólo para ellas,
La madriguera, mesmo copresentador nos oitenta do
Diario Pop], foi botado pola Dirección de RNE, pola porta falsa do mes de xullo do ano 2010.
Valga dende este minúsculo blogue a nosa consideración e solidariedade co mestre da radio musical sen fronteiras e compromisos [estilos, intereses comerciais]:
Diego Manrique, quen tantas cousas e músicas aprendeunos nas tres últimas décadas e do que agardamos seguir aprendendo, pois dende aquí reclamamos a súa readmisión, con todos os seus dereitos, a súa casa:
Radio 3.Atoparedes surtida información do acontecido nos seguintes enlaces, xa que [como concluiredes pola "variedade crómatica" dos enlaces], tod@s están con ele:
Como apoiar a Diego Manrique?
De coñecerdes algún outro artículo ou páxina de apoio ao mestre Diego Manrique, non dubidedes en comentalo ao pé desta entrada. Obrigad@s, pequenos monstros!
Podcast, últimos El Ambigú emitidos en Radio 3:-
Podcast