Audio da rolda de prensa do colectivo "Toma la Calle Ferrol" celebrada o 16/05/2011, condeando o acontecido o día anterior (15M 2011) na Plaça de Catalunya en Barcelona, falando da concentración cacerolada prevista para o día seguinte e xustificando o movimento que viña de xudir, 15M, en todo o Estado. Na rolda de prensa estaban presentes: Luis, Oscar, Martinha, Jota e xxx. Ao fondo da imaxe pode verse a Acampada Ferrol.
Corte de apenas minuto e medio de duración tirado do programa de Rádio FilispiM "Discontinuidade", realizado por Javi Malespina e Diego Barcia, onde Diego fala dos "chorizos" que está pensando preparar para contribuir ao V Conspirando por unha radio libre, celebrado en marzo de 2008 na Praza do Inferniño de Ferrol. En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia. En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia.
* Audio tirado do arquivo sonoro de Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).
Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."
Este programa especial está plantexado a modo de collage sonoro, co obxecto de que a ovinte se faga unha composición do acontecido naquel Maio de 2011, no Estado, País galego e, como non, Ferrol.
As reportaxes foron rexistradas polo Pequeno Monstro para o programa Divertimento, na Praza do Concello de Ferrol os días, 19, 20 e 28 de maio de 2011. Algúns destes rexistros son inéditos, non se difundiron até agora, polo que cobran especial relevancia. A actual coxuntura política, onde formacións nadas daquel 15M gobernan xa algunhas Institucións, mesmo teñen opcións de gobernar o Estado, lle dan a este documento un plus de importancia, canto a analisar como, cando e por que comezou todo.
A cronoloxía dos rexistro sonoros (según aparecen no programa) é a seguinte:
Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla(min. 00:40).
Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).
Selección musical:
- Bigott. Gravación realizada por Divertimento no Womad de Cáceres de 2011.
- Selección de hip-hop instrumental do selo Tú Pierdes (Yo Gano-Superego). Temas de Hyppaly, etc.
- Steve Reich.
- Andrew Poppy (...)
Condución, montaxe e edición de audio: Pequeno Monstro (13/05/2016)
(24/04/2009 - resubida) Co gallo do 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán, recuperamos esta conversa en Divertimento para pequenos monstros con Pilar Blanco, daquela responsábel da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolan, que realizamos con motivo da celebración dunha sesión vermú en apoio a entidade, naquel mes de abril de 2008.
Aquela conversa foi realizada dende o estudio "metro cadrado", o mítico primeiro estudio de Rádio FilispiM no Ateneo.
Volvendo a actualidade, Pilar Blanco, dentro das numerosas actividades que o Ateneo programa no seu 40 aniversario, participará na charla "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-hemeroteca do Ateneo"; unha biblioteca que, xunto ao seu patrimonio artístico, continúa baixo chave nuns contedores dunha empresa de mudanza dende o ano 2010, como consecuencia das obras de rehabitación do Ateneo por parte do Concello. Segue o programa actos do 40 aniversario do Ateneo neste enlace.
Pluralidade, tolerancia e diversidade, seguen a ser os principios do Ateneo.
Teño o prazer de vos apresentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. Nel compilarei todas as edicións de Diálogos que até agora publiquei no blog de Off Mental,e outras novas, que irei subindo paseniñamente.
As gravacións ás que teredes acceso son recuperadas e dixitalizadas do meu arquivo sonoro, rexistradas orixinamente en cita casete, que acompaño cunha pequena entrada introdutoria. A maioría delas foron emitidas nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE) apresentadas polo director do espazo, Ramón Trecet, e algunhas outras por Lara López. A caracteristica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (sí, durante un tempo Dialogos 3 se emitiu tamén en fin de semana) donde Ramón e Lara a aproveitaban para programar discos enteiros, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.
Imaxe do VI Conspirando, 9/4/2009. Praza Inferniño, Ferrol
(26/03/09 - resubida)A piques de celebrar a VIII edición do Conspirando (xoves 24/03/2016), recuperamos esta gravación de Divertimento para pequenos monstros dende o estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, na que faciamos un repaso das edicións do festival Conspirando por unha radio libre que se realizaran dende o ano 2004 até o 2009, ou o que é o mesmo: dende a primeira até a sexta edición.
A historia do Conspirando por unha Radio Libre.VICONSPIRANDO_09-04-2009055 Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas. O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comungan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol). A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos, sen axudas externas que condicionaran a nosa independencia coma medio (nen cartos das institucións, nen cartos de empresas). Coa entrada ao Conspirando de 3€ púñase a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, autocolantes, cedés compilatorios de grupos locais... Xa no 2008 o festival crece en organización e infraestrutura é pasa a ser de balde e ao ar libre, baixo unha inmensa carpa na Praza do Inferniño de Ferrol (o Inferno). Unha anédota do festival é que entre as propostas para darlle nome estivo "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións, "conspirar". Outra das anédotas, a segunda edición estivo a piques de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, prevista para o 25 de xuño de 2004 (logo do éxito da primeira edición) dias antes do festival cando xa estaba todo preparado, @s integrantes do Colectivo Opaii! se atopan cunha chea de cartazes de cor fosforita pegados por todo Ferrol que anuncian unha "festa universitaria" o mesmo día, hora e no mesmo sitio que tiñan previsto para o II Conspirando, a West Saloon. Logo dun mosqueo monumental cos (i)rresponsábeis da sá da Estación de Ferrocarril de Ferrol, tiveron que pospoñer o evento. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos". Finalmente, a segunda edición se celebraría na Fundaçom Artábria. Esta é a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até o ano no que se realiza este especial Divertimento, 2009:
Cronoloxía do Conspirando por unha radio libre do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM 8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril (Ferrol). Músicos: Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial. 26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria (Esteiro-Ferrol). Músicos: Vladi, Misquious, Kobe. 13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – Local Social de San Carlos (Esteiro-Ferrol), Músicos: Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha). 5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE (San Sadurniño). Músicos: La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense). 20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Müsicos: Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos. 9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Músicos: Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos. --- Nun futuro Divertimento faremos un repaso polas seguintes edicións do Conspirando retomadas, (tras un parón de cinco anos) no ano 2015, cadrando co 10 aniversario de Rádio FilispiM, pasando a celebrarse nunha coñecida sá de concertos de Ferrol sen perder o seu obxectivo orixinal: acadar autofinanciamento de Rádio FilispiM e ser unha alternativa máis de ocio á SS ferrolana.
(15/11/2007 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, dende o "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán.
Neste programa:
Comentamos as convocatorias do momento: VI Xornadas Libertarias no Espazo Libertario de Ferrol e as 1ª Xornadas de Sensiblización do VIH do Comité antisida Lazos de Ferrol, co lema "Non quedes nas nubes".
Manifestacións no Estado en repulsa do asasinato deCarlos Palomino, un xoven madrileño antifascista apuñalado no corazón o 11 de novembro de 2007 por un individuo fascista, militar de profesión, que ía participar nunha manifestación racista convocada polo partido nacionalista español "Democracia Nacional". Máis info aquí.
IV Encontro da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) en Bilbo, celebradas o 23, 24 e 25 de novembro de 2007. Máis info aquí. En Divertimento, conversamos vía telefónica con Íñigo Muñoz, un dos integrantes da radio organizadora daquel encontro, a xa desaparecida Tas-Tas Irrati librea.
Durante o programa escoitamos música de: Fermín Muguruza, Mr. Symarip, La Polla Records e Devo.
(17/04/2008 - resubida)Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.
Na primeira metade do programa falamos dos mal chamados C.I.E.S, cárceres para @s inmigrantes parias, non para os ricos. A través da convocatoria `No a los Centros de Internamiento de Extranjeros. Cerremos nuestros Guantánamos´ e da estupenda cobertura do centro de medios Rompamos el Silencio que agrupa a webs, xornais, radios e colectivos audiovisuais contrainformativos da Comunidade de Madrid. Unha acción informativa coordinada por Radio Vallekas á que se uniron Radio Contrabanda (BCN) e Radio Geneto (Tenerife), todas elas con CIES próximos.
A acción consistíu na coordinación entre as radios participantes e inmigrantes dentro e fóra dos CIES e contou cun veículo adaptado que amplificaba a transmisión das radios, coma "megafonía". Ademáis, nos días previos se repartiran receptores de radio e tarxetas de tfnos. móbiles entre os familiares intern@s do CIE de Aluche. Cos receptores estes podian sintonizar co que estaba a acontecer en Madrid, Barcelona e Tenerife, mentres que cos teléfonos participaban na transmisión dende o interior dos CIES cos seus valiosos testemuños. Máis información e audios daquela cobertura, aquí.
Na segunda metade do programa conversamos con Suso Bello, quen xunto a Alberto Millán e Fernando Pérez formaban os Chiquilicuatres de Riveira e viñan de editar o traballo "Delitos de Autor", en formato "USB". Un ano antes tiñan participado na IV edición do Conspirando por unha radio libre, o festival para a autoxestión de Rádio FilispiM.
Durante o programa ouvimos música de Dissidenten. Sintonizamos...