Diego Barcia en Rádio FilispiM (arquivo) |
(16/10/2008 - resubida) Rescatamos do arquivo esta moi especial edición de Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán. Durante case unha hora tivemos coma convidado a Diego Barcia. Como aconteceu con moitas das persoas que integraron, ou seguen a ser parte do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, oferecimos o noso espazo a Diego para que se familiarizara co medio que pronto acolleria a súa proposta, "Discontinuidade", un programa que se emitiría naquela grella, 2008/2009, na Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrol.
O programa transcorreu na liña habitual de Divertimento, desenfadado e con moito humor; conversamos con Diego da súa vida, das súas aficcións e, como non, poñéndoo a tripular a nave filispiniana, para que se fixera cos mandos técnicos. "Discontinuidade" sería o nome do seu espazo na FilispiM, aínda que, coma Diego decía "o título do programa irá cambiando de nome cada pouco tempo"... Diego era un tipo xenial, imaxinativo, sensible, que escribía moi ben, como pode apreciarse no blog da súa autoria, "Hablar Alto", unha especie de cuaderno de bitácora que recolleu as súas reflexións entre febreiro de 2012 e xaneiro de 2013. Nas últimas entradas dese blog escribe dende Berlín; a partir de aí, silencio...
Diego Barcia naceu en Uruguay. En 1984, aos sete anos, trasladóuse a Fene coa súa familia; finalmente asentouse no ferrolán bairro do Inferniño. Pai dunha nena, participaba da vida social, de colectivos coma Masa Crítica ou mesmo Opaii!-Rádio FilispiM. Como calquer mozo da súa idade buscábase a vida traballando en mil oficios, mais a lamentábel situación laboral da comarca obrigóuno a partir. Un día, no final do vrao de 2012, comentou a súa familia que marchaba á vendima en Franza. En novembro de 2012 as crónicas, que el mesmo relata no seu blog, o sitúan en Berlín. O que aconteceu na súa vida nos seguintes seis meses, entre decembro de 2012 e xuño de 2013, é dunha maldita incerteza. Estoutro blog, na súa memoria, conta o que pudo acontecelle en xuño de 2013...
Diego Barcia, unha boa persoa, imaxinativa, inesquecíbel, que deixou fonda pegada entre quen o coñeceu, un anónimo más na súa grandeza, ao que seguimos a agardar aparecerse coa súa bicicleta para nos contar as súas cousas a súa maneira.
O pequeno monstro, 19/02/2016
Conduce: Pequeno Monstro (16/10/2008 - arquivo)
ACTUALIZACIÓN (03/10/2022): Diego A. Barcia está vivo! https://pequenosmonstros.blogspot.com/2022/10/diego-antonio-barcia-esta-vivo-benvido.html