(20/03/2008) -resubida- Edición especial dos `Pequenos Monstros´ na Rádio FilispiM, animando as horas previas aos concertos do `
V Conspirando por unha Rádio Libre´ dese xoves `santo´ 20 de marzo de 2008 na
Praza do Inferniño de Ferrol. O programa realizouse en directo dende o estudo `metro cadrado´ do Ateneo Ferrolán, no transcorrer da Feira de Colectivos que, como novidade, organizaba ese ano o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, complementariamente aos concertos do festival.
Contamos o porqué do Conspirando, fixemos un pouco de historia e animamos as horas previas ao `estoupido´ da quinta edición do Conspirando que, coma sempre, cadrou en xoves `santo´ e que, por vez primeira, realizamos ao ár libre baixo unha inmensa carpa na praza do Inferniño de Ferrol, grazas a colaboración de moitas persoas e do Concello, que nos deixou unha carpa e unha praza...
Durante dúas horas e media escoitamos música das bandas participantes no festival,
Ta´crack (Narón),
The Sweet (Ferrol) e
Dakidarría (Nigrán). Ademaís, coa axuda doutros integrantes do Colectivo Opaii!,
Paula Meizoso,
Iván DZine (e
Tomi Cuac FM que pasaba por alí), entrevistamos a moitas persoas ao fronte das mesas na Feira de Colectivos: Lalán (
Fuco Buxán), Lupe Ces (
Marcha Mundial das Mulleres), Loli (
Artefeito Caseiro), Eliseo Zaera (
Ateneo Ferrolán), Eva (
ONG Solidaridad Internacional), Carlos Varela (
Comité Antisida Lazos), Xabi Porto (
Espazo Libertario / Fervesteiro), Susana e Sonia (
Cometa, defensa animais) e até un integrante de
El Militante. Como non podía ser menos, falamos con algúns dos músicos participantes no V Conspirando: WC García (The Sweet) e un integrante de Ta´Crack.
Conduce e anima: Pequeno Monstro. A disfrutar.