O Colectivo Opaíí!, sempre en azón, vén de realizar melloras no novo estudio de Rádio FilispiM en Caranza [Ferrol].
Como saberás, Rádio FilispiM é a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol dende hai cinco anos. Proba a sintonizala no 93.9 FM, porque te sorprenderás dun outro xeito de fazer e ouvir radio.
Estas son algunhas das imaxes que se tomaron das melloras.
Ademáis vén de instalarse unha liña telefónica fixa e unha conexión a internet, para termos a información fresquinha sempre presente cada quen no seu programa.
Agora só falta que ti mesma te pases a disfrutalas, así que xa sabes...
VA - Viva el Rollo, toda la bronca de los 70, CD (DRO, 2003)
Oitava edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta, apresentado polo Pequeno Monstro, Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].
Neste programa:
- KAKA DE LUXE - La pluma eléctrica [Ep. homónimo - Chapa Discos, 1978].
- KAKA DE LUXE - Rosario + Toca el pito [Ep homónimo - Chapa Discos, 1978].
- MARISCAL ROMERO - Viva el rollo! [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003].
- KAKA DE LULXE - Pero me aburro [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp Las Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983.
- TOPO - Mis amigos donde estarán [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1979.
- CUCHARADA - Social peligrosidad [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1978.
- ÑU - Algunos músicos fueron nosotros [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70, DRO, 2003]. Orixinal de Lp Cuentos de Ayer y de Hoy - Chapa Discos, 1978.
- BLOQUE - La libre creación [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1978.
- RED BOX-EL ROJO - Ira roja [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Single Ira Roja - Chapa Discos, 1978.
- MERMELADA - Coge el tren [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1979.
- MERMELADA - Coge el tren [versión directo, 1994].
- MERMELADA - Bebiendo y bailando [1er Single do Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1980].
- MERMELADA - Las seis de la mañana [Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1979].
Tal e como anunciamos en anteriores edicións de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], o pasado sábado 11 de decembro de 2010 tivo lugar unha manifestación contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas [A Corunha].
Déixovos cunha breve resenha e un fenomenal video elaborado pola xente de Galiza Contrainfo, cuxo portal vos recomendo.
"Centos de pessoas acudirom à manifestaçom convocada contra o desalojo do espaço okupado da Casa das Atochas. A marcha saiu do Campo de Marte para percorrer as ruas do centro da cidade, e rematou com ambiente de festa nos arredores da rua Atocha Alta onde está a okupa."
Nesta edición do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM [09/12/2010], estivemos acompañados do ferrolán Oscar QUANT, quen nos falou de cuestións que teñen acontecido dende a súa última visita a Divertimento.
Así, falounos da súa colaboración coa banda punk de Ferrol Lee Van Cleef [Lee Van Quant] , a nova proposta pop de Amparo Árias [Limodre-Fene], da produtora audiovisual Woo! [Ferrol], dos seus videos, do seu estudio de gravación Sausalito, do seu inminente novo disco grande, de sospeitosas mensaxes escritas en servilletas de papel... e un cento de monstrosidades máis.
Como non podía ser menos, todo ilo o ilustramos coas músicas de:
- AMPARO ARIAS [Yes, no].
- LEE VAN QUANT [Lee Van Cleef + QUANT].
- QUANT [untema tributo aos Raspberries, a sintonía do programa Turkía [Localia TV]
+ Ninguén parece escoitar [anti-Reganosa] + en exclusiva mundial para Divertimento e Rádio FilispiM, un adianto do inminente novo disco de QUANT [que escoitamos dúas veces!].
Divertimento non é un rollo. É unha madalena.
Para calquer aclaración ao respeito contacten co Pequeno monstro.
Chéganos este comunicado ursente do CSO Casa das Atochas en A Corunha. O vindeiro xoves 9 de decembro de 2010 podería ter lugar un intento de desaloxo.
Ao final do comunicado déixovos cun audio de Divertimento [30/12/2008], donde tivemos ocasión de falar con un dos integrantes da asemblea deste centro social de A Coruña.
Nas vindeiras edicións de Divertimento ampliaremos información.
Comunicado:
ALARMA! orde de desaloxo.
Xa están aquí![espertando o pesadelo].
Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir. Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo. Tres anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián. Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social. Tan só 3 anos…, como pasa o tempo… Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos! Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí. Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen. Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.
Hoxe é agora, e agora é o momento. Hoxe por todxs e mañá tamén.
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.
Amosa o teu apoio ao C.S.O. Casa das Atochas entrando aqui:
No Divertimento para pequenos monstros do pasado xoves 25 de novembro de 2010, fixemos un programa especial adicado a algúns dos grupos de música de Ferrol, que están a utilizar os locais de ensaio que o Concello de Ferrol habilitou no Mercado da Madalena.
Pasamos a tarde con Carlos e Mundo [Habitación 92], Eloy [Vinyl Death], Brais [Wings of Liberty], Emilio e Rubén [proxecto musical en elaboración] e Noe, coordenadora dos locais de ensaio [Escola da Vaca].
Ademáis escoitamos música da primeira maqueta dun destes grupos: Habitación 92.
Divertimento é un programa de radio da Productora Imaxinaria [PID], presentado polo Pequeno monstro. Podes ouvilo en Rádio FilispiM. Directo: xoves de 6:30 á 8:00 da tarde. Diferido: luns de 9:00 á 11:00 da noite, sábados de 2:00 á 4:00 da madrugada e de 2:00 a 4:00 da tarde.
Sexta edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM.Apresenta: Pequeno Monstro. Neste edición:
- LOS VENGADORES - El coche de la plas [CD colectivo El Regreso de los Superheroes, homenaxe ao batera Jorge Árboles, Toti, autofinanciado en edición digipack en tiraxe limitada. Rock Audition, 1994].
- PVP - Experiencias con metal [Maxi Entre las Ruinas - 21 Records, 1984].
- PVP - Un, dos... muévanse! [2º Single extraido do Lp Donde se pierde la Luz - DRO-Tres Cipreses, 1985].
- PVP - Miedo [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - Ha, ha, ha! [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - No puedes, no quieres [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - Mentir [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - Solo toco para ti [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - Sector 36 K12 [Lp. Miedo, Belter, 1982].
- PVP - Descontrol [Lp. Miedo - Belter, 1982].
- PVP - El coche de la plas [2º Single extraido do Lp Miedo - Belter, 1982].
- BASURA - Esperando en la puerta del w.c. [Single - Belter, 1978].
Los Vengadores. El Regreso de tus Superheroes, CD (Rock Audition, 1994)
Quinta edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM. Apresenta: Pequeno Monstro. Neste programa:
- GABINETE CALIGARI - Grado 33 [Lp. Que Dios reparta suerte. Tres Cipreses, 1983].
- GABINETE CALIGARI - Heroes de la URSS [Lp Que Dios reparta suerte. Tres Cipreses, 1983].
- GABINETE CALIGARI - Maquis [Lp. Que Dios reparta suerte. Tres Cipreses, 1983].
- EL ÚLTIMO ESLABÓN - Recuerdas [Maxi La Condena. Justine Records, 1987].
- EL ÚLTIMO ESLABÓN - Santos inocentes [Maxi La Condena. Justine Records, 1987].
- LOS VENGADORES - Amor frenopático [CD colectivo El Regreso de los Superheroes, homenaxe ao batera Jorge Árboles, Toti, autofinanciado en edición digipack en tiraxem limitada. Rock Audition, 1994].
- PARALISIS PERMANENTE - Unidos [Single Quiero ser santa. Tres Cipreses, 1982].
- LOS VENGADORES - Unidos - Versión 1 [CD colectivo El Regreso de tus Superheroes. Rock Audition, 1994].
- LOS VENGADORES - Unidos - Versión 2 [CD colectivo El Regreso de tus Superheroes. Rock Audition, 1994].
- LOS VENGADORES - Llegado hasta el final [CD colectivo El Regreso de tus Superheroes. Rock Audition, 1994].
- ENTREVISTA A ANA CURRA - 3ª parte [Programa "Tren de Sueños", Onda Regional Murcia, 2006].