30 de setembro de 2010

Rádio FilispiM realizou un programa especial, seguimento da Folga Xeral do 29-S, en directo.


Rádio FilispiM realizou um programa especial de 2 horas e media cubrindo a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, o programa foi realizado na manhá do 29, de 11:30 a 14:00hs.

Podes escoitar diferentes intervençons de pessoas que assistirom aos piquetes, às diferentes manifestaçons e actos convocados na comarca assim como chamadas telefónicas e parte dos discursos finais das manis.

Descargar o audio

28 de setembro de 2010

Programa Especial da Rádio Kalimera sobre a Folga Xeral do 29-S

Non estar de acordo cos sindicatos maioritarios, non debería ser igual a resignación. Igual a ficar coa brazos cruzados, deixándoos fazer, a uns e outros.

Esta visión do "tinglado" da Rádio Kalimera de Compostela, pode server de contraponto a todo o que nos contan dende os mass-media, de sempre.

Eu, o 29-S, irei de novo a folga. Outros irán de novo traballar. Outros seguirán a escarallarse de risa dende os despachos.

Así estamos, así seguimos....

27 de setembro de 2010

Rádio FilispiM, realizará un programa especial Folga Xeral, 29S.


Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este xoves 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ou centros de traballo, ao través do noso telefone de directo 675.431.341, ao que ti mesmo poderás chamar para contarnos que [te] está a pasar.
Participa!!!

Escoita e redifunde a cunha que elaboraron:

24 de setembro de 2010

Rádio FilispiM, abre o prazo presentación de propostas radiofónicas para o curso 2010/2011.

Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM

Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” do blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.

O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.

Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.

Ferrol, 24 de setembro de 2010.
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.

22 de setembro de 2010

As probas de son de Rádio FilispiM á descoberta!!!

Chégannos máis detalles do acontecido durante as probas de Rádio FilispiM.

Ademáis dun intento de asasinato [como poder verse na foto que acompaña esta entrada;-], non se perdan o documento sonoro. Arrasa!

Documento sonoro histórico que ten que ver co acontecido durante as probas de emisión e son de Rádio FilispiM, logo do traslado ao novo local en Caranza [Ferrol].

O audio ten capítulos emocionantes, outros alucinantes, surreais e incluso delirantes. Sempre con bon humor e comezando por rirnos de nos mesm@s, como ten que ser.

Lembra que podes comentarnos neste blogue como se escoita a nosa sintonía dende o cambio que fixemos do noso "centro emisor" [Caranza]. Inda que todo indica que a nosa sintonía agora chega moito mellor aos diversos bairros trasanqueses, queremos completar ese mapa filispiniano.

Rádio FilispiM, 93.9 FM. Sen dúbida, non há cosa igual no dial.

Descargar o audio

19 de setembro de 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM.

Chéganos este comunicado do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM:

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes do traslado [a historia paso a paso]. O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM [2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!



Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.

3 de setembro de 2010

Que carallo está a pasar en Rádio FilispiM?

Son moitas xa as preguntas sen resposta, moitas xa as semanas "suspendidas no dial". Moit@s @s filispin@s vagando sen rumbo polos bairros do lugar, como zombies.

Todo aconteceu no mes de xunho do 2010, ou mellor sería dicir todo mudou...

Mais é hora xa de que o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, vaia soltando prenda e nos dea pistas do que realmente está a acontecer, do porque deste parón nas súas emisións, logo de cinco anos de transmisións finispinislándicas ininterrompidas [agosto de 2005].

En breve teredes a solución a este sudoku do caralho, mais de momento a seguir especulando.

Polo de agora deixámovos con estas fotos tiradas no momento e lugar dos feitos [xunho de 2010, estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán].

Mais, ti que pensas de todo isto?. Están de conha en Rádio FilispiM?. Tentan despistarnos unha vez máis?. Éche un experimento máis con obscuras intencións?. Unha outra Conspiranción?. Porque andan a desmontar as equipas técnicas?. Levan alta tensión eses cables que coroan a testa d@lgúns d@s filispin@s?


Continuará...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...