Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT na manifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]8 de xuño de 2010
Reportaxe CNT - [Manifestación Folga Xeral Empregadas Publicas - Ferrol 08/06/2010]
Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT na manifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]7 de xuño de 2010
2 de xuño de 2010
VIII Sesión Vermú de Rádio FilispiM , fin de grella 2009-2010.

O Sábado 5 de Xunho, Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do mediodía, con a retransmisión dum programa especial para despedir a tempada 2009-2010.
Haberá pinchos, vermú e música para tod@s da man de El hombre Flipante.
28 de maio de 2010
Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Avaricia.
Nesta ocasión, un novo pecado capital: a avaricia.
Na introdución ao tema Agustín García Calvo comenta: "Imos seguir con esta retahila que Javier [polo presentador do programa], tirou do Catecismo do pai Astete e tratar de atopar, como se ten dito, cal é a faciana política destas monsergas da relixión doutros tempos, porque unha e outra vez partimos de que a distinción entre moral e política é de por si unha mentira, por tanto non pode haber pecados privados, porque a vida privada é pública,como se sabe, e política, por tanto.
De todas formas non esquezan os ´lectores´ que a pesar de que o pai Astete puña contra os sete vicios sete virtudes que o outro día [programa] estivemos a recitar aquí, pensamos que tal vez podiamos ser máis económicos... preferiamos que os pecados se combateran uns aos outros e así púñamos como lema o de: contra envexa soberbia, contra bula avaricia, contra ira pereza... que por suposto son dous a dous e pódense dicir do revés. De maneira que partindo deste posíbel combate dos pecados uns contra outros, imos entrar co que hoxe Javier nos ten anunciado: ese [pecado capital] chamado da avaricia...".
Nada máis ficades con este novo episodio, non sen antes remitiros a este ENLACE, donde atoparedes a versión íntegra para orquesta e coro do himno da Comunidade Autónoma de Madrid [escoita ou descarga] tal e como a veño de "rescatar" dunha vella cinta de casete, agachada no meu arquivo sonoro.
A vindeira semana, máis PENSAMENTO 3, aquí onde paran os monstros.
Descargar o audio
26 de maio de 2010
Por unhas festas populares, ao marxe dos mandados da antigua, nova relixión e dos animadores culturais de quenda.
Por iso, realizaron artellaron entre o 7 ao 23 de maio, unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".
Todas as actividades foron agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se sumaron as programacións que previstas por outros colectivos que acharon o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañou os carteis de actividades organizadas por cada asociación.
Entre as actividades que se desenvolveron: concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates. Cada colectivo participante efectuou unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Fixeron parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás. [Info tirada do portal www.vieiros.com]
Por terrás ferrolás, integrantes de diversos colectivos veñen de considerar nos últimos meses, artellar unhas festas populares ao marxe do espectáculo da auto-denominada "Semana Santa" ferrolá.
Tomando exemplo d@s nos@ compañeir@s compostelás, animamos dende este blog [pequenos monstros] a dar corpo a eses desexos populares e naturais, unindo as forzas das numerosas e variadas alternativas cidadás de Ferrol e comarca, para podermos disfrutar en vindeiros anos dunhas festas populares ben diversas ao marxe das procesións, demaís cultos da antiga relixión [a nova como ben di Agustín García Calvo é o Capital e o Estado], dos Concellos e animadores culturais de quenda.
O Colectivo Opaii-Rádio Filispim, xa ten dado conta de que outras festas son posíbeis ao ter feito coincidir durante sete anos consecutivos o seu festival Conspirando por unha radio libre coas "procesións e os capuchós" [curiosa mistura da antiga e nova relixión antes referidas]. Este mesmo colectivo, ademáis, argallou dentro do Conspirando unha Feira de Colectivos xuntando nun mesmo espazo a dúcias de iniciativas cidadás, polo que isto mesmo xa podería ser unha semente para argallar unhas festas laicas como Deus manda [valga o paradoxo].
Imaxes: Festa popular de Compostela -> neste enlace [Fonte: Gengalha do Pichel]
Fontes: Vieiros e Pequeno Monstro.
21 de maio de 2010
Comezan as mobilizazóns en Ferrol contra das medidas anti-socias do goberno Zapatero.
1ª Parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:Descargar o audio
2ª parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)