8 de xuño de 2010

Reportaxe CNT - [Manifestación Folga Xeral Empregadas Publicas - Ferrol 08/06/2010]

Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT na manifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]

Descargar o audio

2 de xuño de 2010

VIII Sesión Vermú de Rádio FilispiM , fin de grella 2009-2010.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhUNoRfToaO9WUyoDX5opkRdTLR0yZiaFTlw7T13-gON7938d5F0HvyriG5dfbaXqONT2VCe1FMNqwnR8P3rQ63b8-1lpbkiyxEWbVcQLeY3TP2wbkKRFMvNGEdtDTXbW_jui2JxrA7SzI/s1600/VIIISesiom+Vermu.jpg

O Sábado 5 de Xunho, Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do mediodía, con a retransmisión dum programa especial para despedir a tempada 2009-2010.

Haberá pinchos, vermú e música para tod@s da man de El hombre Flipante.

Descargar o audio

28 de maio de 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Avaricia.

Novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, programa emitido orixinalmente por Radio 3 [RNE], un 29 de setembro de 1989 e que hoxe recuperamos en Divertimento para pequenos monstros para as ondas da libre e comunitaria Rádio Filispim [Ferrol-Trasancos 93.9 FM].

Nesta ocasión, un novo pecado capital: a avaricia.

Na introdución ao tema Agustín García Calvo comenta: "Imos seguir con esta retahila que Javier [polo presentador do programa], tirou do Catecismo do pai Astete e tratar de atopar, como se ten dito, cal é a faciana política destas monsergas da relixión doutros tempos, porque unha e outra vez partimos de que a distinción entre moral e política é de por si unha mentira, por tanto non pode haber pecados privados, porque a vida privada é pública,como se sabe, e política, por tanto.

De todas formas non esquezan os ´lectores´ que a pesar de que o pai Astete puña contra os sete vicios sete virtudes que o outro día [programa] estivemos a recitar aquí, pensamos que tal vez podiamos ser máis económicos... preferiamos que os pecados se combateran uns aos outros e así púñamos como lema o de: contra envexa soberbia, contra bula avaricia, contra ira pereza... que por suposto son dous a dous e pódense dicir do revés. De maneira que partindo deste posíbel combate dos pecados uns contra outros, imos entrar co que hoxe Javier nos ten anunciado: ese [pecado capital] chamado da avaricia...".

Nada máis ficades con este novo episodio, non sen antes remitiros a este ENLACE, donde atoparedes a versión íntegra para orquesta e coro do himno da Comunidade Autónoma de Madrid [escoita ou descarga] tal e como a veño de "rescatar" dunha vella cinta de casete, agachada no meu arquivo sonoro.

A vindeira semana, máis PENSAMENTO 3, aquí onde paran os monstros.


Descargar o audio

26 de maio de 2010

Por unhas festas populares, ao marxe dos mandados da antigua, nova relixión e dos animadores culturais de quenda.

Colectivos sociais de Compostela organizaron durante este mes de maio de 2010 unhas festas populares como alternativa ás festas da Ascensión que se celebran na cidade. Varias organizacións consideran que os festexos non responden ás demandas do asociacionismo e considéranas "unha españolada" ou "un estrago de diñeiro".

Por iso, realizaron artellaron entre o 7 ao 23 de maio, unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".

Todas as actividades foron agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se sumaron as programacións que previstas por outros colectivos que acharon o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañou os carteis de actividades organizadas por cada asociación.

Entre as actividades que se desenvolveron: concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates. Cada colectivo participante efectuou unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Fixeron parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás. [Info tirada do portal www.vieiros.com]

Por terrás ferrolás, integrantes de diversos colectivos veñen de considerar nos últimos meses, artellar unhas festas populares ao marxe do espectáculo da auto-denominada "Semana Santa" ferrolá.

Tomando exemplo d@s nos@ compañeir@s compostelás, animamos dende este blog [pequenos monstros] a dar corpo a eses desexos populares e naturais, unindo as forzas das numerosas e variadas alternativas cidadás de Ferrol e comarca, para podermos disfrutar en vindeiros anos dunhas festas populares ben diversas ao marxe das procesións, demaís cultos da antiga relixión [a nova como ben di Agustín García Calvo é o Capital e o Estado], dos Concellos e animadores culturais de quenda.

O Colectivo Opaii-Rádio Filispim, xa ten dado conta de que outras festas son posíbeis ao ter feito coincidir durante sete anos consecutivos o seu festival Conspirando por unha radio libre coas "procesións e os capuchós" [curiosa mistura da antiga e nova relixión antes referidas]. Este mesmo colectivo, ademáis, argallou dentro do Conspirando unha Feira de Colectivos xuntando nun mesmo espazo a dúcias de iniciativas cidadás, polo que isto mesmo xa podería ser unha semente para argallar unhas festas laicas como Deus manda [valga o paradoxo].

Imaxes: Festa popular de Compostela -> neste enlace [Fonte: Gengalha do Pichel]

Fontes: Vieiros e Pequeno Monstro.

21 de maio de 2010

Comezan as mobilizazóns en Ferrol contra das medidas anti-socias do goberno Zapatero.

1ª Parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:

Descargar o audio


2ª parte da reportaxe do Pequeno Monstro [Radio Filispim] sobre a concentración contra as medidas anti-sociais do goberno Zapatero na praza Amada Garcia [edificio Xunta Ferrol] o 20 de maio de 2010 as 19:00 horas:

Descargar o audio

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...