VI Semana da Poesía Salvaxe en Ferrol (24 ao 27 de abril, 2013). Posible contacto extraterrestre.
Conversa con INACIO MARTÍNEZ, quen nos falará do movimento cidadá xurdido a partir do FORO SOCIAL DE FERROLTERRA (Encontro Social, Rede de Apoio Mútuo, Stop Desafiuzamentos, Cooperativa de Consumo Armeria...).
Conversa con SUSO EIROÁ, do bar MANCHITA COSA de Ferrol, quen falará deste espazo de ocio na nosa comarca e da súa programación cultural, e da inminente actuación do músico ZAN HOFFMAN e o seu proxecto BODYCOCKTAIL, quen comeza a súa xira galega o mércores 17 de abril no Manchita
Axenda de Concertos.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Emisión en: Rádio Filispim (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) & Cuac FM (A Coruña).
Zan Hoffman (Body Cocktail) comeza o mércores 17 de abril a súa xira galega no Manchita Cosa (R/ Madalena, Ferrol). Consulta neste enlace o resto das datas.
Nesta edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, oferecémosvos o audio íntegro de "O MODELO SINDICAL A DEBATE", acto organizado pola Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao o pasado 7 de marzo de 2013 na EOI de Ferrol, dentro das xornadas conmemorativas do 10 de marzo do 72. No debate participaron organizacións con implantación na nosa comarca:
Daniel Ferreiro (COG, Central Obreira Galega).
Antonia Martínez (CIG).
José Placer (CUO, Comités pola Unidade Obreira).
Xabi Porto (CNT).
Javier Losada (El Militante).
Os responsábeis comarcais das organizacións CCOO, UGT e USTG, pese ao convite, disculparon a súa ausencia no debate por motivos de axenda. Rexistro do audio: Divertimento para pequenos monstros, Rádio FilispiM. Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Edición de Divertimento para pequenos monstros do xoves 14 de marzo de 2013. Contidos:
No estudio Pepe Cunha, quen nos fala dos 10 anos do portal de información musical Ábretedeorellas.com (dende o m. 05). Ao final se produce un dó, PP Vs PP (xPP).
No estudio Pablo Portero, quen nos fala da presentación o vindeiro xoves 21de marzo no Ateneo Ferrolán do documentario Proxecto Zeca, dentro das Xornadas de mostra de documentarios (dende o m. 30). Ademáis, lle tiramos da lingua...
Helena Casal e Chus Lois da Plataforma STOP Desafiuzamentos Ferrolterra, comentan a campaña de información e apio á ILP (iniciativa lexisltiva popular) entre os Deputados do Parladoiro español (dende o m. 60). Ademáis, informan de como colaborar coas persoas que está a piques de ser desafiuzadas...
Axenda Divertimento (dende o m. 90).
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM en Ferroterra. En Compostela, Rádio Kalimera, 107.9 FM
Video: campaña concienciación políticos insensíbeis do PP (e asimilados)...
Cartaz das Xornadas 10 de março, organizadas por Chimarrao e Artábria.
A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao, dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán, unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica". Nela, o investigador Eliseo Fernández e o historiador Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista, Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García.
O programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, rexistrou ese audio que hoxe vos oferecemos. Un documento imprescindíbel para coñecer a história que fixemos nós...
A serie Off Mental ten xa o seu propio blog: http://offmental.blogspot.com, que acollerá en exclusiva todos os programas de radio Off Mental, outras músicas e similares.
Deste modo, o blog que agora visitas, http://pequenosmonstros.blogspot.com, se especializará nos contidos da serie Divertimento para pequenos monstros, información relacionada co mundo das radios libres e comunitárias e contrainformación en xeral.
Grazas a todos pola difusión e disculpade as molestias, mais pensamos que deste xeito todo estará muito mellor organizado, cada serie co seu propio sitio web.
A serie 80 Vinilos/h ten xa o seu propio blog: http://80vinilos.blogspot.com.es, que acollerá en exclusiva todos os programas de radio da serie 80 Vinilos/h e similares.
Deste modo, o blog que agora visitas, http://pequenosmonstros.blogspot.com, se especializará nos contidos da serie Divertimento para pequenos monstros, información relacionada co mundo das radios libres e comunitárias e contrainformación en xeral.
Grazas a todos pola difusión e disculpade as molestias, mais pensamos que deste xeito todo estará muito mellor organizado, cada serie co seu propio sitio web.
Divertimento para pequeno monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Edición do xoves 21/02/2013.
Campionato de Pesca de Neumático na Malata. Contacto telefónico con Marcos, un dos integrantes do Colectivo de Recuperación de Espazos Públicos, organizador do evento "deportivo".
Manifestación Stop Desafiuzamentos en Ferrol. Audios do comunicado Ferrol.
Visita Comisión E.U. a Ría de Ferrol. Contacto telefónico con Lalán, Pte do Comité Cidadá de Emerxencia Ría de Ferrol.
Cafetaría Warhol. Despedimento e impago a unha empregada. Cobertura do sindicato de oficios varios en Ferrol. No estudio, Chema de CNT-Ferrol.
Pinchos, baile popular e grande queimada.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Factoría Zombie. Este é o título da última entrega de radio-teatro dirixida polo compañeiro de Rádio Filispim, Miguel Castro (produzóns en Tránsito), con guión del mesmo e de José Torregrosa. Nela se narra, a modo de viñetas radiofónicas, as aventuras de Cornelius K, quen representa a pasividade nunha situación de crise e a quen se lle podería atribuir a frase "se hai que ir se va". A outra cara da moeda a representa a súa compañeira na ficción, María, que vén a ser a súa conciencia e a dignidade.
Unha morea de zombies ben domesticados pola organización do Sindicato Único (S.U.) vén sendo aquela masa de individuos tristemente real que se acomoda nas "conquistas sindicais" que negocian unha "boa liquidación", non só monetaria, senón tamén humana...
A subliñar a interpretación de quen da vida aos dous protagonistas de Factoría Zombie: o propio Miguel Castro, na ficción Cornelius K e a actriz Helga Méndez (Bartoleta Teatro) que da vida a María, a incorruptíbel compañeira de Cornelius. José Torregrosa, o outro factotum deste radio-ficción, realiza unha estupenda interpretación da súa personaxe, Torretuerca, unha sorte de sabio Yoda (Star Wars) ou, mesmo, o Mestre Po do Pequeno Saltamontes (Karate Kid). I é que se nota a co-autoría no guión de José Torregrosa ao longo da hora que dura a radio-ficción, con múltiples referencias e chiscadelos ao mundo do celuloide (o propio protagonista, Cornelius K, rexenta uns imaxinarios Cines Zoom). Por outra banda, confeso que un rico arrecendo a Electroduendes (La Bola de Cristal) me chegou durante a audición da radio-ficción, o que nunca, nunca, esta nada mal.
A diferenza da anterior entrega de Castro e Torregrosa, "La Guerra de los Mundos, 2012" (adaptación Ferrolterráquea) estreada hai agora un ano, nesta ocasión o respetábel que encheu as cadeiras do salón de actos do Ateneo Ferrolán, disfrutou ao tempo da audición da obra, dunha sorte de viñetas debuxadas por Fernando Ocampo que, sen dúbida, axudan a introducirse aínda máis nese ambiente de banda deseñada que suscita o conxunto da obra sonora (efectos, diálogos, músicas) da Factoría Zombie. Aquela experiencia previa de Castro é determinante para conseguir que o resultado sexa dixerido sen apreciar o paso dos tempo, polo ritmo que resulta dunha moi lograda montaxe final (todos sabemos que unha cousa é ter a idea e outra lograr ensamblar todas as pezas de maneira tan óptima) axudado, esta vez si, por un guión orixinal que non ten prezo, afondando no local sen complexos pero sempre cunha mensaxe final positiva. De todo elo só poido dicer bravo e poñer un só pero (que tampouco o é): a falta dunha versión en lingua galega que faría a ficción sonora aínda máis grande.
Por se non for pouco, para esta ocasión, Miguel Castro contou coa colaboración do músico David García (La Sentina) na confección dunha peza coma banda sonora orixinal da radio-ficción. Un estupendo tema principal, interpretado á voz por Laura Montero, que xunto a varias cortinas musicais lle dan un acento aínda máis "anime" ao conxunto.
Para findar, subliñar o traballo de coordinación que fixo Miguel Castro canto a morea de persoas que dan voz e vida as personaxes do guión de Factoría Zombie. Moitas das voces que se poden escoitar son de integrantes da Rádio Filispim, a radio libre de Ferrol, canteira da que Miguel volve tirar para o reparto, e fai ben: Fer Ocampo, Victor Novás e Lorena Calaza (O Recuncho), Iago Montes (Baixo Lupa), Susana Alaniz (Sin Fronteras), Pablo Melaski (Cuarto Mundo), Fran Pérez (Sonido Emergente, Deporte Base), André "Pequeno Monstro" (Divertimento, 80 Vinilos, Off Mental) e os propios autores Miguel Castro (En Tránsito) e José Torregrosa (O Recuncho). Xa fora da canteira "filispiniana" aparecen na obra: Millandy Hernández, Karlotti Valle (breve pero estupendo papel de sofrido pai de Cornelius), Esperanza Vidal, David García, Raúl "del Metal" a atriz Vicki Taibo (que dicir) e a xa referida e lograda interpretación de Helga Méndez (Bartoleta Teatro).
A miña contribución nesta obra de radio-teatro volve a ser a da voz do narrador que anticipa algunha das trece esceas do guión. Ademáis utilizo un rexistro de voz diferente para dar vida a unha especia de "negreiro" que racha o sepulcral silenzo do asteleiro zombie ao través da megafonía . En definitiva, todo un prazer colaborar unha vez máis con Miguel Castro e Torretuerca, perdón, Torregrosa ;) nesta Factoria Zombie que xa podemos disfrutar en You Tube.