Amosando publicacións coa etiqueta Radio-Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio-Teatro. Amosar todas as publicacións

20 de marzo de 2023

Textículos by me (Divertimento). Radio Fene, 29/09/2000

Praia de Doniños
Foto: André pequenomonstro

Se non lembro mal, o comezo da programación de Radio Kaos de Ferrol no curso 2000/2001 quedou suspendida por problemas técnicos no emisor. Daquela, propuxen a Ana Lucecú dar continuidade a Textícuos By Me en Radio Fene, emisora coa que viña colaborando desde mediados dos 80. Así, presentamos a proposta co mesmo formato, que foi aprobada previa petición de cambio de nome. Como "Textículos" non era outra que a versión "texto" de Divertimento para pequenos monstros, a mudamos por este, e santas pascuas.

Neste episodio tentamos transmitir a nostalxia do final dun verán e chegada do outono. Poñede unha chaqueta que vai nordés...

- Sintonia: Bernardo Bonezzi/St. Louis - Banderas.
- Diálogo presentación, Ana/André (voz socorrista 3: Pablo Paulo).
- The Salsoul Orchestra - Tangerine.
- Diálogo fin de verán, Ana/André.
- David Sylvian - September.
- Textos: "Estou sentada na vía do tren da túa estación" / "Estou chegando a estación do teu tren".
- The Stranglers - Ghost train.
- Parálisis Permanente - Vamos a jugar
- Texto: "As teclas do meu ordenador".
- Krafwerk - Pocket calculator.
- Homenaxe a Carmen Santonja (Vainica Doble).
- Vainica Doble - Cero a la izquierda.
- Texto: "Gostariate que latexara?".
- Música: Massive Attack - Karmacoma.
- Diálogo, Ana/André.
- Traje de Saliva - Mar Chiquita.
- Indicativo/sintonía final (mús. Isabelle Antena - Lady Jusqu ´au bout).

Data emisión: venres 29/09/2000
Emisora: Radio Fene, 107.7 FM.
Guión, textos: André pequenomonstro.
Locución e indicativos: Ana Lucecú.
Convidado (voz socorrista 3): Pablo Paulo.

17 de febreiro de 2013

Factoria Zombie: radio-teatro made in Ferrol.

Factoría Zombie -escena 5 (Fernando Ocampo)
Factoría Zombie. Este é o título da última entrega de radio-teatro dirixida polo compañeiro de Rádio Filispim, Miguel Castro (produzóns en Tránsito), con guión del mesmo e de José Torregrosa. Nela se narra, a modo de viñetas radiofónicas, as aventuras de Cornelius K, quen representa a pasividade nunha situación de crise e a quen se lle podería atribuir a frase "se hai que ir se va". A outra cara da moeda a representa a súa compañeira na ficción, María, que vén a ser a súa conciencia e a dignidade.

Unha morea de zombies ben domesticados pola organización do Sindicato Único (S.U.) vén sendo aquela masa de individuos tristemente real que se acomoda nas "conquistas sindicais" que negocian unha "boa liquidación", non só monetaria, senón tamén humana...

A subliñar a interpretación de quen da vida aos dous protagonistas de Factoría Zombie: o propio Miguel Castro, na ficción Cornelius K e a actriz Helga Méndez (Bartoleta Teatro) que da vida a María, a incorruptíbel compañeira de Cornelius. José Torregrosa, o outro factotum deste radio-ficción, realiza unha estupenda interpretación da súa personaxe, Torretuerca, unha sorte de sabio Yoda (Star Wars) ou, mesmo, o Mestre Po do Pequeno Saltamontes (Karate Kid). I é que se nota a co-autoría no guión de José Torregrosa ao longo da hora que dura a radio-ficción, con múltiples referencias e chiscadelos ao mundo do celuloide (o propio protagonista, Cornelius K, rexenta uns imaxinarios Cines Zoom). Por outra banda, confeso que un rico arrecendo a Electroduendes (La Bola de Cristal) me chegou durante a audición da radio-ficción, o que nunca, nunca, esta nada mal.

A diferenza da anterior entrega de Castro e Torregrosa, "La Guerra de los Mundos, 2012" (adaptación Ferrolterráquea) estreada hai agora un ano, nesta ocasión o respetábel que encheu as cadeiras do salón de actos do Ateneo Ferrolán, disfrutou ao tempo da audición da obra, dunha sorte de viñetas debuxadas por Fernando Ocampo que, sen dúbida, axudan a introducirse aínda máis nese ambiente de banda deseñada que suscita o conxunto da obra sonora (efectos, diálogos, músicas) da Factoría Zombie. Aquela experiencia previa de Castro é determinante para conseguir que o resultado sexa dixerido sen apreciar o paso dos tempo, polo ritmo que resulta dunha moi lograda montaxe final (todos sabemos que unha cousa é ter a idea e outra lograr ensamblar todas as pezas de maneira tan óptima) axudado, esta vez si,  por un guión orixinal que non ten prezo, afondando no local sen complexos pero sempre cunha mensaxe final positiva. De todo elo só poido dicer bravo e poñer un só pero (que tampouco o é): a falta dunha versión en lingua galega que faría a ficción sonora aínda máis grande.

Por se non for pouco, para esta ocasión, Miguel Castro contou coa colaboración do músico David García (La Sentina) na confección dunha peza coma banda sonora orixinal da radio-ficción. Un estupendo tema principal, interpretado á voz por Laura Montero, que xunto a varias cortinas musicais lle dan un acento aínda máis "anime" ao conxunto.

Para findar,  subliñar o traballo de coordinación que fixo Miguel Castro canto a morea de persoas que dan voz e vida as personaxes do guión de Factoría Zombie. Moitas das voces que se poden escoitar son de integrantes da Rádio Filispim, a radio libre de Ferrol, canteira da que Miguel volve tirar para o reparto,  e fai ben: Fer Ocampo, Victor Novás e Lorena Calaza (O Recuncho), Iago Montes (Baixo Lupa), Susana Alaniz (Sin Fronteras), Pablo Melaski (Cuarto Mundo), Fran Pérez (Sonido Emergente, Deporte Base), André "Pequeno Monstro" (Divertimento, 80 Vinilos, Off Mental) e os propios autores Miguel Castro (En Tránsito) e José Torregrosa (O Recuncho). Xa fora da canteira "filispiniana" aparecen na obra: Millandy Hernández, Karlotti Valle (breve pero estupendo papel de sofrido pai de Cornelius), Esperanza Vidal, David García, Raúl "del Metal" a atriz Vicki Taibo (que dicir) e a xa referida e lograda interpretación de Helga Méndez (Bartoleta Teatro).

A miña contribución nesta obra de radio-teatro volve a ser a da voz do narrador que anticipa algunha das trece esceas do guión. Ademáis utilizo un rexistro de voz diferente para dar vida a unha especia de "negreiro" que racha o sepulcral silenzo do asteleiro zombie ao través da megafonía . En definitiva, todo un prazer colaborar unha vez máis con Miguel Castro e Torretuerca, perdón, Torregrosa ;) nesta Factoria Zombie que xa podemos disfrutar en You Tube.

O Pequeno Monstro (17/02/2013)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...