18 de xaneiro de 2014

DIVERTIMENTO - Colectivo Ceivar, Asociación Que Voltem para a Casa & nova Asemblea de Radios Libres no Estado español - 18/01/2014


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 17 de xaneiro de 2014, dúas horas de monstrosos contiudos...
  • No estudo dous integrantes do organismo popular anti-represivo CEIVAR, que nos falan da situación de acoso a que se ven sometidos @s independentistas no noso país e do espallamento anti-constuticional das persoas presas políticas galegas ao longo do Estado.
  • Ademáis falamos da Asociación Que Voltem para a Casa, formada por familiares, amigos e amigas dos pres@s políticos galegos, verbo da VIII Marcha ás Cadeias que baixo o lema "Até que nom voltem eles iremos nós",  partiu o sábado 18 de xaneiro de diversos pontos do país até as cárceres espalladas por todo o Estado.
  • Por último, falamos con J.M. Marshall, un dos integrantes de Rádio Topo, lexendaria radio libre de Zaragoza que forma parte, xunto a unha dúcia de emisoras, dunha nova Asemblea de Radios Libres no Estado español que na súa constitución, o pasado mes de novembro en Zaragoza, retomaron os principios do Manifesto de Villaverde, asumido polas radios libres en 1983: "carácter non profesional, autoxestión, servizo á comunidade, contra o monopolio e centralización da información, difundir a realidade, enfrontamento radical contra todo tipo de relación social de dominación e aposta por unha forma de vida alternativa á actual..." (texto completo no enlace).
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Coruña).

19 de decembro de 2013

DIVERTIMENTO - A Grande Batalla Sónica Filispiniana SI foi Radiada - 20/12/2013

Unha visión do acontecido...

Contidos do DIVERTIMENTO para pequenos monstros, venres 20 de decembro de 2013.
  • Carlos A. Quirós (Producciones Cuerda Floja) e Rubén Coca (director de cine), que falaron de "EL DÍA MÁS CORTO"  http://eldiamascorto.com/ 
  • "A GRANDE BATALLA SÓNICA FILISPINIANA" foi radiada... 
         * No estudio, os responsábeis dos programas musicais que se producen na FilispiM:
           - Fran Pérez (Sonido Emergente).
           - Pepe Cunha (Ábretedeorellas).
           - Miguel Castro (En Tránsito, música).
           - Vicente Irisarri (Música, Surf...).
           - Pequeno Monstro (Off Mental & 80 Vinilos/h).

         * Ao teléfono, os responsábeis dos programas musicais de produzón allea na FilispiM:
           - Dende Madrid: Mundofonías (Juan Antonio Vázquez & Araceli Tzigane).
           - Dende Almería: Baja Frecuencia (Josep Maria Soler, "Stahlfabrik").
           - Dende A Coruña: Retroevolución (Eduardo Garcia "Chorbyradio").
       
Directo: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrolterra/Trasancos).
Diferido: Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) & Cuac FM, 104.3 FM (A Corunha).
Conducen e apresentan: Ana Lucecú & o Pequeno Monstro.

13 de decembro de 2013

DIVERTIMENTO - Especial "Ley Seguridad Ciudadana", Xornada de Lactancia de BBTTA & Loita praceir@s de Pontedeume - 13/12/2013


DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de decembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiudos...

  • Especial "LEY DE SEGURIDADE CIUDADANA", a Lei da Mordaza. Todo o que tes que saber da Lei Mordaza, o non vai máis no recortes das liberdades do PP. Coa participación de Meli Criado, Paki López e Pedro Ferrández.
  • Conexión con Carmen, voceira dos PRACEIROS DE PONTEDEUME que hoxe venres 13 de decembro, tras 42 días (coas súas noites), levantan o campamento na rúa, mais seguen ninguneadxs polo Alcaide de Pontedeume, o "popular" Torrente, o brazo tonto do PP eumés. + info: htps://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?ref=ts&fref=ts

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.

24 de novembro de 2013

DIVERTIMENTO - Especial concertos Colectivos CGTH & Chimarrao (Bertón) - 22/11/2013

Os cartaces de ambos eventos unidos para sempre...

DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Emisión do venres 22 de novenbro de 2013; dúas horas de perigosos contiúdos...

  • No estudio WEATHER UNDERGROUND (Oscar Quant, Oscar Kay & Porto Rightnow) que xunto á CURTINAITIS, tocarán o vindeiro venres 29 de novembro na Sala Super Ocho de Ferrol, dentro da festa rockandroleira do Colectivo CGTH (Cretins Go To Heaven), con pinchada final no Pub Carteles.
        + info: https://www.facebook.com/events/647265388657995/
        & https://www.facebook.com/weatherundergroundGZ/info

  • No estudio o COLECTIVO CHIMARRAO do bairro de Bertom, Ferrol. Apresentando os concertos que explosionarán o vindeiro sábado 30 de novembro no Chima: THE BROSAS + ESQUIOS + OS DERRADEIROS. Entrada anticipada 3 €, em bilheteira 5 €. Conversamos con Cipri, Fran, Chute, André, Brais e Paki e tivemos contacto con integrantes das perigosas bandas: The Brosas, Esquíos e Os Derradeiros.
        + info: https://www.facebook.com/events/590390637687173/?fref=ts 
        & https://www.facebook.com/coletivo.chimarrao?directed_target_id=0 

Conduce a apresenta: o Pequeno Monstro.

Transmite: Rádio FilispiM, 93.9 FM  (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & Cuac FM, 103.4 (A Corunha).

17 de novembro de 2013

Divertimento - Esperanza Vázquez Dopico, fotógrafa - Loita praceir@s Pontedeume - Miguel Alonso - 13/11/2013

Miguel Alonso, cantautor

Edición do venres 15 de novembro de 2013 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM), dúas horas carregadas de intencións...

Apresenta e conduce:  André, Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM para Ferrolterra, Cuac FM para A Corunha e Rádio Kalimera para Compostela.


8 de novembro de 2013

Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.


12 de outubro de 2013

DIVERTIMENTO - O caso do Casino Ferrolano - Entrevista a Roger de Flor apresenta novo disco... - 11/10/2013


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

- Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade 
a unha socia, utilizar a sala coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.

- Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).

Conduce: André "Pequeno Monstro".

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).

+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...