12 de outubro de 2013

DIVERTIMENTO - Casino Ferrolano (talibano) - Entrevista a Roger de Flor, apresentando o seu novo cedé xunto a "Os Silvestres".


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

- Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade 
a unha socia, utilizar a sala coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.

- Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).

Conduce: André "Pequeno Monstro".

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).

+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com 


Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...