Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos... - Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade a unha socia, utilizar a sala coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses. - Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).
Conduce: André "Pequeno Monstro". Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).
Divertimento para pequenos monstros, emisión do venres 04/10/2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos... Especial Asociación BBTTA. - Isaura González, matrona, falou dos inicios de BBTTA no 2005. - María Barrio, falou do que a levou a BBTTA cando ainda estaba embarazada. - Semana Mundial do Aleitamento Materno, actividades organizadas por BBTTA en Narón. - BBTTA na procura dun cambio do paradigma na sociedade canto a crianza dos fillos e fillas. ...e ademáis, música en directo, no estudio, con Sabela González na guitarra e voz. Nos últimos 30 minutos do programa escoitamos: - Axenda de concertos. - Chamada de urxencia de Stop Desafiuzamento convocando ante un desafiuzamento no veciño concello de Cabanas o luns 7 de outubro de 2013. Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Conduce charla de lactancia: Ana Fernández, integrante de BBTTA.
Audio chamado de urxencia ante posíbel desafiuzamento este luns en Cabanas: