21 de setembro de 2013

DIVERTIMENTO - Entrevista ao músico "brasilego" Sergio Tannus - Pepe Cunha apresenta a versión radio de Ábretedeorellas na FilispiM - Axenda de concertos


O venres 20 de setembro de 2013, regresou DIVERTIMENTO para pequenos monstros á sintonía de RÁDIO FILISPIM, 93.9 FM, entre as 18:00 e 20:0 h.

Falamos con Sergio Tannus, músico brasileiro afincado na Galiza que vén de publicar un traballo acompañado por músicos coma Uxia, Narf, Antonio Zanbujo, Ceumar, Aline Frazao ou Xabier Díaz. Comandando a entrevista estivo Javier Enrique Malespina Moreno, un tipo realmente perigoso...

Despois conversamos con Pepe Cunha de Rottenville, quen nos falou da súa inminente reincorporación á Rádio Filispim-Colectivo Opaii!, coa versión radiofónica de Ábretedeorellas.

Para finalizar, Ana Santiago "Lucecú" nos trouxo as recomendacións canto a axenda de concertos e festivais desta fin de semana...

Non cho perdas, palabra de Pequeno Monstro e Ana Lucecú.

Radio Filispim 93.9FM (Ferrolterra) e para todo o mundo vía streaming no blog: http://opaii.blogspot.com.es/


Cunha promo Divertimento 2013/2014:


Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...