24 de maio de 2012

DIVERTIMENTO - Especial 10 anos do desastre político-ecolóxico do PRESTIGE.

A imaxe da infamia

As 8:00 h. da manhá do 19 de novembro de 2002, hai 10 anos. tras tentar alonxalo da costa, o petroleiro PRESTIGE partiu en dous. O que veu logo, non debemos esquecelo NUNCA MÁIS.

"A catástrofe ocasionada polo PRESTIGE é o resultado da cobiza sen límites de empresas que transportan mercadorías perigosas en barcos obsoletos e inseguros e da irresponsabilidade e incompetencia de autoridades que non se preocuparon por garantir adecuadamente o control do tráfico marítimo fronte ás nosas costas e non prepararon un plano de emerxencia para facer fronte a unha MAREA NEGRA."  ( Federación Ecoloxista Galega ).

Canto as neglixencia das autoridades, algún dos seus "responsábeis" seguen a forman parte, 10 anos despois, do actual Goberno Español ou obstentan postos de responsabilidade: Fernández de Mesa [Director da Garda Civil] e Mariano Rajoy ["hilillos de plastelina"], que chegou a Presidente.

Hoxe en DIVERTIMENTO para pequenos monstros, recuperamos algúns dos audios que emitiamos hai 10 anos en Radio Fene, emisora local que daquela transmitía o noso espazo.


Contidos:

  • Boletín Contramaré.
  • Perfil de Fernandez de Mesa, según o boletín "Voz Libertaria", do desaparecido Ateneo libertario Francisco Iturralde de Ferrol.
  • Audio do acto contra a Burla Negra. Ateneo Ferrolán, venres 31 de xaneiro de 2003 [Pepe Leira, Rosa Méndez...]
  • Reportaxe sonora "Recortes dunha traxedia". Selección musical, edición e montaxe sonora: Pequeno Monstro.

Escoita ao vivo os xoves de 6:00 a 08:00 do serán en  Ferrolterra, na Rádio FilisiM, 93.9 FM.

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.



Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...