18 de março de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial DEAD CAN DANCE - [primavera 1994]


Dous novos especiais de Diálogos 3 [Radio 3, RNE], rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro. Nesta ocasión adicados a banda DEAD CAN DANCE, cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Australia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959].


En 1984 fichan pola discográfica de Londres, 4AD, no que graban un primeiro album homónimo e no que colaboran outras banda do mítico selo underground, coma This Mortal Coil.

En 1985, publicarían o seu segundo album, Speen and Ideal, que os catapulta coma banda de "culto" e sitúa nos primeiros postos das listas do Reino Unido. En 1986 chegaría o seu terceiro traballo, Within the Realm of a Dying Sun.

Xa en 1988 o seu cuarto, The Serpent´s Egg. Ademáis, ese mesmo ano escriben temas para o filme El Niño de la Luna [Agustín Villaronga], donde a propia Lisa Gerrad debuta coma atriz. En 1990 publican Aion, o quinto traballo, que os leva de xira a América. O ano 1992 publican o famoso recompilatorio A Passage in Time.

Xa no ano 1993 participan na banda sonora do impactante filme documental Baraka [Ron Fricke] e editan Into the Labyrinth, traballo co que conquerirían o maior éxito. Unha macroxira americana e europea fica rexistrada no album e filme Toward the Within.

O último traballo como DEAD CAN DANCE foi publicado en 1996 baixo o título de Spiritchaser. Tanto Lisa coma Brendan publicaron sendos traballos en solitario, The Mirror Pool [1995] e The Eye of the Hunter [2000], respeitivamente.

No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os seus primeiros traballos. No segundo, realiza unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés, polo que todos sabedes.

Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)

Programa 1:  os seus primeiros traballos.


Programa 2:  a transcripción dunha entrevista ao dúo.




Imaxe: Lisa Gerrad e Brendan Perry [Dead Can Dance].

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...