1 de julho de 2011

Divertimento - Ataque da Xunta ao ensino publico [CEIP San Xoan de Filgueira] + Do Wah Diddy! Pop Festival [Ferrol]

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM] - 30/06/2011

Contidos:
- Inminencias e incidéncias sónicas ferrolterráqueas. Ouvimos pezas do novo álbum de ROGER DE FLOR [El mundo está loco, loco, loco], un adianto do vindeiro disco de OSCAR QUANT e dúas pezas radiantes-maketas dos ferrolás iluminados CARRERO BIANCO.

- Ataque da Xunta de GZ ao ensino público [CEIP San Xoan de Filgueira]. Contacto telefónico por mór do feche que está comunidade educativa iniciou este xoves. Un recoñecido e premiado centro público da comarca posto contra as cordas pola Administración galega -> http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/node/272

- Entrevista a CARLOS ESPEJO, un dos organizadores de DO WAH DIDDY! POP FESTIVAL, que se celebrará o venres 1 de xullo no pub Carteles de Ferrol. Escoitamos músicas das bandas que conforman o cartaz da festa presentación deste festival: The Right Nows [Cedeira], The Seasongs [Madrid] e Bang 74 [Ferrol].

Descargar o audio

Monstro, agréganos no Facebook.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...