17 de junho de 2011

Divertimento - Entrevistas a: Martinha [Acampada Ferrol], Roger de Flor, Misquious [Manel e Melo] e Polyester [Carlos Mosquera]

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:

- Conversa con Martinha, da ASEMBLEA ACAMPADA FERROL, con quen falamos distendidamente sobre os últimos capítulos desta rama do movimento 15M na nosa cidade e da concentración-carerolada prevista para o domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antigua praza de Armas].

- Entrevista con ROGER DE FLOR. O cantaoutor fenés apresentanos o seu novo disco “El mundo está loco, loco, loco” e convidanos a asistir á presentación do mesmo o vindeiro mércores 22 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

- Entrevistas a Manel e Melo de MISQUIOUS, banda ferrolá que anda a perpretar o que será o seu vindeiro disco grande e ao transformista POLYESTER [Carlos Mosquera]. Ambas formacións actuarán o vindero sábado 18 de xuño na festa fin do ciclo “Novas Noites”, no C.C. Torrente Ballester de Ferrol, acompañad@s doutr@s bandas e artistas da nosa comarca. A entrada é de balde, previo convite a retirar no Teatro Jofre.

Descargar o audio

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...