4 de março de 2011

Divertimento - Entrevista a POLYESTER [Carlos Mosquera] - 03/03/2011

Nova e glamourosa edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Nesta ocasión nunha entrevista especial a POLYESTER, nome artistico detrás do que se atopa Carlos Mosquera.

Na súa nova andaina en solitario, POLYESTER, nos conta parte da súa intensa biografía e, como non, do seu sintético e transgresor alter-ego.

Ademáis, aproveitamos para escoitar música que el mesmo seleccionou, grandes artistas que o acompañan na súa vida e na súa obra: Amanda Lear, Divine, Bonye M, Los Panchos e mesmo Almodóvar e Mc. Namara.

Lembrade que este sábado 5 de marzo de 2011 POLYESTER aterrará a súa nave espacial no Manchita Cosa [Rúa Madalena, Ferrol] apresentando o seu novo Show: "La Resurreción", pois nada a resucitar todas.

Descargar o audio

Monstro, agréganos no Facebook.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...