4 de novembro de 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Traje de Saliva.

Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.

Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.

Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:

- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?

Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.

Descargar o arquivo

2 comentários:

  1. que foi desta xente. por certo teño o cd de mima que me tocou no teu programa, gracias por todo
    apertas

    ResponderEliminar
  2. Pois non che sei que é deles!!! Mais internet pode darnos algunha pista :)

    Ah!!, pero ti es o ouvinte penitente que nos sintoniza e segue a pista dende hai moitos anos? Xa lembro!!! ;-)) Sabes que estamos agora con diversos programas na Rádio FilispiM???

    Saúdos

    P.M.

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...